A comedia A CONSULTA representada polos rapaces do Centro Ocupacional Vilalba-Terra Chá

A comedia A CONSULTA representada polos rapaces do Centro Ocupacional Vilalba-Terra Chá

Os rapaces do Centro Ocupacional Vilalba Terra-Chá, presentan a comedia “A Consulta”, na que veremos un doutor moi peculiar, que trata de dar resposta aos problemas dos seus peculiares pacientes.

Terá lugar o vindeiro venres 29 de xuño ás 19.00h no auditorio Carmen Estévez, coa entrada de balde.

 

*Información facilitada pola Área de Cultura do Concello de Vilalba.

Representación da obra DIVINAS PALABRAS de Valle-Inclán no Auditorio Municipal de Vilalba

Representación da obra DIVINAS PALABRAS de Valle-Inclán no Auditorio Municipal de Vilalba

O mércores 27 de xuño ás 21:00h, a Escola Municipal de Teatro de Vilalba estrea “Divinas Palabras”, de Valle-Inclán, considerada traxicomedia de aldea, publicada en 1919. Unha das pezas principais do chamado ESPERPENTO que amosa unha España sordida en situacións de crueldade, en tono traxicómico, a través dos personaxes.

A morte, avaricia e a luxuria, son as bases desta peza crítica e ácida de Valle o redor da capela de San Clemente.

Tratase da obra máis universal do autor galego, Sen dúbida a máis representada fora de España.

O mércores 27 de xuño ás 21:00h, no auditorio Carmen Estévez coa entrada de balde.

 

*Información achegada pola Área de Cultura do Concello de Vilalba.

Programación do Convívio da Cultura Galega do 14 de xullo na Carballeira de Santa Isabel en Outeiro de Rei

Programación do Convívio da Cultura Galega do 14 de xullo na Carballeira de Santa Isabel en Outeiro de Rei

Achegámosvos a programación do CONVIVIO DA CULTURA GALEGA que celebraremos este vindeiro 14 de xullo na Carballeira de Santa Isabel, en Outeiro de Rei.

11.30 Acollida na horta da Casa-Museo Manuel María. Actuación do grupo de música tradicional UNTIA e do coro da Asociación Cultural e Musical SOLFA

12.30 Ofrenda floral a Manuel María no cemiterio de Outeiro de Rei

13.00 Concerto da BANDA Municipal de Música “SONS E SOÑOS” de Rábade-Begonte-Outeiro, dirixida por Armando Morales Blanco, na Carballeira de Santa Isabel

14.00 Xantar na carballeira (cada quen trae a súa comida)

16.30 Títeres. O grupo de teatro Pereira de Lobos representa “Berenguela. Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo”

17.00 FOLIADA, para cantar e bailar, con distintos grupos de música tradicional (Untia, Treboada, Birloque Gaiteiros, Coitelo de pau, Parabéns, Reviravolta, Cantareir@s.comTigo…). Anima Xurxo Souto.

O mundo fala galego: “Poema de amor em outono”, de Toño Núñez

O mundo fala galego: “Poema de amor em outono”, de Toño Núñez

Poema de amor em outono

 

Bate o vento do outono

na fiestra dos meus dias.

As feridas da ilusão

vão fechando.

Mareleam as folhas dos castiros

no Souto Escuro.

Como os meus cabelos.

Se miro para atrás

já me perdo na distância

do caminho andado.

Pero abisco, ao longe,

a infância.

Mas, ainda vou

como um neno desprezado

polos nenos

enchendo os recunchos

baleiros que deixades.

Ainda miro cara abaixo.

Devecem as horas dos dias

como devece o meu capital

de vida…

Xá vou canso de dizer sim

quando penso não.

Pero sigo sendo covarde.

A pesar de que já sei

que valho tanto

como essa folha esmorecida,

como essa minúscula formiga.

O mesmo ca vós.

E já presinto a noite.

Pero não tenho medo.

 

Não,

não estou só.

À minha beira revoam

duas pombas brancas

Que enchem o ar

de esperança.

E sempre estás tu.

E as árvores que prantei.

A tua voz quente

escorrenta o frio

dos meus pesadelos.

As tuas mãos resgatam-me

da cova dos agoiros

quando me perco.

Pero voltarei dizer que sim

ainda que pense o contrário.

Como um náufrago

que luta sem forças

no mar da incompreensão.

E sucumbe.

E seguirei fazendo versos

para vingar-me.

Vingar-me?

De quem?

Eu que sei…

Ai, a poesia…

Onde vai a poesia

do home?

Quem mudou a poesia?

Perco-me no labirinto

das palavras opacas

que pesam como lousas,

Pero sigo aqui,

teimudo,

amoreando lenha

para o inverno.

A primavera foi dura

e fria.

Avondosa em desejos.

Avondosa em carências.

Avondosa em complexos.

Pero descobri o amor.

E também o sexo:

esa força que sai

dos adentros

irreprimível, misteriosa…

e vai deixando trás de si

um ronsel de vida.

E morte.

O sexo pode-o todo.

Pero ja não é o que era…

E chegou o vrão.

E trouxe-te à minha beira.

E vi a luz

nos teus olhos

que vieram para alumar

o meu caminho de névoas.

Como fachos trermeluzentes

no cárcere escuro

das minhas soidades.

E o frio baleiro

do desamor

derreteu-se nos teus beiços.

E o sexo deixou de ser

desejo.

E sementamos juntos

a vida…

E já temos colheita.

 

Bate na fiestra

dos meus dias

o vento do outono

para lembrar-me que existo.

Seguem matando os homens.

Uns em nome do poder

que conquistaram.

Outros por acadá-lo.

Outros…

Non sei por quê.

Mas eu, engaiolado,

resisto

a carão do teu lume.

Pero… ai,

não o esqueço.

Um dia chegará

a noite.

Quiçá no inverno…

Aguardarei por ela

ao teu abeiro.

 

Toño Núñez (Poemas de amor en Outono. Fachinelo, 2014)

En lembranza de Ramón Chao, sempre connosco

Acto “En lembranza de Ramón Chao, sempre connosco”, que terá lugar o vindeiro sábado, día 30 de xuño de 2018, ás 12:30 horas, con comezo no Muiño do Rañego e chegada ao Piano Prisciliano.

Con posterioridade a este acto, familiares e amigos poderán acudir ao restaurante Terra Chá de Vilalba (sobre ás 15:00 horas) onde terá lugar un xantar en lembranza de Ramón Chao.

As persoas interesadas neste xantar poden anotarse chamando ao teléfono 982-511702, antes do 28 de Xuño (prezo:20€).

 

*Información facilitada polo IESCHA.