A Lareira de soños presenta unha queixa no Valedor do Pobo pola situación dos frescos dos Vilares, por Antón de Guizán

A Lareira de soños presenta unha queixa no Valedor do Pobo pola situación dos frescos dos Vilares, por Antón de Guizán

A Asociación Socio-Cultural Lareira de soños dos Vilares presentou hoxe unha queixa na oficina do Valedor do Pobo de Galicia ante o desamparo das administracións local, provincial e autonómica para a restauración dos frescos renacentistas dos Vilares (S.XVI) aprobada pola Comisión Cuarta do Parlamento Galego en xaneiro deste ano, cuxo acordo foi incumprido tanto no referido á posta en acordo das administracións coa igrexa e tamén na dotación económica para acometer estas pinturas murais de grande valor patrimonial en sério risco de desaparición.

Xunto coa queixa, adxuntamos documentación informativa como o proxecto orixinal da restauración e o estudo do profesor Monterroso Montero realizado con motivo da aparición dos frescos en 1992, sendo párroco dos Vilares o actual deán da Catedral de Compostela, Segundo López.

Despois de vários anos de reunións, documentos, visitas e iniciativas parlamentares sen froito, a Lareira de soños prepara unha campaña para despois do verán que inclúe accións informativas, crowdfunding, xornadas e documental entre outras propostas tendentes a salvar esta xoia, obra atribuída ao afamado Mestre de Parga que cada ano padece unha degradación que precisa dunha actuación urxente.

Asimesmo, solicitamos unha entrevista persoal na oficina do Valedor para informar de primeira man sobre a situación desta importante obra de arte relixioso nunha igrexa con orixes no século XII, e con unha histórica Romería dos Desamparados con milleiros de asistentes.

Ademáis das pinturas, a Igrexa de San Vicenzo dos Vilares conta con tres importantes retábulos neoclásicos e un barroco, un sartego, un cruceiro,  dúas pías bautismais e un espectacular calvário.

 

Os Vilares, lareira de soños
dosvilares@gmail.com
+34 662 183 149
www.facebook.com/osvilares

Cursos UNED SÉNIOR

Cursos UNED SÉNIOR

NPG E Culturalia GZ COA UNED SÉNIOR
Novos cursos literarios e artísticos na UNED Sénior.

O grupo poético NPG Nova Poesía Guitirica e a plataforma CulturaliaGZ colaboran coa UNED Sénior de Aranga, Monfero e Terra Chá na realización de novos cursos de poesía, literatura e arte.
O poeta chairego Martiño Maseda e a poeta/artista Adolfina Mesa serán os encargados de coordinar as clases e obradoiros destas novas materias, que contarán co apoio da NPG e Culturalia, e os seus compoñentes.

Así, as preinscricións e información poderánse até o 15 de setembro nos seguintes correos:

info@culturaliagz.com
dosvilares@gmail.com
coordinadorunedsenior@gmail.com

Tamén a través das redes sociais da NPG Nova Poesía Guitirica, CulturaliaGZ e Os Vilares Lareira de soños.

Para preinscricións chega con enviar a calquera desas direccións os datos que se indican a continuación:

Nome e apelidos
Data de Nacemento
DNI
Estudos
Dirección
Tfno fijo e/ou móbil
E-Mail

 

PROPOSTAS DE CURSOS:

  1. OBRADOIRO DE POESÍA: POEMAXE (unha combinación de poesía e imaxe).
  2. OBRADOIRO DE NARRATIVA: O MICRORRELATO (a condensación literaria da 
    palabra).
  3. CURSO DE PINTURA E ARTES DECORATIVAS (a emoción reflectida a través 
    da cor).

    Obxectivos:
    Que o alumnado se achegue ás disciplinas pictórica e literaria (pintura, poesía, narrativa) dun xeito ameno coa intención de provocar un exercicio comunicativo das emocións ao tempo que se adquiren unha serie de coñecementos
    relacionados coas disciplinas mencionadas.

    Finalidade:
    Creación dunha antoloxía literaria (poesía ou narrativa) ou pictórica cos traballos realizados polo alumnado ao longo dos obradoiros, para que sexan apreciados por parte do público.

 

 

Aberto o prazo de matrícula da UNED Sénior, para maiores de 50 anos
15.06.2018 | | A Coruña

A UNED Sénior da Coruña xa abriu o prazo de matrícula para o curso 2018/2019 e poden inscribirse todos os maiores de 50 anos que queiran unha formación universitaria. A inscrición seguirá aberta ata que se completen as prazas e comecen as clases en outubro. O ano pasado un total de 365 alumnos acudiron á UNED Sénior e agárdase que o número sexa similar ou maior. Tamén se impartirán os seguintes aulas: Prevención de Riscos na Vida Cotiá, Actividade Física e Incidencia na Saúde, Patrimonio Histórico, Informática, Música, Canto e Gimnasia. Cada unha terá unha duración de 30 horas lectivas.

Crónica videográfica da entrega de premios no II Certame de Debuxo e Poesía AVELINO DÍAZ

Crónica videográfica da entrega de premios no II Certame de Debuxo e Poesía AVELINO DÍAZ

O pasado 21 de xuño celebrouse no Centro Sociocultural “Avelino Díaz das Rodrigas” de Riotorno a entrega de galardóns ás persoas premiadas no II Certame de Debuxo e Poesía AVELINO DÍAZ, convocan de maneira conxunta os concellos de Riotorto e Meira, en colaboración coa Asociación Cultural Avelino Díaz. Ademais da entrega dos galardóns foi un xeito de reivindicar a figura deste poeta nacido en Santa Comba da Órrea – Riotorto, pero que pasou boa parte da súa nenez en Meira. O “Poeta de Meira” emigrou sendo adolescente a Buenos Aires, onde desenvolveu un intensa actividade xornalística e literaria. Nunca regresou á Terra, e precisamente por iso a súa obra é, se cadra, máis coñecida en América que en Galicia. A pesar diso, trátase dunha obra de calidade que sen dúbida merece unha investigación demorada, sobre todo se temos en conta que, á marxe dos seus catro volumes publicados, uns 850 poemas están pendentes de localización. Precisamente por iso, para que a súa obra poida ser localizada e investigada, a Asociación Cultural “Avelino Díaz”, formada por un importante número de colectivos de toda índole dos concellos de Riotorto e Meira, ademais de por persoas particulares, pretendía conseguir para el o Día das Letras de 2017, cando cumpriría 120 anos. Dado que iso non foi posible, a candidatura de Avelino será presentada de novo para un Día das Letras.(*)

No seguinte enlace podemos atopar unha crónica videográfica do devandito acto.

 

 

*Información extraída da páxina web que trata sobre o autor.

#SalvemosOsFrescosDosVilares

#SalvemosOsFrescosDosVilares

Frescos únicos na Igrexa dos Vilares

Estamos diante dun serio perigo de desaparición definitiva dos frescos dos Vilares pola falta de sensibilidade das administracións a pesares de levar catro anos petando en tódalas portas e advertindo da degradación das pinturas murais, unha xoia da iconografia relixiosa da Terra Chá.

Mesmo coa aprobación na Comisión de Cultura do Parlamento Galego, non se teñen habilitado fondos nin posto de acordo as diferentes administracións para evitar o posíbel desastre patrimonial que tem sobrevivido cinco séculos e vai camiño de ser destruído en só 25 anos.

Estes elementos pictóricos fóronse conservando pola costume profiláctica desde o século XVI de calear as paredes para evitar a proliferación de pestes e enfermidades.

Datan, segundo un estudo de Juan M. Monterroso Montero, do Século XVI, probablemente de 1530 a 1540 na que coinciden tamén cos da igrexa de San Estevo de Parga e probablemente o autor, polas coincidencias iconográficas das pinturas, da autoría do Mestre de Parga, moi coñecido na época.

Os frescos sitúanse á dereita e á esquerda. Así na parede da esquerda á entrada representan tres escenas; a lamentación de Cristo Morto, a imposición da casulla a San Ildefonso e Santiago Matamouros. Os da parede á dereita da entrada representan ornamentos xeométricos e fragmento de escenas de paisaxe.

Deixamosvos aquí este estudo do profesor Monterroso para sensibilizar sobre este tesouro vilarego que devemos defender como respeito da nosa própria história e a dos nossos antepassados.

Nos próximos meses iniciaremos unha campaña para acadar a recuperación definitiva destas pinturas, unha xoia renacentista única e que foi testemuña do nacemento e despedida de milleiros de vilaregos e tamén visionada por milleiros de visitantes á Romaría dos Desamparados na busca de cura aos seus males.

Aguardemos que a Virxe e San Vicenzo axuden a preservar as paredes do seu templo e que vilaregos e vilaregas así como todos aqueles Chairegos  sensíveis co nóso património os apoien nesa labor.

Velaquí o enlace ao estudo antes citado.

 

Os Vilares Lareira de soños

A Orquestra Xove da OSG no Auditorio Municipal de Vilalba

A Orquestra Xove da OSG no Auditorio Municipal de Vilalba

A Orquestra Xove Sinfónica de Galicia visitará o auditorio Carmen Estévez o xoves 12 de xullo ás 20:30h, concerto que contará con Rubén Gimeno como director.

Programa do concerto:

Primeira parte

Condenación de Fausto. Marcha Húngara de Berlioz

Suite del Cascanueces de Chaikovsky

-Marcha

-Danza china

-Danza Rusa trepak

-Danza árabe

-Danza de los Mirlitones

-Vals de las flores

Bolero de Ravel

Segunda Parte

Obertura Poeta y Aldeano de Suppé

Intermezzo de Manon Lescaut de Puccini

Obertura La italiana en Argel de Rossini

Obertura 1812 de Chaikovsky

 

Lugar: Auditorio Municipal Carmen Estévez

Data: xoves , 12 de xullo de 2018

Hora: 20.30 horas

Entrada: 5€

As entradas xa a venda en Ataquilla.com ou na casa da Cultura.

 

*Información achegada dende a Área de Cultura do Concello de Vilalba.