por martinho | Sep 7, 2018 | Autores/as, Novas, Xeral
O próximo sábado 15 de setembro máis de 40 locais de Vilalba terán o acompañanento de varios grupos tradicionais con “Cantos de taberna”. E será a partir das nove da noite.
*Información facilitada pola área de Cultura do Concello de Vilalba.
por martinho | Sep 7, 2018 | Autores/as, Novas, Xeral
O venres 14 de decembro “Los Secretos” descóbrennos as súas raíces en formato acústico no Auditorio Municipal Carmen Estévez de Vilalba ás 21:30 horas.
Tras a súa Xira Aniversario “Unha vida ao teu lado”, o mítico grupo madrileño, neste outono-inverno, volven mostrarnos o mellor da súa música, desta volta nun delicioso e elegante formato acústico.
Unha vez máis demostran que se adaptan a todos os formatos e deixan claro que esta viaxe, lonxe de concluír, aínda ten moito por percorrer.
Por iso, a banda retorna aos escenarios do país con esta interesante proposta para continuar co seu camiño, un camiño en formato acústico que, seguro, deleitará aos seus grandes seguidores e a todos aqueles que nunca visen a este grupo en directo.
Porque fóra de modas e tendencias, “Los Secretos” seguen co seu son único, agora en acústico.
Lugar: Auditorio Carmen Estévez
Data: Venres 14 de decembro 2018
Hora: 21:30h.
Apertura portas: 21:00h
Entrada anticipada: 18€
Entrada taquilla: 22€
Entradas á venda a partir do luns 10 de setembro en www.ataquilla.com e na Casa da Cultura de Vilalba
Evento con butacas númeradas.
*Información facilitada pola área de Cultura do Concello de Vilalba.
por martinho | Sep 4, 2018 | Autores/as, Literaria, Novas, Xeral
Adxuntamos cartaz, invitación e nota informativa do acto de presentación do libro FÓRA DO NORMAL, de María Reimóndez, publicación gañadora do I Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade do ano 2017, convocado polo Iescha, o Concello de Villalba e Edicións Xerais de Galicia.
O acto terá lugar o vindeiro venres, 7 de setembro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba e contará coas intervencións de María Reimóndez, Manuel Bragado, Fran Alonso, Eric Dopazo, Agustín Baamonde e Marisa Barreiro.
*Información facilitada polo IESCHA
por martinho | Ago 31, 2018 | Autores/as, Literaria, Novas, Xeral
Este sábado, 1 de setembro, a partir das 19:30 horas celebrarase na Casa da Cultura de Quiroga o XX ENCONTRO DE POETAS NO VAL DE QUIROGA.
Poesía e música para comezar o mes de setembro. No seguinte enlace pódese acceder ao programa do devandito evento poético.
XX ENCONTRO DE POETAS NO VAL DE QUIROGA
Quiroga, 1 de setembro de 2018
(Ás 19:30 h. na Casa da Cultura)
Presenta o acto o poeta:
Emilio Vega
Pregoeiro:
Manuel Blanco Pacios
Colaboración musical:
Javier Rodríguez Sotuela
Dúo Yotón
Organiza e patrocina:
Concello de Quiroga
PARTICIPANTES XX ENCONTRO
DE POETAS NO VAL DE QUIROGA
.Emilio Vega (Ponferrada)
.Branca Villar (Guitiriz)
.Martiño Maseda (Vilalba)
.Emilia Martínez (Vilalba)
.José Carlos Ulloa (Lugo)
.Paco Ledo (Chantada)
.Suso Talento (Monforte de Lemos)
.Martina Campos (Monforte de Lemos)
.Azarías Deleyre (León)
.Adolfina Mesa (Monterroso)
.Ana María Gamallo (Chantada)
.Anxo Boán (Chantada)
.Sonia Arias (Sarria)
.Lyra Sierra López (Ponferrada)
.Pilar Cambón (Monforte de Lemos)
.Primitivo Oliva (Sarria)
.Elba Grande (Carballedo)
.Ramón Porto (Chantada)
.Juan Manuel Campal (León)
.María Jesús “Albalara” (Monforte de Lemos)
.Germán López Quiroga (Monforte de Lemos)
.María Rosa González Méndez (Ourense)
.Mercedes Marcos (Sober)
.Pablo Juan Chelmick (León)
.Toño Núñez (Navia de Suarna)
.Ana Ríos (Taboada)
.José Antonio López Arias (O Courel)
.Jesús Galán López (O Courel)
.Isabel Rodríguez Losada (Escairón)
.Elvira Veloso Rodríguez (Monforte de Lemos)
. Mabel Pérez Fernández
ORGANIZA E PATROCINA:
CONCELLO DE QUIROGA
Síguenos en:
www.concellodequiroga.com
Facebook: Quiroga
Twitter: @concelloquiroga
Wikiloc: Concello Quiroga
TELÉFONO 982 435125
por martinho | Ago 31, 2018 | Autores/as, Novas, Xeral
Poetas, aristas, activistas culturais e sociais, amantes da nosa cultura e patrimonio, reuniranse o 16 de Setembro nunha xuntanza organizada pola Asociación Sociocultural Lareira de soños, a Asociación Cultural e Recreativa de Pino, a NPG Nova Poesía Guitirica e o portal CulturaliaGZ coa colaboración do concello de Cospeito, co nome de I Toma Cultural de Caldaloba, un encontro para a defensa do patrimonio, a história e a cultura nun lugar emblemático, a fortaleza de Caldaloba.

Esta xornada, aberta á participación de quen desexe, comenzará
ás 12:00 no local social de Pino, desde o que se realizará unha marcha a pé até a fortaleza de Caldaloba na que terán lugar unha serie de actividades lúdicas e didácticas arredor da torre, onde se explicará a história do lugar e intervirán diversos artistas e poetas
Ás 15:00, xa de volta ao local social de Pino, haberá un xantar de fraternidade con callos, churrasco mixto, bebidas, postre e café para o que é preciso anotarse nos correos
dosvilares@gmail.com,
info@culturaliagz.comou en calquera das redes sociais das entidades organizadoras ao prezo de 16€ que se abonarán no lugar. Alí realizaráse un intercambio de ideas para novas accións culturais a desenvolver.
Ao longo de toda a xornada gravara se imaxes e entrevistas para un documental.
Coa convocatoria do prémio de poesía de Caldaloba pola asociación de Pino e o Concello de Cospeito iníciase tamén unha nova xeira de accións culturais e literarias co emblemático monumento como referencia que terá outro novo pulo o
16 de Setembro.
A organización pretende facer deste evento unha cita anual de cultura de base desde a que xurdan iniciativas literarias e artísticas comunais. A Lareira de soños, NPG e CulturaliaGZ consolidan con este evento a liña de colaboracións iniciadas con entidades como Xermolos ou a Liga Santaballesa en diversas propostas culturais e literarias e que coa asociación de Pino amplían á defensa do patrimonio histórico e natural situando a Caldaloba no epicentro da cultura chairega.
Convidamos pois a participar a aquelas persoas que o desexen, aproveitando esta data para coñecer máis a nosa historia e patrimonio e ser participes de novas iniciativas culturais ademáis de pasar un día de disfrute do lugar e da amizade.
por martinho | Ago 27, 2018 | Autores/as, Novas, Xeral
A Asociación Sociocultural Lareira de soños dos Vilares (Guitiriz) lanzará a comenzos do próximo ano unha campaña de crowdfunding para salvar os frescos renacentistas da igrexa parroquial, que despois de ter reclamado ás diferentes administracións, a súa restauración e ser aprobada está na Comisión de Cultura do Parlamento Galego, atópase aínda sen dotación económica para a execución dunha traballos que xa contan con estudos técnicos.
Catro anos de reunións, visitas de técnicos e políticos, iniciativas parlamentares e mesmo a reclamación á oficina do Valedor do Pobo, non serviron para que se tomará a decisión política de dotar de orzamento unha actuación que salve unhas pinturas murais de máis de 500 anos que se atribúen ao Mestre de Parga e que os especialistas consideran de grande calidade e valor histórico.
A degradación sofrida polas pinturas desde o seu descubrimento en 1992 e o risco de desaparición definitiva, obríganos a ter que asumir desde a Lareira de soños a responsabilidade de salvar as pinturas pola falta de sensibilidade institucional e acadar, polo menos os cartos necesarios para consolidar o estado actual das pinturas e evitar que se sigan degradando até a desaparición definitiva.
A campaña de mecenado social comenzará no mesmo de febreiro de 2019 co nome de FRESCOS DOS VILARES, CINCO SÉCULOS DE NÓS. Contaremos con un deseño de imaxe da artista Viki Rivadulla, un spot para as redes sociais, pancartas para a as festas da Pascua, a implicación de persoeiros da cultura e da sociedade, xornadas profesionais, sorteos, campañas informativas e de sensibilización e visitas guiadas á igrexa e a contorna da mesma.
Asimesmo, editarase un folleto informativo sobre o patrimonio relixioso dos Vilares para veciños e visitantes arredor da historia dunha igrexa que ten as súas orixes no século XII e que ademáis dos frescos, conta con tres importantes retablos, un sartego, un calvario (leva sete meses rompido e sen reparar) unha caliveras singulares na entrada do vello camposanto e unhas fantásticas pías nun conxunto único no lugar da emblemática Romaría dos Desamparados que se celebra pola Pascua.
Ademáis do anteproxecto presentado pola Lareira de soños ás diferentes institucións, Patrimonio da Xunta de Galicia ten encargado o proxecto de execución, polo que resulta incomprensíbel que as diferentes institucións (Igrexa, Concello, Deputación e Xunta) non sexan quenes de acadar un acordo económico por unha cantidade inferior a cen mil euros (valoración económica dos traballos) para salvar e poñer en valor este importante ben patrimonial.
Si ademáis temos en conta o paso do Camiño de Santiago polo Concello de Guitiriz a xustificación deste investimento faise máis que evidente á hora de sumar atractivos na segunda parroquia de Guitiriz en habitantes e lugar de orixe do poeta Díaz Castro.
FRESCOS DOS VILARES, CINCO SÉCULOS DE NÓS, será pois, o eixo central da nosa actividade pública o próximo ano e as distintas accións sociais e culturais a desenvolver estarán vinculadas a esta campaña, non só para acadar os fondos necesarios, senón tamén para informar e sensibilizar arredor da importancia destas pinturas.
Os Vilares, lareira de soños
dosvilares@gmail.com
+34 662 183 149
www.facebook.com/osvilares