por martinho | Sep 25, 2018 | Autores/as, Novas, Xeral
Adxuntamos cartaz e nota informando do Concerto da Cultura Chairega, no XIV cabodano de Manuel María, que terá lugar o vindeiro venres, 28 de setembro, ás 21:00 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba. O evento está organizado polo Iescha coa financiación da Área de Cultura da depuración de Lugo.
*Información facilitada polo IESCHA.
por martinho | Sep 25, 2018 | Autores/as, Novas, Xeral
Aquel 2 de outubro de 2015, un ano despois da dedicatoria das letras galegas a Xosé María Díaz Castro, facían 25 anos do seu pasamento. Acordaranse entre o concello de Guitiriz, Xermolos e Os Vilares lareira de soños varias accións para conmemorar tan simbólica data, En primeiro lugar,a tradicional ofrenda e recitado de poemas no camposanto de Lagostelle onde xace o poeta, en segundo lugar, facer coincidir nos Vilares a exposición sobre o poeta, que foi instalada na igrexa, e que sería inaugurada ese día. E como colofón, un acto na mesma igrexa onde tentamos homenaxear ao Pepe do Vilariño con poesías feitas por novos poetas da contorna. Alí capitaneados polo principal estudoso da súa obra, Armando Requeixo, a própria alcaldesa Regina Polín, o seu amigo Xulio Xiz, o seu familiar Man Castro, Alfonso Blanco e a introducción de Pas Veres nun memorábel acto que tiven a honra de presentar, tomaron a palabra en forma de verso Fátima Fernández, Jaki Quintela, Judiña de Lea, Xosé Antón Cascudo, Mar Beres e Luz Campello, coa aportación musical do cantautor Miguel Melero.
Nacía aquel día un grupo de poetas heterodoxos aos que Armando Requeixo chamou nun fermoso manifesto Nova Poesía Guitiricense ou Guitirica (NPG) como homenaxe viva ao grande poeta do Vilariño.
Aquel evento puntual de homenaxe co título de “Afillad@s de Pepe” consolidou un grupo que foi medrando en compoñentes e actividades ao longo destes tres anos, convocando certames (certame Vilariñas de micropoemas, Poemas pendurados de farolas), participando e organizando recitais e eventos poéticos, colaborando en publicacións dixitais, e en definitiva, mantendo viva a memória de Díaz Castro coa poesía como principal argumento. A NPG ten levado a Nova Poesía de Guitiriz e da Terra Chá até Ferrol, Betanzos, Sada, Compostela, Vilalba, Mondoñedo, Santaballa ou San Sadurniño e participou e n publicacións como a revista Xistral e diferentes publicacións colectivas a través dos seus poetas, con un grupo cada día máis numeroso de poetas e con grande coñecemento a través das redes sociais.
Este nuns días, cúmprense 3 anos desde aquel 2 de outubro de 2015 e a NPG Nova Poesía Guitirica ten anunciado a creación dun novo programa de actividades chamado “Do trinque”, destinado a facer presentacións de novidades musicais, literarias e artísticas que comenzará o día 5 de Outubro ás 21:00 na Casa Habaneira de Guitiriz coa mellor das maneiras, poesía musicada do grupo Xardín Desordenado como mellor homenaxe ao noso poeta e grande comenzo a unha série de presentacións de novidades, máis aínda cando o grupo vigués é coñecido por musicar aos grandes da poesía galega, incluído Díaz Castro e máis poetas chairegos. Unha grande oportunidade para escoitalos por vez primeira na Terra Chá, aproveitar para escoitar parte do seu último traballo e un repaso polos seus nove anos de existencia. Dentro da súa xira “A Victoria da luz”, Xardín Desordenado son unha grande homenaxe ao noso Pepe do Vilariño nestes 28 anos do seu pasamento que a través das actividades da NPG Nova Poesía Guitirica e do traballo de Xermolos, e outras entidades, a súa poesía e a súa memoria mantense viva entre nós, máis aínda desde aquel 2 de Outubro de 2015.
Antón Tenreiro Ferreiro
ANTÓN DE GUIZÁN
antontenreiro@gmail.com
www.blogoteca.com/antonte/
+34 662 183 149
por martinho | Sep 19, 2018 | Autores/as, Literaria, Novas, Xeral
Desde a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) poñémonos en contacto contigo como persoa interesada na Literatura de Tradición Oral para informar de que a Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG propón unha nova polafía, a número 34, neste caso a carón do Camiño de Santiago, no Parladoiro de Arqueixal (Santiago de Albá, Palas de Rei), o sábado 29 de setembro, ás 18.00, con título Memorias (con historias) da Ulloa. A entrada e libre.
Podes ver toda a información aquí.
por martinho | Sep 19, 2018 | Autores/as, Novas, Xeral
No ano 2.011 uns músicos de Vigo decidiron percorrer librarías e bibliotecas, á busca de palabras ás que poñer música. A selección resultante non obedeceu a criterios centíficos, senón á provocación que os poetas producían nos “exploradores”.
Logo, algunhas noites reuníanse nunha bufarda de Tirán, onde, compartían os poemas elexidos e as súas experiencias musicais; case todos transitaran polo Jazz, aínda que chegados dende diversas procedencias.
O seu obxectivo era promover a poesía galega e o concretaron nun primeiro traballo, con quince poemas escritos por homes. Chamaron ao CD como a si mesmos: “Xardín desordenado” e nel, acompañados pola cálida sonoridade que proporcionan os instrumentos acústicos, estes “xardineiros desordenados” convertiron os magníficos textos en boleros, en swing, en blues…e nove anos máis tarde, cargados de experiencia e máis poetas e máis versos, Xardín Desordenado estará na Casa Habaneira de Guitiriz o 5 de Outubro ás 9 da noite, onde farán un repaso pola súa traxectoria, onde non faltarán temas cos poemas de Darío Xohán Cabana, Manuel María e o noso Xosé María Díaz Castro.
Un concerto que é a súa estrea na Terra Chá inaugurando o programa Do Trinque, da NPG Nova Poesía Guitirica, CulturaliaGZ e Os Vilares lareira de soños adicado a novidades editoriais, artísticas e musicais.
Santiago Ferragud, Isaac Garabatos e Marlene Rodrígues deleitarán os con poesía musicada d@s mellores poetas de Galiza moitos dos cais figuran nos seus traballos discográficos, Carlos Casares, A Victoria da luz, Xardín Desordenado ou aprendendo a ladrar, e dos que poderemos disfrutar o próximo 5 de Outubro na fermosa Casa Escola Habaneira de Guitiriz e coa entrada de balde.
O concerto forma parte da longa xira deste ano adicada a María Victoria Moreno e co nome ‘A Victoria da Luz’. Chegarán a Guitiriz de dar un concerto en Pontevedra o 26 Setembro celebrando o día internacional das linguas, e o 20 de Outubro estarán no Centro Galego de Salamanca.
Temos pois, unha oportunidade única para escoitar ao Xardín Desordenado na Terra Chá por primeira vez nunha versión ‘Do Trinque’ coa estrea de disco e repaso a numerosos poetas musicados por eles nestes nove anos. Alí estaremos!!
Os Vilares, lareira de soños
dosvilares@gmail.com
+34 662 183 149
www.facebook.com/osvilares
por martinho | Sep 17, 2018 | Autores/as, Novas, Xeral
Unha ano máis e xa van seis, remata o verán e comeza o teatro en Begonte. Nesta edición contaremos con tres representacións.
Alentía Teatro coa obra, “Manancial de Fantasía“, dirixida a un público infantil e familiar. Conta a historia dun mimo que non pode entrar no mundo da fantasía. Unha reflexión sobre o reparto das tarefas no fogar, o cambo climático, a importancia da lectura ou da discriminación das persoas diferentes a nós.
Cando: Sábado, 22 de setembro, ás 18:00 horas.
Onde: Na casa do pobo da Asociación Veciñal do Castro.
Grupo de Teatro, A Mariña, coa obra, “Eres único: Teatro contra o bullying“, obra para maiores de 8 anos. Peza en catro actos, no que o acoso escolar é o eixo común a todos eles. Unha reflexión sobre os diferentes tipos de acoso escolar e a importancia de non quedar indiferentes ante el.
Cando: Sábado 20 de Outubro ás 19:00 horas.
Onde: Casa da Cultura de Begonte
Marionetas Trécola coa representación de “Xogo Revolto“.
Historia sobre os diferentes personaxes que poden aparecer nunha situación de acoso e as ferramentas para poder facer fronte a esas situacións cada vez máis presentes nas escolas e na sociedade. Dirixida a un público infantil.
Aínda non temos a data definitiva desta actuación. Iremos informando.
Todas as representacións do ciclo son de balde
Dúas das obras están dentro do programa Buxiganga da Deputación de Lugo ao que hai que agradecer que siga apostando polo teatro na provincia. Tamén agradecer ao Concello de Begonte a cesión da Casa da Cultura e, por suposto, á Asociación Veciñal do Castro, que sempre colabora con nos neste tipo de actividades.
+info na nosa páxina https://castinheiromilenario.wordpress.com/2018/09/16/6o-festival-de-teatro/
 |
6º Festival de Teatro
castinheiromilenario.wordpress.com
Presentamos a 6ª edición do Festival de Teatro de Begonte. Nesta ocasión contaremos con tres representacións. Alentía Teatro coa obra, “Manancial de Fantasía”. Cando: Sábado, 22 de sete… |
AC Castiñeiro Milenario
Pacios, 85 27373 Begonte
http://castinheiromilenario.wordpress.com
https://gl-es.facebook.com/castineiro.milenario
https://twitter.com/CastinheiroMile
https://www.flickr.com/photos/castinheiromilenario/
http://festival27373.wordpress.com/
por martinho | Sep 17, 2018 | Autores/as, Literaria, Novas, Xeral
Adxuntamos cartaz e nota informativa da presentación do libro CANDO JOHN LENNON COÑECEU A VALLE-INCLÁN, de BEATRIZ MACEDA ABELEIRA, publicado por Editorial TRIFOLIUM dentro da Colección NEMO, que organiza o Iescha, coa colaboración do Concello de Vilalba, o vindeiro venres, 21 de setembro de 2018, ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Vilalba.
*Información facilitada polo IESCHA.