por martinho | Nov 27, 2018 | Autores/as, Novas, Xeral
A Orquestra Sinfónica de Galicia visitará o auditorio Carmen Estévez o venres 30 de novembro ás 20:30h, concerto que contará con José Trigueros como director.
Programa do concerto:
I
WOLFGANG AMADEUS MOZART (1756-1791)
Sinfonía nº 40, en sol menor, KV 550
Molto allegro
Andante
Menuetto. Allegretoo
Allegro assai
II
LUDWIG VAN BEETHOVEN (1770-1827)
Sinfonía nº 7, en la mayor, op. 92
Poco sostenuto
Allegretto
Presto
Allegro con brio
Lugar: Auditorio Municipal Carmen Estévez
Data: venres, 30 de novembro de 2018
Hora: 20.30 horas
Entrada anticipada: 10€- Taquilla _12€
Evento con butacas numeradas
*Información facilitada pola áreda de Cultura do Concello de Vilalba.
por martinho | Nov 27, 2018 | Autores/as, Novas, Xeral
Este sábado na Casa-Museo Manuel María programamos, para as 18 hrs, a obra de monicreques “A familia unida”, que levará a cabo Títeres Mircromina. A peza, de 50 minutos de duración, é un clásico de luva libre e desenfadada, chea de ritmos, xogos e cachiporra, que se mira na tradición Pulcinela, Bululú e Punch.
A sipnose da obra é a seguinte: André, o presidente, propietario e presentador do espectáculo busca empregado. A quen non lle interesa un bo traballo , unha colocación de por vida para un emprendedor coas mellores condicións de traballo posíbeis? Cromina, despois de ser pai, enfronta a súa natureza casual e festeira á responsabilidade e seriedade das circunstancias a través de clásicos como a autoridade, a paternidade, o dragón e até enfrontarse á propia morte.
A obra programada encádrase dentro do programa de teatro profesional PROSCENIO que impulsa a área de Cultura da Deputación de Lugo para contribuír á difusión do teatro na súa vertente profesional en entidades municipais e culturais da provincia, así como potenciar a actividade cultural.
A entrada é libre (para todos os públicos a partir dos 4 anos) até encher o aforo mais as persoas interesadas en asistiren deben facer a reserva previamente en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou chamando ao teléfono 698177621.
por martinho | Nov 27, 2018 | Autores/as, Novas, Xeral
Xa está aquí unha nova edición das Foliadas de Outono de Castiñeiro Milenario.
Comezaremos a xornada foliadeira cun tempo adicado á aprendizaxe da música tradicional. Nesta ocasión propoñemos un obradoiro de bombo que impartirá Miguel Anxo López “Chino”, recoñecido percusionista na escena da música tradicional. O obradoiro empezará ás 19:30 e terá unha duración aproximada de 90 minutos. Para @s asociad@s de Castiñeiro Milenario será de balde e un custe de 10€ para os non asociad@s. É preciso apuntarse se queres asistir e podes facelo enviando un correo a castineiromilenario@hotmail.com ou chamando ao 616705174.
Despois do tempo de formación, comezará a foliada propiamente dita a partir das 21:30, aproximadamente. Nesta ocasión estamos especialmente orgullosos da presenza dos dous primeiros grupos: Os Miñocas e os Airiños da Terra Chá, pois moitos dos seus integrantes teñen unha estreita relación coa nosa asociación. Así que abrirán a foliada, dirixidos polo gran Brais Monxardín, os nenos e nenas do grupo de música tradicional da escola de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei, que viñeron a chamarse Os Miñocas e despois collerán o testemuño o grupo de veteran@s da mesma escola, Os Airiños da Terra Chá; para rematar por todo o alto, os marabillosos cantareiros de Trevellos que porán peche á foliada oficial. Ao remate da súa intervención, comezará a foliada aberta.
Como sempre, agradecer aos grupos que participan na foliada a súa presenza, a Miguel Anxo polas facilidades postas para desenvolver o obradoiro, a Brais Monxardín polo seu empeño para que a escola de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei estivera nesta foliada e, por último, á Asociación Veciñal do Castro por deixarnos empregar ás súas instalacións da Casa do Pobo.
Toda a info en https://castinheiromilenario.wordpress.com/2018/11/21/foliada-de-outono-2018/
Adxuntamos o cartaz da foliada.
AC Castiñeiro Milenario
Pacios, 85 27373 Begonte
http://castinheiromilenario.wordpress.com
https://gl-es.facebook.com/castineiro.milenario
https://twitter.com/CastinheiroMile
https://www.flickr.com/photos/castinheiromilenario/
http://festival27373.wordpress.com/
por martinho | Nov 27, 2018 | Autores/as, Novas, Xeral
Velaí o cartaz, tríptico1, tríptico 2 e nota informando da exposición O MEU MUNDO, óleos de CARLOS MARTÍNEZ, que organiza o IESCHA, coa colaboración do Concello de Vilalba.
O acto de inauguración terá lugar o vindeiro xoves, 29 de novembro, ás 20:30 horas, na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba.
*Información achegada polo IESCHA.
por martinho | Nov 21, 2018 | Autores/as, Novas, Xeral
Enviamos cartaz e nota informando do acto previsto para o sábado 24 de novembro, ás 18:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, organizado polo IESCHA e a Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego, nunha xornada de reflexión no DÍA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA.
*Información achegada desde o IESCHA.
por martinho | Nov 15, 2018 | Autores/as, Novas, Xeral
Este sábado, día 17 de novembro, ás 20 hrs, na Casa-Museo Manuel María, poderemos gozar coa música de RAICEIRA.
Raiceira, dúo conformado por Sabela Vázquez e Carme López, nace a comezos do ano 2018 coa idea de reinterpretar melodías populares extraídas da tradición oral galega. É un proxecto que procura acadar un son particular e diferente, onde se mestura unha parte máis tradicional, enmarcada na voz e as percusións de man, con outra máis afastada do popular, resultado das harmonías que o violonchelo achega. Desde unha presentación tradicional, que pretende reflectir en certa medida as características musicais propias de cada un dos lugares de onde proveñen as pezas, ofrecen unha revisión da tradición a través da mestura de diferentes estilos e aprendizaxes.
Detrás dos temas que interpreta Raiceira tamén aparecen ideas extramusicais que envolven o seu traballo. Primeiramente a feminidade propia de todas as pezas, xa que foron as mulleres as encargadas durante largo tempo de aprender e transmitir estas melodías, de modo que a súa impronta está indiscutibelmente presente nestas músicas. Tamén a importancia da cultura tradicional e popular da nosa terra, en especial a música, na cal reflíctense diversos elementos da nosa sociedade, tanto a antiga, onde se xeraron as melodías orixinais, como a contemporánea, debido á súa interpretación actual.
O concerto é gratuíto. Para reservar entrada escribir a contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou chamando ao teléfono 698177621.
*Información achegada desde a Casa-Museo Manuel María