O vindeiro sábado, 2 de febreiro a partir das 19:00 horas, quedará inaugurada no Museo das Aves de Cospeito a Exposición de Pintura CROMATOPÍA, da artista Adolfina Mesa. Dita Exposición está organizada polo Concello de Cospeito en colaboración con Culturalia GZ. Permanecerá á vista do público durante todo o mes de febreiro en horario habitual de dito Museo, ou mediante chamada telefónica previa ao Concello de Cospeito para concertar unha visita fóra dese horario de apertura.
A Exposición CROMATOPÍA desenvólvese coma un relato emocional no que o escenario de cor-espazo provoca que poidan coexistir distintos cronotopos que se artellan e relacionan na trama textual e cromática, creando unha atmósfera especial e un determinado efecto nas emocións dentro dun diálogo entre a obra e o espectador. Destaca a busca da artista orientándose cara a novas dimensións emotivas e concenptuais, afastándoa da realidade sen deixar de concebila.
CROMATOPÍA leva á artista Adolfina Mesa a sentir a necesidade de non ser pintora simplemente, senón integrarse na estrutura diálogo e cromatismo, no que cor, forma, espazo e tempo transcendan dende o inédito cara ao permanente, aínda que sexa a costa de renunciar ás máis clásicas estéticas e diálogos, para acadar a sensibilidade de xeito harmónico. Unha construción onde ‘arte’, represente máis que pintura e se expanda ao lirismo da poesía.
A Exposición Colectiva “MUJERES LIBRES” é un evento organizado e comisariado por Luisa Paz Montenegro, no que participan un total de 13 artistas; un grupo conformado por artistas plásticos e fotógrafos, que amosará as súa interpretación e visión persoal sobre a liberdade da muller usando como eixo protagonista a imaxe das nais, nos estilos que cada artista desenvolve e o identifica. O elenco de artistas participantes confórmano os seguintes nomes: Adolfina Mesa, María Luisa Novais, Ana Rodríguez, José Blázquez, Rosa Guisán, Eduardo Sampayo, Xosé Manuel Otero, Uxía Otero, Carmen Torreiro, Ali Minguillón, Luisa Varela, Concetta Montenegro e a propia Luisa Paz.
Dita exposición será realizada na Galería de arte La Ferretería Eventos & Co., situada na rúa San Froilán 11, 27001 Lugo, o día 30 de xaneiro de 2019 ás 20:00 hrs., onde se producirá o encontro de artistas e público asistente.
Paco Nogueiras estará este sábado, 26 de xaneiro, ás 18 horas, na Casa-Museo Manuel María, co seu espectáculo musical Radio Bulebule. O medio radiofónico inspira este espectáculo que se recolle nun libro-CD composto de doce cancións en que a modo de programación dunha peculiar emisora non faltan a sintonía de entrada, axenda cultural, faladoiro, magazine de variedades -tendencias, ciencia, natureza…-, música, noticias, deporte, previsión metereolóxica…
Esta radio itinerante, ambulante e cantante convídanola a vivir en directo Paco Nogueiras a través dun espectáculo participativo, con colorido e expresividade e cunha chea de composicións e melodías que destacan polos ritmos modernos, pegadizos e bailábeis.
As entradas (2 euros o billete) deste espectáculo dirixido para as crianzas e familias (acaído para nenas e nenos entre os 5 e os 11 anos) poden reservarse en contacto@casamuseomanuelmaria.gal.
*Información facilitada pola Casa-Museo Manuel María.
Acto: Descuberta do rótulo que designa a Biblioteca Municipal de Lugo como BIBLIOTECA MUNICIPAL ISIDRO NOVO (Por acordo unánime do pleno municipal en sesión celebrada a finais de outubro de 2018).
MIHL (Museo Interactivo da Historia de Lugo)
Parque da Milagrosa
Ao remate do acto precedente trasladarémonos ata o salón de actos do MIHL para a presentación do libro “Isidro Novo 1951 -2018).
No seguinte enlace vai unha reseña breve co programa de actos para o 1 de febreiro