por martinho | Jun 3, 2019 | Autores/as, Novas, Xeral
Adxuntamos cartaz e nota informando da XI Ruta por Galicia adiante-Andando as Terras de…Betanzos, prevista para o domingo, día 16 de xuño, que organiza o IESCHA.
*Información achegada polo IESCHA.
por martinho | Jun 3, 2019 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Xeral
O Iescha, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza o acto de presentación do libro escrito por Manuel Rubiños Ferreiro, “O fusil do santaballés”, que terá lugar o vindeiro venres, 7 de xuño de 2019, na Casa da Cultura de Vilalba, as 20:30 horas e que contará coas intervencións de Manuel Rubiños Ferreiro, Isidro Cillero, Javier Fernández e Marisa Barreiro.
Velaquí o cartaz e a nota informativa de dito evento.
*Información facilitada polo IESCHA.
por martinho | May 29, 2019 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Xeral
Dende a Concellería de Cultura do Excmo. Concello de Vilalba, fanse públicas as bases para participar no XLV Premio de Poesía do Certame Literario do Concello de Vilalba 2019.
O prazo de admisión dos
traballos remata o día 15/07/2019.
Para consultar as bases, faga clic no seguinte link do Concello de Vilalba https://vilalba.sedelectronica.es/board.
Ou nestoutro de Culturalia GZ: Bases.
Para as obras que se envíen en formato dixital (PDF) clic no seguinte link: http://www.certamedevilalba.org/inscricion.
*Información facilitada pola área de Cultura do Concello de Vilalba.
por martinho | May 24, 2019 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Publicacións, Xeral
Publicación dos textos gañadores no Certame de Microrrelatos DÍA DO LIBRO 2019, convocado polo Concello de Vilalba coa colaboración de Culturalia GZ.
Velaí un enlace á mencionada publicación.
A imaxe da capa do libro e o deseño da mesma é da artista Adolfina Mesa.
por martinho | May 23, 2019 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Xeral
Este venres ás 19:15h na Librería Biblos de Lugo celebrarase a presentación do contacontos chamado A manchas ou a raias? É un conto acerca da tolerancia e dos prexuizos que todos temos na nosa vida.
Ensina ós máis pequenos a como non debemos xulgar ós que non se parecen tanto a nós sen pararse antes a coñecelos.
Unha aventura nunha selva que separa dous tipos de animais por un río, e, grazas a un pequeno leopoardo aventureiro que atravesa o río, ve que os animais que están a ese lado son iguais que el pero con raias na pel.
*Información facilitada desde a Librería Biblos
por martinho | May 21, 2019 | Autores/as, Creación, Novas, Xeral
Este sábado, ás 18 horas, a compañía de Pol, Teatro Marionetas Trécola, leva á Casa-Museo Manuel María a peza “Gaela quere ser druída”. A representación de corenta e cinco minutos de duración está dirixida para público familiar e crianzas (a partir de tres anos) e a entrada é libre até completar o aforo.
A sinopse da representación é a seguinte:
Seica Gaela anda aburrida e persegue o druída nun día moi importante para el, xa que en dúas lúas se celebra o consello anual de druídas e non encontra o condimento necesario para a súa nova poción. Finalmente a nena consegue contarlle o que lle preocupa, ela quere ser druída! Mais o mestre négase en rotundo porque “as nenas non poden ser druídas! Iso é cousa de homes!” Esta resposta, lonxe de calmar as ansias da nena, a convence de que ese é o seu fado. Gaela terá que demostrar ao druída que ela pode ser o que desexar se pon todo o seu empeño. Así, terá que pasar divertidas e emocionantes probas para acadar a súa capa branca.
Para reservar entrada, cómpre escribir ao correo electrónico contacto@casamuseomanuelmaria.gal.
Esta actividade está encadrada no Programa de Teatro Profesional Proscenio, promovido pola área de Cultura da Deputación de Lugo.
*Información facilitada pola Casa-Museo Manuel María.