O PÚBLICO INFANTIL E FAMILIAR PODERÁ ESTE SÁBADO, NA CASA-MUSEO MANUEL MARÍA, GOZAR CON BRAIS DAS HORTAS E O SEU ESPECTÁCULO MUSICAL “CONSERTASSO NA HORTA”
O auditorio da Casa-Museo Manuel María acolle este sábado, 4 de febreiro, ás 17 horas, o espectáculo, para público infantil e familiar, “Consertasso na horta”, de Brais das Hortas.
Grelos e temazos, cun equilibrio variado de formas e estilos – como debe ser nun ecosistema musical diverso e saudábel! A Santa Compaña aparécese entre as patacas cantando un trap. Hai unha pulga punk da praia de Liméns. As cabras tiran para o monte e os caracois reivindican o seu ritmo: o reggae. Entre as cenouras, os lagartos toman o sol ao son dun tumbao -é o propio!- e os kiwis non paran de brotar bailando ska. Tamén hai sitio para os soños, coma o de ser astronauta, ou para pedirlle axuda á veciñanza para botarlle o sulfato ás viñas. E máis temazos entre guitarrazos, charangazos e un lote de instrumentazos máis. Música e humor para toda a familia. Letras e arranxos coidados para sementar e apañar risos e ganas de cantar xuntas.
A primeira convocatoria do Premio de composición para arpa e orquestra Portus Apostoli, impulsado polo Noia Harp Fest, recibe 16 obras orixinais
O director do Festival Internacional de Arpa Vila de Noia, Rodrigo Romaní, cualifica como “moi exitosa” a iniciativa, patrocinada polo Concello de Noia, e que recibiu creacións de compositores de EEUU, España, Finlandia, Malta, Arxentina e Brasil
O xurado do certame fallará o premio o 15 de febreiro e a gañadora terá a súa estrea mundial no X Noia Harp Fest da man da Real Filharmonía de Galicia
O Festival Internacional de Arpa Vila de Noia dará a coñecer nas vindeiras semanas a obra gañadora da primeira edición do Premio Internacional de Composición Portus Apostoli. O xurado, conformado por artistas internacionais de recoñecido prestixio, fallará o premio o 15 de febreiro.
O director do Noia Harp Fest, Rodrigo Romaní, cualifica como “moi exitosa” a convocatoria do certame, patrocinado polo Concello de Noia, pois o festival recibiu un total de 16 propostas, “algo pouco usual neste tipo de concursos, nos que o habitual é recibir 5 ou 6 composicións”. “Estamos moi felices pola acollida que tivo o Portus Apostol entre o sector e pola proxección internacional que este certame abre ao noso encontro musical”, salienta Romaní, ao sinalar a diversidade da orixe xeográfica das e dos participantes desta primera convocatoria, á que se presentaron compositores procedentes de Arxentina, Brasil, Estados Unidos, España, Finlandia e Malta.
O Premio Internacional de Composición Portus Apostoli naceu como unha aposta innovadora por ampliar o repertorio das obras para arpa e orquestra. O galardón, que conlevará unha achega económica de 2.000 euros para o creador da peza gañadora, suporá tamén a estrea mundial da mesma na vindeira edición do Noia Harp Fest. A Real Filharmonía de Galicia, acompañada dun ou dunha intérprete solista, executará a obra no marco da décima edición do festival, do que se darán a coñecer os primeiros detalles nas próximas semanas.
NOIA HARP FEST
O Noia Harp Fest, que celebrou a súa última edición o pasado mes de agosto, é o o único festival de Galicia e do noroeste da Península Ibérica que ten como absoluta protagonista a arpa. No seu cartel conflúen, desde hai nove anos, artistas de estilos moi diversos procedentes do ámbito galego, estatal e internacional, mais unidos pola interpretación musical a través da arpa.
Os concertos, de acceso libre e dunha notable calidade artística, celébranse tanto a ceo aberto coma no interior de recintos culturais da vila de Noia, cuxo Concello é patrocinador principal dun dos eventos máis singulares que se celebran na Ría da Estrela. Para máis información sobre o festival, pódese consultar o espazo web www.noiaharpfest.gal.
O sábado 28 de xaneiro ás 12,00 h o Instituto de Estudos Ulloáns (IEU) inaugurará no castelo de Pambre (Palas de Rei) a exposición O Gabinete de Belvís, con obras de pintura, escultura e escenografía do polifacético artista compostelán José Manuel Méndez.
A exposición, comisariada polo galerista Braulio Vilariño e con carteis e dípticos da deseñadora gráfica Azucena Souto (DuAs), poderá ser visitada na sala 1 do castelo de Pambre ata o 17 de marzo.
Filme documental de sesenta minutos sobre a zanfona e as marxes deste instrumento desde a óptica dun dos pioneiros galegos, Miro Casabella. Dirixido por Federico A. Rioboo, é unha produción de Cántigas da Terra.
A aula de zanfona de Escolas da Terra de Cántigas da Terra liderada por Miro Casabella (1946), inicia unha investigación sobre este máxico instrumento e a súa relación co Camiño de Santiago. Acompañado por dous alumnos avantaxados, Manuel Rioboo e Erea Estévez, Miro viaxa por toda Galiza na procura do organistrum, devanceiro da zanfona e presencia de honor no Pórtico da Gloria. Mesturando amizades con paisaxes, música de cego con clases maxistrais, os protagonistas completan un mosaico sobre a importancia deste instrumento, considerado por algúns intelectuais como a alma de Galiza.
A entrada para ver este documentario é libre, mais é necesario facer reserva no enderezo electrónico contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621
No acto, aberto ao público, contarase coa presenza e a intervención de Manuel Ferreiro, catedrático da Universidade da Coruña e especialista e investigador da obra de Eduardo Pondal, e de Xoán Costa, profesor, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza e investigador da orixe da bandeira galega.
As persoas que asistan poderán levar, de balde, cadanseu exemplar desta publicación sobre a bandeira e o himno galego coa letra restituída de acordo co texto orixinal de Eduardo Pondal.
O acto está promovido por Vía Galega (Plataforma social en defensa dos dereitos nacionais de Galiza), editora do caderno.