Presentación de NAKBA, de Patricia Torrado Queiruga, no Salón de Plenos do Concello de Vilalba

O Salón de Plenos do Concello de Vilalba acollerá, o sábado 21 ás 12 horas, a presentación de Nakba, o poemario de Patricia Torrado Queiruga, obra gañadora do LI Premio do Poesía de Vilalba 2025. Será un acto aberto ao público onde teremos a oportunidade de escoitar algúns dos poemas desta obra, recitados en galego e tamén en árabe.

Nakba é un berro, en versos, contra o xenocidio do pobo palestino e a destrución de Gaza. Está ilustrado pola artista gazatí Reem M Arkan. Conta cun limiar do poeta e novelista palestino Nasser Rabah, nunha edición que, a partir do galego orixinal, foi traducida a castelán, inglés (coa axuda de Patricia Martínez Ventoso) e inclúe tamén a versión en árabe a cargo de Omneia Sadek El-Shahat.

No acto participarán, ademais da propia autora, a alcaldesa de Vilalba Marta Rouco, a concelleira de Cultura Mónica González, Omneia Sadek El-Shahat, tradutora ao árabe da obra, e Henrique Alvarellos, director de Alvarellos Editora, entidade encargada da edición de Nakba.

*Información recollida de Alvarellos Editora

ROSA CARAMELO E OUTRAS HISTORIAS, un espectáculo infantil, este sábado na Casa-Museo Manuel María

Talía Teatro, coa interpretación de Artur Trillo, acompañado do virtuoso do acordeón Fernando Fraga, traen este sábado, 21 de febreiro, ás 17 hrs, á Casa-Museo Manuel María o espectáculo, dirixido por Paula Carballeira, Rosa caramelo e outras historias. Catro preciosos contos de Adela Turín que, a través da palabra e a música, axudarán a desmontar unha serie de ideas impostas e simplificadas, mais fortemente asumidas, sobre certas actitudes e aptitudes de mulleres e homes.

O espectáculo vai dirixido para nenas e nenos de catro a oito anos e as súas familias. Para asistir é necesario reservar (billete 2 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621

Concerto de Carlos Gómez Osa: EN FEMININO. CANCIÓNS CON NOME DE MULLER no Auditorio Municipal de Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboracion do Concello de Vilalba, organiza, dentro dos actos previstos para conmemorar o MES DE ROSALÍA, o concerto de Carlos Gómez Osa: EN FEMININO. CANCIÓNS CON NOME DE MULLER, que contará co acompañamento á guitarra de Lois Cuba, e a participación de Rosana Domínguez e o Minicoro de Esmuvi, dirixidos por Baruk Domínguez. 

O acto terá lugar o sábado 28 de de febreiro de 2026, ás 20:30 horas, no mesmo lugar da exposición no Auditorio Municipal de Vilalba.

O IESCHA organiza a palestra ROSALÍA. PROCLAMAR AO MUNDO QUE GALIZA EXISTE, a cargo de Francisco Rodríguez, no Auditorio Municipal de Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos, co patrocinio da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputacion de Lugo e a colaboracion do Concello de Vilalba, organiza, dentro dos actos previstos para conmemorar o MES DE ROSALÍA, a palestra ROSALÍA. PROCLAMAR AO MUNDO QUE GALIZA EXISTE, a cargo de Francisco Rodríguez, comisariado e autor dos textos da exposición co mesmo nome que nestes días permanece aberta ao público na Sala de Exposicións do Auditorio.
O acto terá lugar o venres 20 de de febreiro de 2026, ás 20:00 horas, no mesmo lugar da exposición no Auditorio Municipal de Vilalba.

Son De Corda presenta este sábado NA CASA DELAS na Casa-Museo Manuel María

Este sábado, día 14 de febreiro, ás 19.30 hrs, na Casa-Museo Manuel María o cuarteto vocal SON DE CORDA presenta Na casa delas. Un proxecto para festexar a palabra e homenaxear musicalmente a obra poética de mulleres que naceron ou moraron na provincia de Lugo (Luz Pozo Garza, María Mariño, Olalla Cociña, Olga Novo, Marica Campo e Xela Arias).

Esperanza Iglesias (soprano), Carmen Prendes (contralto), Fernando G. Jácome (tenor), e Antón Castro (baixo), acompañados polo piano de Raúl Rodríguez, e coa proxección de imaxes de Manuel Lucas e Alejandro Gándara, farán gozar o público asistente que se achegue este sábado pola Casa-Museo Manuel María. 

Para asistir é necesario reservar (billete 5 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621

O IESCHA organiza a exposición ROSALÍA. PROCLAMAR AO MUNDO QUE GALIZA EXISTE na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos, co patrocinio da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputacion de Lugo e a colaboracion do Concello de Vilalba, organiza, dentro dos actos previstos para conmemorar o MES DE ROSALÍA, a exposición ROSALÍA. PROCLAMAR AO MUNDO QUE GALIZA EXISTE, producida por Galiza Cultura e Vía Galega, con textos de Francisco Rodríguez e ilustrada con debuxos de Pepe Carreiro.

A exposicion poderase visitar na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba dende o 6 ata 27 de febreiro de 2026, no horario habitual do Auditorio Municipal.

Programación do mes de febreiro, o MES DE ROSALÍA