Conferencia ‘RICARDO CARVALHO CALERO e o galego que poderia ter sido, e há de ser!’, na Casa da Cultura de Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos, continuando coa programación cultural prevista para este ano 2021, organiza o venres 16 de abril, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, unha conferencia a cargo de MARCOS SAAVEDRA, responsábel da Biblioteca Municipal de Vilalba, e que leva por título: Ricardo Carvalho Calero e o galego que poderia ter sido, e há de ser!

Presentará ao conferenciante a presidenta do IESCHA, Marisa Barreiro.
Este acto estaba previsto para o mes de maio do pasado ano, coincidindo co Día das Letras Galegas 2020 e dedicado ao autor ferrolán, pero, debido ás restricións sanitarias derivadas da pandemia, tivo que ser adiado.

Adxúntase nota informativa de dita conferencia.

NÓS AS POETAS, novo programa de Radio Liverdade

Cartaz NÓS AS POETAS. Autoría de Adolfina Mesa

Mañá sabado 10 de abril ás 12:30 h no Café Cultural EL PUEBLO, en Ourense, comeza o novo programa de Radio Liverdade chamado NÓS AS POETAS.

Convócase a todxs xs ouvintes de Radio Liverdade a seguir a emisión en directo deste primeiro programa que contará cunha poeta convidada, cuxo nome se desvelará ao inicio do mesmo.

Dado que a capacidade no interior do local é limitada polas vixentes medidas sanitarias causadas pola pandemia da Covid-19, gardaranse os estritos protocolos de seguridade establecidos.