Cándido Pazó en “Memorias dun neno labrego”, este sábado 10 de abril na Casa-Museo Manuel María

CÁNDIDO PAZÓ EN “MEMORIAS DUN NENO LABREGO”, ESTE SÁBADO 10 DE ABRIL, ÁS 19 HRS, NA CASA-MUSEO MANUEL MARÍA

Espectáculo teatral baseado no libro de Xosé Neira Vilas que este ano cumpre sesenta anos da súa primeira publicación

Monólogo escénico-narrativo de Cándido Pazó sobre o libro de Xosé Neira Vilas, no 60 aniversario da súa primeira publicación. “Memorias dun neno Labrego” publicouse, en 1961, en Buenos Aires e é un dos libros máis sobranceiros da nosa literatura.

Trátase dun espectáculo emotivo e divertido que combina a experiencia de Cándido Pazó como autor, actor e director, coa súa recoñecida traxectoria como contador de historias e monologuista.O prezo do billete é de 5 euros. É imprescindíbel facer reserva en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.