IEU: Convite a Actividades Culturais

Información para convidar aos socios do IEU a participar nas seguintes actividades que se desenvolverán na Ulloa os próximos días:


—O venres 30 de agosto o grupo senderista Érbedo organiza unha RUTA NOCTURNA POR AMARANTE E MONTE FARELO. A saída é as 21,30 h. no castelo de Castro de Amarante. Son 13,4 Km de dificultade media. Para anotarse ou máis información en:

http://erbedo1.blogspot.com/

—O venres 30 e sábado 31 de agosto celébrase en Monterroso o VI FESTIVAL AGROCUIR DA ULLOA con concertos, espectáculos e obradoiros en diferentes espazos da vila. Máis información en: 

https://festivalagrocuir.wordpress.com/


—Do 27 de agosto ao 7 de setembro celébrase en Palas de Rei a XX MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO. Teatro no Camiño de Santiago. Máis información en:

http://teatrometatese.blogspot.com/

—O venres 6 e o sábado 7 de setembro celebrarase en Santiago de Albá (Palas de Rei) o VIII festival SON D´ALDEA, con novos roteiros teatrais e escenarios de gran valor paisaxístico e patrimonial. Lembrade que no festival do ano pasado o IEU recibiu o Premio Son d´aldea 2018. Para anotarse ou máis información en:

http://sondaldea.es/

*Información facilitada desde a directiva do IEU.

I Festival Cultural POZOMOURO

Tras unha frutífera reunión entre a rapazada de Muimenta e arredores xunto coa Asociación Cultural Aquilino Iglesia Alvariño, xurdíu o I Festival Cultural “Pozomouro”. O acontecemento terá lugar na área recreativa “Ribas do Miño”, o vindeiro sábado 31 de agosto. Comezará ás 13:30 h coa sesión vermú que se prolongará ata o xantar. Posteriormente, dende as 16:00 h  ata as 20:00 h desenvolveranse numerosos obradoiros nos que os asistentes poderán participar e obter as súas propias elaboracións. Ademais venderanse rifas con premios dunha tómbola de antigüidades para todos os que as adquiran.

Ás 19:00 h dará comezo un coloquio feminista a cargo de Antía Yáñez, Miriam Beizana e Maite Mosconi. A partir das 20:00 h comezará o “Contrarecital Disco Hermo” de Lois Pérez, que nos acompañará ben seguro para animar a tarde. Poñerán punto e final á tarde un recital poético protagonizado por Tamara Labrada, Beatriz Dourado e Martiño Maseda, acompañado polo músico Luís Teixeiro.

A programación nocturna comezará ás 23:00 h e estará animada polos concertos de Germán Díaz, Los Tres en un Piso, Sócratas e Um Sincero. Poñerase punto e final ao festival cunha Foliada Aberta na que se convida aos asistentes a traer os seus instrumentos e unirse á festa.

Dende a organización agradecemos a vosa asistencia e agardamos que desfrutedes dunha xornada que marcara un fito na historia cultural do noso municipio.

*Información facilitada pola organización do POZOMOURO.