Entrega de premios do III Certame de Debuxo e Poesía AVELINO DÍAZ

O pasado venres, 14 de xuño ás 19:30 horas, no salón de actos da Casa Consistorial de Meira tivo lugar a entrega de premios do III Certame de Debuxo e Poesía Avelino Díaz, convoca a Asociación Cultural AVELINO DÍAZ, en colaboración dos Concellos de Riotorto e Meira.

Velaquí unha galería gráfica que recolle distintos momentos da citada entrega dos galardóns que recolle a acta do xurado deliberador do certame.

XI Noite de San Xoán en Vilalba

O domingo 23 de xuño celebramos a “XI Noite de San Xoán”, cunha “Gran sardiñada”, que dará comezo ás 21.00h na Praza de Sta. María coa degustación de sardiñas, pan, liscos, cervexa, viños, … típico desta noite e posteriormente o espectáculo de Terras de Queimada.

Amenizará as prazas o grupo “Fonte de Merlán”.

Na Praza de San Xoán, teremos os seguintes actos:

18:30h- Coral Mato Vizoso

19:00h- Teatro de títeres Micromina

23:00h- Pregón a cargo de Baruk Domínguez

23:15h- Escola de Teatro de Vilalba Meigas.

23:30h- Acendido de Fogueiras

00:10h Concerto Superglue

Para a comida, temos un total de 1.000 tickets que xa están a disposición do público na Casa da Cultura de Vilalba. Os tickets son gratuítos.

*Información achegada desde a área de Cultura do Concello de Vilalba.