XLV PREMIO DE POESÍA DO CERTAME LITERARIO DO CONCELLO DE VILALBA

Dende a Concellería de Cultura do Excmo. Concello de Vilalba, fanse públicas as bases para participar no XLV Premio de Poesía do Certame Literario do Concello de Vilalba 2019.

O prazo de admisión dos traballos remata o día 15/07/2019.

Para consultar as bases, faga clic no seguinte link do Concello de Vilalba https://vilalba.sedelectronica.es/board.

Ou nestoutro de Culturalia GZ: Bases.

Para as obras que se envíen en formato dixital (PDF) clic no seguinte link: http://www.certamedevilalba.org/inscricion.

*Información facilitada pola área de Cultura do Concello de Vilalba.

Presentación e obradoiro de “A manchas ou a raias”, de Estefanía Padullés, na Librería Biblos

Este venres ás 19:15h na Librería Biblos de Lugo celebrarase a presentación do contacontos chamado A manchas ou a raias? É un conto acerca da tolerancia e dos prexuizos que todos temos na nosa vida.
Ensina ós máis pequenos a como non debemos xulgar ós que non se parecen tanto a nós sen pararse antes a  coñecelos.
Unha aventura nunha selva que separa dous tipos de animais por un río, e, grazas a un pequeno leopoardo aventureiro que atravesa o río, ve que os animais que están a ese lado son iguais que el pero con raias na pel.

*Información facilitada desde a Librería Biblos

ESTA NOITE…

ESTA NOITE…

Ábreme a fiestra

que quero ver as estrelas…

esas de cores, que brillan ó lonxe.

Déixame beber o resío da noite

ata que se encha a miña pel… de fértil humidade.

Ábreme as portas de duros barrotes

e déixa caer ó chán … os cadeados que me atan.

Eu… agardarei á mañanciña

por ese sol morno, que escorrente o medo

a esa escuridade

que viste de tebras … os meus soños.

As estrelas óllanme dende o teito celeste,

son fieis testigos

da soidade desta noite fría.

Pecho os ollos e durmo…

mentras o orballo fai regueiros lenes

na miña pel… espída.

Este sábado na Casa-Museo Manuel María representación da peza de Teatro Marionetas Trécola, “Gaela quere ser druída”

Este sábado, ás 18 horas, a compañía de Pol, Teatro Marionetas Trécola, leva á Casa-Museo Manuel María a peza “Gaela quere ser druída”. A representación de corenta e cinco minutos de duración está dirixida para público familiar e crianzas (a partir de tres anos) e a entrada é libre até completar o aforo.

A sinopse da representación é a seguinte: 
Seica Gaela anda aburrida e persegue o druída nun día moi importante para el, xa que en dúas lúas se celebra o consello anual de druídas e non encontra o condimento necesario para a súa nova poción. Finalmente a nena consegue contarlle o que lle preocupa, ela quere ser druída! Mais o mestre négase en rotundo porque “as nenas non poden ser druídas! Iso é cousa de homes!” Esta resposta, lonxe de calmar as ansias da nena, a convence de que ese é o seu fado. Gaela terá que demostrar ao druída que ela pode ser o que desexar se pon todo o seu empeño. Así, terá que pasar divertidas e emocionantes probas para acadar a súa capa branca.

Para reservar entrada, cómpre escribir ao correo electrónico contacto@casamuseomanuelmaria.gal.

Esta actividade está encadrada no Programa de Teatro Profesional Proscenio, promovido pola área de Cultura da Deputación de Lugo. 

*Información facilitada pola Casa-Museo Manuel María.