Conferencia de Sandra Goded: MI VIAJE A ÁFRICA. Una lección de vida

O vindeiro domingo 9 de xuño, a partir das 19:30 horas na Aula de Cultura do Concello de Antas de Ulla celebrarase unha conferencia de Sandra Goded, baixo o título de MI VIAJE A ÁFRICA. Una lección de vida, onde a autora falará da súa experiencia nesa viaxe por terras africanas.

Colaboran na organización desta actividade o Instituto de Estudos Ulloáns (IEU), Quercus Sonora e o Concello de Antas de Ulla.

*Información facilitada polo IEU.

Presentación do libro “O fusil do santaballés”, de Manuel Rubiños Ferreiro, na Casa da Cultura de Vilalba


O Iescha, coa colaboración do Concello de Vilalba,  organiza o acto de presentación do libro escrito por Manuel Rubiños Ferreiro, “O fusil do santaballés”, que terá lugar o vindeiro venres, 7 de xuño de 2019, na Casa da Cultura de Vilalba, as 20:30 horas e que contará coas intervencións de Manuel Rubiños Ferreiro, Isidro Cillero, Javier Fernández e Marisa Barreiro.

Velaquí o cartaz e a nota informativa de dito evento.

*Información facilitada polo IESCHA.