CASTRO DE TAMOGA OU DO TORRILLON -CONTANDO AS PEGADAS CELTAS

CONTANDO AS PEGADAS CELTAS.

CASTRO DE TAMOGA OU DO TORRILLON.

Os vellos deuses poussados no noso maxia, misterio que envolve os restos agachados  da nosa Comarca da Terra Chá. O noso padado castrexo como herdo, e tamén cultura do presente dende o paleolítico,  poderes señoriais inzaron a chaira de castelos, e casas fidalgas derrubadas tralas revoltas Irmandiñas  do secúlo XV.

Terra Chá de lonxanos poboadores e cidades mergullada.

A Idade do ferro é unha das etapas máis importantes da arqueoloxia galega é coñecida como cultura castrexa.

CASTRO DE Ó TORRILLON-SERVIU de emprazamento a torre do mesmo nome, derruida tralo levantamiento Irmandiño no último tercio do secúlo XV. No XX ainda se podían ver os vestixios dos foxos, hoxe desaparecidos polas tarefas de cultivo.

Na alborada pregamos para que reviva unha maxia milenaria, hora celta, procesións sagradas, rezo ancestrai dos bravos guerreiros da loita do Medullo, druida cantiga, soño e sombras, follas e gaita.

Vestixios esquecidos , complicidade da natureza no seu camuflaxe, Galicia soterrada, segredos do pasado, arqueoloxia da dor que nos conta con esperanza a historia da humanidade na pedra, figuras antropomorfas na soedade do monte, mutación dun mundo agochado no medio das pedras, niños acubillados dos Mouros, testemuñas da súa presenza.

Ana Mar Fraga Rábade.

BOUDICA GUERRERA CELTA.

Raiña dos Icenos e guerrera celta, muller chea de enigma, fonte da armonía, humán e natureza no cosmos ,xunto coa pedra nos vellos camiños, abranguen a historia.

Perdura a esencia da guerreira nos soutos galegos, berro de poder e resistencia ante Roma

Río que quere prender as bágoas de Boudica, para que se vean as fendas das ribeiras; é as raíces sexan parte dela. Cando nos castros a maxia trocase contraluz, a súa imaxe ven no fuxir da lúa, na noite en tebras, máis ala do sol, onde outro mundo agarda, nuns cantís que fan agreste onda.

Boudica, camiñante das ondas e das lapas.

Ana Mar Fraga Rábade.

ndas

 

 

 

TRANSPARENCIA

Vístome

de azúl, para confundirme co ceo,

e de brétema branca

para pasar sin que me vexan…

Quero mesturarme

coas pingas de orballo da mañán,

que o meu corpo se faga

humidade,

e preñe a terra,  famenta de caricias,

e sexa semente,

da que saia unha tenra rosa.

Vístome de azúl

da cor da noite, on de te soño,

onde te agardo,

farán o meu traxe as estrelas, cosidas

coa luz da lúa,

e nos teus ollos negros,  coma a noite,

tinguir de azúl,  ó teu carón,

a alborada…