Coloquio sobre a figura de Juana de Vega, dentro do Ciclo Mulleres Galegas, na Casa da Cultura de Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración co Concello de Vilalba, organiza o venres 15 de setembro de 2023, na Casa da Cultura de Vilalba, ás 20:00 horas, un COLOQUIO sobre a figura de  “JUANA DE VEGA, a cargo de XOSÉ RAMÓN VEIGA ALONSO, autor do libro: “Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina (1805-1872)”, ANA CABANA IGLESIA e MARTA VEIGA IZAGUIRRE. Presentará o acto MARISA BARREIRO, presidenta do IESCHA

NOTA_INFORMATIVA_JUANA-DE-VEGA

Entrega de premios do V Certame de Microrrelatos DÍA DO LIBRO 2023 (Galería gráfica)

Este sábado 9 de setembro celebrouse no salón de actos da Casa da Cultura de Vilalba o acto de entrega de premios do V Certame de Microrrelatos DÍA DO LIBRO 2023, que organiza o Concello de Vilalba coa colaboración de Culturalia GZ. No acto presidido por Tamara Rodríguez, concelleira de Cultura do Concello de Vilalba, participaron Elba Veleiro, en calidade de alcaldesa de Vilalba, Martiño Maseda, administrador de Culturalia GZ, Cecilia Fernández Santomé, como integrante do xurado e Henrique Alvarellos, director de Alvarellos Editora, entidade, que publica de xeito bienal as obras que acadan premio nas distintas categorías do mencionado certame literario.

Ao longo do acto houbo o acompañamento musical do dúo formado por Esteban Cabana e Baruk Domínguez.

Lembremos que o xurado conformado por Ánxela Gracián, Armando Requeixo e Cecilia Fernández Santomé escolleron como obras gañadoras na presente edición do certame as seguintes:

Categoría Infantil:

3ºArwen Fernández García, co microrrelato “O Libro”

2º Paula Pérez Cendán,  co microrrelato “Unha noite no cemiterio”

1º  Duarte Mariño Torrado, co microrrelato “Historias da semente”

Categoría Xuvenil:

3º  Óscar Linares González, co microrrelato “O neno e a cidade”

Noa Domínguez Moreda,  co microrrelato “Memorábel”

 Berta Comesaña Alonso,  co microrrelato “CIFRAS”

Categoría Adulto:

Enrique Manuel Neira Pereira, co microrrelato “Naufraxio dobre”

2º Mª Isabel Vázquez Rodríguez,co microrrelato “Paralelas Diverxentes”

  Raquel Fernández Fernándezco microrrelato “A Vaca”

Velaquí unha pequena galería fotográfica que recolle distintos momentos da cerimonia de entrega dos premios.

*Imaxes faiclitadas por Sonia García Paredes, técnica de Cultura do Concello de Vilalba

Proxección do documental MARÍA CASARES, A MULLER QUE VIVIU MIL VIDAS, de Xavier Villaverde, no Auditorio Municipal de Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección do documental MARÍA CASARES, A MULLER QUE VIVIU MIL VIDAS, de Xavier Villaverde, continuando así coa programación do CICLO MESTRE MATEO que durante o ano 2023 bríndanos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais e longametraxes) dos XXI PREMIOS MESTRE MATEO. 

Esta terceira proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o DOMINGO 10 DE SETEMBRO DE 2023, ás 20:00H.

 

NOTA_INFORMATIVA_MARIA-CASARES

Proxección da película SICA, dentro do Ciclo Cine na Rúa, no Parque Rosalía De Castro de Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), participa no CICLO DE CINE NA RÚA convocado pola Área de Cultura Vicepresidencia da Deputación de Lugo, coa proxección ao aire libre da película SICA, de Carla Subirana, que terá lugar no PARQUE ROSALÍA DE CASTRO DE VILALBA o xoves 24 de agosto, ás 22:00 horas, con entrada libre ata completar aforo.

NOTA_INFORMATIVA_SICA

II Concerto de Verán: actuación de BOROA no Templete da Música de Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración co Concello de Vilalba, organiza o II COCERTO DE VERÁN, coa actuación do grupo musical galego BOROA, que terá lugar o venres 18 de agosto de 2023, ás 22:00 h., no Templete da Música de Vilalba.

Antes, ás 20:00h., OBRADORIO DE INICIACIÓN Á XOTA.

NOTA_INFORMATIVA_BOROA