AdolfinArt: Mundos Fem, Adolfina Mesa
Obra: Mundos Fem
Técnicas mixtas
Obra: Mundos Fem
Técnicas mixtas
Obra: Art&Poetry
Técnicas mixtas
O pasado sábado, 14 de xullo, celebrouse no Pazo de Sabadelle (Chantada), administrado por Xosé Figueroa Lorenzana, o seu dono e un activo promotor de diversas propostas multidisciplinares (artísticas, poéticas, musicais). Figueroa tivo un pretexto sensible para o deleite dos sentidos, onde as imaxes tanxibles, a poesía recitada e a música a través da festa deron paso á unión de todos os mundos posibles e imposibles nun espazo rodeado de natureza, como é o Pazo de Sabadelle.
No seguinte enlace atoparemos unha crónica gráfica que reproduce distintos instantes vividos nesta VI Folidada das Artes.
*As imaxes que compoñen a galería fotográfica foron achegadas por Xosé Figueroa Lorenzana.
Trobadora da nosa patria.
Labrega da nosa fala.
Es ríos, regatos e montes
Es árbores e montañas.
Es o ar nos verdes vales
Es a estrela que brilla,
Es o vento que zoa.
No laio fúnebre das badaladas
No fondo pesar das entrañas.
Quixeron borrar e esquecer a túa labranza
E enterrar o teu labor pola lingua.
Tamén esqueceron o dano que fixeron
¡Aos teus fillos!… ¡teus anxos!… que tanto querías,
morreron todos, coa fame que tiñan.
Se o pobo canta, es ti que cantas,
se o pobo chora, es ti que choras.
No útero do chan quedan sementadas a fala e a lingua…
E nos corazóns dos galegos cos teus cantares e poesías.
Non morre o sol nin morre o día
Se a loita que non se esgota persevera,
E ata a noite a converte en día.
¡E cantar, cantarei!… sementando o teu recordo…
NAI da Matria, lingua e a fala
Nunca morres nin morrerás a nosa amada Rosalía.
Obra: ROSALÍA DE CASTRO.
AUTOR: Adolfina Mesa
TÉCNICA: ARTE DIXITAL.
adolfina.mesa@gmail.com
info@culturaliagz.com