
1 AGOSTO
20h: Actuación no Claustro de Santo Estevo de Ribas de Sil en Nogueira de Ramuín.
2 AGOSTO
11.30h: Conversas Ciclo Entre Formas e Palabras, en Xunqueira de Espadanedo.
20h: Actuación Claustro de Santa María de Melón.
3 AGOSTO
20h: Actuación Claustro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo.
22h: Bocados de Danza no Claustro – Pinchos organizados pola Comisión de Festas de Xunqueira.
Actuación e a conversa – Entrada Libre ata completar aforo.
Artistas convidados e convidadas:
WILLIAM RETANA e SHARIFA KARIMAH / COSTA RICA
NURIA SOTELO / GALICIA
ALBA FERNÁNDEZ COTELO / GALICIA
DANI HERNÁNDEZ / BILBAO
KIKO LÓPEZ / COMUNIDADE VALENCIANA- RED ACIELO ABIERTO
MARCIA VÁZQUEZ / GALICIA
ARNAU PÉREZ e JERÓNIMO RUIZ / CATALUÑA – RED ACIELO ABIERTO

Danza no Claustro é un proxecto da Plataforma Cultural SóLODOS. Paisaxes cheas de historia e singularidade da provincia de Ourense son o contexto para que artistas internacionais e locais, xunto coas comunidades, constrúan un proxecto cultural en común. Os artistas tras un proceso de creación e investigación artística nos diferentes claustros e espazos, realizan unha exhibición do seu traballo creativo. A danza como motor cultural que potencia a historia do lugar, a súa xente, a súa beleza, a súa singularidade…Un xeito diferente de mirar a arquitectura e o patrimonio histórico a través do baile, do movemento.
Algúns datos de Danza no Claustro:
- Coa celebración da 13ª edición Danza no Claustro, é o festival de danza máis lonxevo de Galicia.
- Formaron parte do programa, nestes 13 anos, artistas de 12 países diferentes.
- Danza no Claustro forma parte da Red Acieloabierto, rede de festivais de danza en espazos non convencionais, dende 2021.
- Desde 2021 a firma Adolfo Domínguez viste ás e os artistas para as funcións no festival.
- Do 2013 ao 2019 naceu e celebrouse no Claustro de San Francisco de Ourense. No 2021 se extende a Xunqueira de Espadanedo e do 2022 ata a actualidade lévase a cabo nos tres claustro actuais. No 2024 A Casa Vella alíase co proxecto propoñendo unha extensión no seu Ciclo de Artes Vivas e Mediación.
ORGANIZA: SóLODOS. DIRECCIÓN: Erick Jiménez e Maruxa Salas. PRODUCIÓN: Víctor López Carbajales. VESTiARIO: Adolfo Domínguez. FOTO e VÍDEO: Fotografía Salas. COA AXUDA DE: INAEM – Ministerio de Cultura, Deputación de Ourense, Xunta de Galicia a través da AGADIC. COLABORA: Concello de Xunqueira de Espadanedo, Concello de Nogueira de Ramuín, Parador de Santo Estevo, Concello de Melón, Red Acieloabierto, Adolfo Dominguez, A Casa Vella e Taller Nacional de Danza de Costa Rica.
DANZA-NO-CLAUSTRO-2025-OK