Sete propostas formarán parte do programa de Danza no Claustro que terá lugar na provincia de Ourense: Claustro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo, Claustro de Santa María de Melón, Claustro do Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil en Nogueira de Ramuín e A Casa Vella en Amiadoso( en colaboración co Ciclo de Artes Vivas e Mediación A Casa Vella).

Son artistas convidados e convidadas:

  • WILLIAM RETANA e SHARIFA KARIMAH / COSTA RICA
  • NURIA SOTELO / GALICIA
  • ALBA FERNÁNDEZ COTELO / GALICIA
  • DANI HERNÁNDEZ / BILBAO
  • KIKO LÓPEZ / COMUNIDADE VALENCIANA
  • MARCIA VÁZQUEZ / GALICIA
  • ARNAU PÉREZ  e JERÓNIMO RUIZ / CATALUÑA

Danza no Claustro celébrase os días 26 de xullo, 1, 2, e 3 de agosto ás 20:00h:

. 26 de xullo – A Casa Vella – Amiadoso, Allariz. Colaboración co Ciclo de Artes Vivas e Mediación da Casa Vella.

. 1 de agosto – Claustro de Santo Estevo de Ribas de Sil en Nogueira de Ramuín.

. 2 de agosto – Claustro de Santa María de Melón.

. 3 de agosto – Claustro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo.

Danza no Claustro é un proxecto da Plataforma Cultural SóLODOS. Paisaxes cheas de historia e singularidade da provincia de Ourense son o contexto para que artistas internacionais e locais, xunto coas comunidades, constrúan un proxecto cultural en común. Os artistas tras un proceso de creación e investigación artística nos diferentes claustros e espazos, realizan unha exhibición do seu traballo creativo. A danza como motor cultural que potencia a historia do lugar, a súa xente, a súa beleza, a súa singularidade…Un xeito diferente de mirar a arquitectura e o patrimonio histórico a través do baile, do movemento.

Algúns datos de Danza no Claustro:

  • Coa celebración da 13ª edición Danza no Claustro, é o festival de danza máis lonxevo de Galicia.
  • Formaron parte do programa, nestes 13 anos, artistas de 12 países diferentes.
  • Danza no Claustro forma parte da Red Acieloabierto, rede de festivais de danza en espazos non convencionais, dende 2021. 
  • Desde 2021 a firma Adolfo Domínguez viste ás e os artistas para as funcións no festival.
  • Do 2013 ao 2019 naceu e celebrouse no Claustro de San Francisco de Ourense. No 2021 se extende a Xunqueira de Espadanedo e do 2022 ata a actualidade lévase a cabo nos tres claustro actuais. No 2024 A Casa Vella alíase co proxecto propoñendo unha extensión no seu Ciclo de Artes Vivas e Mediación.

DANZA NO CLAUSTRO

PON EN VALOR O PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO A TRAVÉS DA DANZA 

26 XULLO / 20h   A CASA VELLA

1 AGOSTO / 20h   SANTO ESTEVO DE RIBAS DE SIL

2 AGOSTO / 20h   SANTA MARÍA DE MELÓN

3 AGOSTO / 20h   SANTA MARÍA DE XUNQUEIRA DE ESPADANEDO

26 XULLO / A CASA VELLA

Colaboración Ciclo de Artes Vivas e Mediación A Casa Vella

DOS MINUTOS EN SILENCIO / WILLIAM RETANA e SHARIFA KARIMAH / COSTA RICA

OBRA PREMIADA POR RACE Residencias Artísticas Creando Escena 2025 / Impulso á internacionalización, Taller Nacional de Danza de Costa Rica + SóLODOS en RED 2025

SUITE / NURIA SOTELO / GALICIA

Violoncello Millán Abeledo / Composición Manuel López / Danza e Coreografía Nuria Sotelo

MONTE / ALBA FERNÁNDEZ COTELO / GALICIA

Preestrea / Creación e Interpretación: Alba Fernández Cotelo

1, 2 e 3 AGOSTO / CLAUSTROS

Claustros de Santo Estevo de Ribas de Sil, Santa Mª de Melón e 

Santa Mª de Xunqueira de Espadanedo

CÓRDOBA DRONE / DANI HERNÁNDEZ / BILBAO

PREMIO Danza no Claustro – Sólodos en Danza Ourense 2024

ONDE POUSA A HUMIDADE / MARCIA VÁZQUEZ / GALICIA

PREMIO INJUVE para participar en SóLODOS en DANZA Costa Rica 2023

DOS MINUTOS EN SILENCIO / WILLIAM RETANA e SHARIFA KARIMAH / COSTA RICA

ESTREA INTERNACIONAL

OBRA PREMIADA POR RACE Residencias Artísticas Creando Escena 2025 / Impulso á internacionalización, Taller Nacional de Danza de Costa Rica + SóLODOS en RED 2025

HONEST / KIKO LÓPEZ / COMUNIDAD VALENCIANA

PREMIO SóLODOS EN DANZA OURENSE 2024 / MENCIÓN XOVE 2024 / Coreografia na RED ACIELOABIERTO 2025

VIBRA / ARNAU PÉREZ / CATALUÑA

Intérpretes Jerónimo Ruiz e Arnau Pérez / Coreografía na RED ACIELOABIERTO 2025

DANZA NO CLAUSTRO recibirá ao Ciclo de Conversas Entre formas e palabras, impulsado pola Fundación Paideia Galiza e a Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, con “Tecendo redes”, o terceiro encontro do programa, que se celebrará o sábado, 2 de agosto de 11:30 a 13:30 h no Salón de Plenos do Concello de Xunqueira de Espadanedo (Ourense) no marco do Festival Danza no Claustro.

Esta nova sesión centrarase na importancia das redes de colaboración no ámbito da danza contemporánea e contará coa participación de Maruxa Salas e Erik Jiménez, coreógrafos e intérpretes da compañía SóLODOS, e impulsores de proxectos referenciais como os festivais SóLODOS en Danza (Ourense e Costa Rica), Danza no Claustro e Danza no Camiño. A eles súmase Natividad Buil, directora do prestixioso Festival Trayectos, un espazo pioneiro de danza contemporánea en contextos urbanos.

O showcase desta edición correrá a cargo de Clara Ferrao Diz, bailarina, creadora e docente especializada en danza contemporánea, cuxo traballo destaca pola súa delicadeza e exploración poética do movemento. A conversa estará conducida pola bailarina, coreógrafa e xestora cultural Paula Quintas. A inscrición é gratuíta ata completar aforo e pode realizarse a través da web: www.paideia.es

ORGANIZA: SóLODOS. DIRECCIÓN: Erick Jiménez e Maruxa Salas. PRODUCIÓN: Víctor López Carbajales. VESTiARIO: Adolfo Domínguez. FOTO e VÍDEO: Fotografía Salas. COA AXUDA DE: INAEM – Ministerio de Cultura, Deputación de Ourense, Xunta de Galicia a través da AGADIC. COLABORA: Concello de Xunqueira de Espadanedo, Concello de Nogueira de Ramuín, Parador de Santo Estevo, Concello de Melón, Red Acieloabierto, Adolfo Dominguez, A Casa Vella e Taller Nacional de Danza de Costa Rica.

www.danzanoclaustro.com

NOTA-DE-PRENSA-_-DANZA-NO-CLAUSTRO-2025

PROGRAMA-MANO-DANZA-NO-CLAUSTRO