O IEU organiza a visita guiada aos petróglifos do monte Farelo

O Instituto de Estudos Ulloáns organiza para o sábado 20 de xuño de 2026 a realización dunha visita aos petróglifos do monte Farelo nas aldeas de San Fiz e A Somoza (Antas de Ulla), guiada pola arqueóloga, investigadora e historiadora Begoña González Aguiar, especialista en arqueoloxía prehistórica e arte rupestre.
A saída terá lugar ás 19,00 h diante do Concello de Antas de Ulla. Irán en coches particulares, polo que é aconsellable compartir coches para facilitar o desprazamento e aparcamento no Farelo.