O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección do documental MARÍA CASARES, A MULLER QUE VIVIU MIL VIDAS, de Xavier Villaverde, continuando así coa programación do CICLO MESTRE MATEO que durante o ano 2023 bríndanos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais e longametraxes) dos XXI PREMIOS MESTRE MATEO.
Esta terceira proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o DOMINGO 10 DE SETEMBRO DE 2023, ás 20:00H.
Rematou agosto, que non o verán, mais unha sente que deixou xa atrás un tempo de lecturas dilatadas ao sol, ás que ir e volver con toda a calma do mundo. Así a todo, algunhas conseguen traspasar esta fronteira e coarse entre as rutinas aceleradas de setembro. Tal é o caso do Libro de Alicia. Lembro e volvo a un dos poemas finais:
“rematando o verán
amósanos as cicatrices, a boca desdentada
coma unha experta actriz
preséntaste ante nós rota
e ensinas sen pudor o teu catálogo de remendos”
Alicia revélasenos de múltiples formas, prevalecendo ao longo destas páxinas unha delicada tenrura que acompaña á extinción dun modo de vida: o rural. Memoria e identidade, mais tamén fantasía, son algúns dos elementos cos que a autora, Olalla Cociña, vai artellando este marabilloso libro, galardoado co VIII Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño.
Certamente, pareceume asistir a unha poética dos sentidos, na que converxe o telúrico co tacto. A punto estiven de facer unha cunca coas mans, con tal de apañar unhas poucas migallas para os días de outono.
O tema, unha peza que enlaza os coidados e o amor propio, chega ás 00.00 horas ás principais plataformas dixitais acompañada dun videoclip, o segundo capítulo das Crónicas d’ ARDĒN, cuxo teaser xa está dispoñible en Youtube
RUANDO, o novo sinxelo de Mondra con AIDA, verá a luz este venres, 1 de setembro, ás 00.00 horas, nas principais plataformas dixitais. O tema, creado polo propio Mondra con Berto, é un tema moi íntimo, ateigado de tenrura, que enlaza os coidados e o amor propio.
RUANDO é o último avance que se fará público antes do lanzamento de ARDĒN, o álbum debut de Mondra, o vindeiro mércores 20 de setembro. “Pensamos este tema como un cantar de berce. Cantámosllo a esa persoa que precisa descansar. Que precisa un espazo para aceptarse e convivir consigo mesma. Remata dun xeito moi alegre, moi arriba, celebrando a autoaceptación”, explica Mondra, quen salienta a colaboración de Aida Tarrío (Tanxugueiras), “unha das mellores vocalistas do país”, e con quen comparte amizade desde o seu traballo conxunto no espectáculo Demente, (2020) de Fran Sieira Compañía de Danza.
O novo sinxelo de Mondra acompáñase dun videoclip, dirixido por Xaime Miranda, que supón o segundo capítulo das Crónicas d’ARDĒN, continuando a serie iniciada o pasado mes de marzo con PUNHETA. Nesta creación, vese á resistencia ARDENTE, cuxo símbolo apareceu esta semana nas rúas de Santiago de Compostela, coma protagonista. Unha resistencia (encarnada por artistas coma Sabela Domínguez, Julia Laport, Maruxa Montero, Loaira Lázare ou Diana Kurich, entre outras) que loita contra a opresión exercida, neste vídeo, por intérpretes como Paula Cereixo, Monti Castiñeiras e Julio Cores. Así, a peza audiovisual encarna unha das máximas do manifesto escrito por Mondra: “EN ARDĒN, hónranos o resistir na terra. Hónrannos o orgullo de ser e a valentía de estar ARDENTES. Porque, por enriba de quen non nos quere libres, a FOLĪA segue a ser o noso espazo libertario”.
ARDĒN, o álbum debut de Mondra,é un traballo conceptual no que o cantareiro abre a porta a unha terra diversa. Así, ARDĒN é unha celebración, un apoderamento da liberdade. É na FOLĪA onde xorde a máxima expresión das súas músicas. E este mesmo espazo libertario, esta FOLĪA das ARDENTES, é a que chegará o 29 de setembro á Sala Capitol de Santiago na presentación pública de ARDĒN. Será unha noite na que Mondra despregará unha proposta contundente, dinámica e liberadora. Unha experiencia musical, visual e performativa na que, sobre o escenario, estará acompañado de convidadas especiais, todas e cada unha das ARDENTES partícipes no primeiro álbum de Mondra. As entradas están dispoñibles en www.salacapitol.com.
MONDRA Artista, cantareiro e bailador, Mondra é un dos nomes máis frescos e prometedores da nova escena musical galega. Este outono presenta ARDĒN (Altafonte Music Spain, 2023) o seu primeiro traballo discográfico. Producido por Berto, ARDĒN é unha experiencia musical, visual e performativa que dialoga coa música tradicional galega. Unha proposta electrónica, luminosa e reflexiva, que celebra e reclama, que coida e berra, e abre a porta a unha terra diversa. Os primeiros cortes que xa se coñecen de ARDĒN son SACOdePULGAS, Beijos de LK, PUNHETA! (con Fillas de Cassandra) e RUMBAMBĀ.
En achega, o teu corpo. Que non rendido. E o meu, en entrega, que non submiso. En efémero encontro de seres fugaces, que se saben perecedoiros. Que se eternizan nun amor inexacto, que medra coas espiñas que fican nos dedos despois dunha tarde na breña. Sabemos, por tanto, que toxos e silvas forman parte da historia que no solpor talvez calamos, que na noite talvez contamos. Ou viceversa.
Mondraanuncia a publicación do seu novo sinxelo, RUANDO, xunto a AIDA (Tanxugueiras), cunha acción da rúa para que o público poida descubrir un breve avance do seu novo tema, que verá a luz este venres, 1 de setembro, nas principais plataformas dixitais.
Os carteis co símbolo da RESISTENCIA ARDENTE atópanse nas seguintes localizacións da cidade: Cruceiro de San Pedro, Bonaval, Praza 8 de marzo, San Roque, Campus Norte, Vista alegre, Rúa do Franco, Fonseca, Rúa do Vilar, Preguntoiro, Mazarelos, Praza de Abastos, Porta Faxeira, Rúa Virxe da Cerca, Alameda, Praza Galicia, Campus Sur, Santa Marta, Praza Roja , Alfredo Brañas, Doutor Teixeiro, Montero Ríos, República do Salvador, Parque da Praza da Constitución, Rotonda Eugenio Granell, Ponte de Sar-Fontiñas, Área Central, Fontiñas, San Lázaro.
A través do código QR impreso nos carteis, o público poderá acceder ao site mondra.gal e coñecer un pouco máis do proxecto ARDĒN, así como visualizar o teaser de RUANDO e gardar o pre-save do single.
Ademais, con esta acción, o artista quere convidar a todas as súas seguidoras e seguidores a sumarse á RESISTENCIA ARDENTE compartindo o seu símbolo nas redes sociais.
MONDRA.GAL Benvidas a ARDĒN! En ARDĒN, hónranos o resistir na terra. Hónrannos o orgullo de ser e a valentía de estar ARDENTES. Porque, por enriba de quen non nos quere libres, a FOLĪA segue a ser o noso espazo libertario. Este venres, 1 de setembro, as 00.00h liberámonos RUANDO. ARDENTES NA RESISTENCIA! ARDENTES, A RUARE! https://www.youtube.com/watch?v=eIF2w1_iadk Pregárdao! https://links.altafonte.com/awy4krb
Mondra, unha das voces máis singulares e prometedoras da nova escena musical galega, presentará o seu novo sinxelo, RUANDO, xunto a AIDA (Tanxugueiras) este venres, 1 de setembro. Desde este luns, o público pode degustar un breve avance do single a través do site mondra.gal.
RUANDO é un dos temas que formará parte de ARDĒN (Altafonte Music Spain, 2023), o primeiro LP de Mondra, que verá a luz o mércores 20 de setembro nas principais plataformas dixitais e que tamén estará dispoñible en formato CD de edición limitada e única.
Cantareiro, bailador, instrumentista e compositor, Mondra é o cocreador, xunto con Berto, dalgúns dos temas máis coreados e escoitados este verán en Galicia, como é o caso de PUNHETA!, no que tamén participa Fillas de Cassandra, ou RUMBAMBĀ. Todos eles formarán parte de ARDĒN, o seu álbum debut, unha proposta ambiciosa, luminosa e reflexiva ao tempo; que salienta pola súa marcada identidade así como pola rebordante dimensión electrónica dun proxecto que dialoga coa música tradicional galega.
ARDĒN é un traballo conceptual no que Mondra introduce ás ouvintes nunha terra que saúda a liberdade, os afectos e o amor. Tal e como sinala o creador, “en ARDĒN hónrannos o orgullo de ser e a valentía de estar ARDENTES. Porque, por enriba de quen non nos quere libres, a FOLĪA segue a ser o noso espazo libertario. Fomos sepultadas, para furar dende o chan. Para, despois de todo, volver facer da FOLĪA un espazo onde troupelear. Onde rir as penas e chorar as alegrías. Porque hai en ARDĒN unha rosa seca e espiñada que, na FOLĪA, reverdece”.
Así, ARDĒN é unha celebración, un apoderamento da liberdade. É na FOLĪA onde xorde a máxima expresión das súas músicas. E este mesmo espazo libertario, esta FOLĪA das ARDENTES, é a que chegará o 29 de setembro á Sala Capitol de Santiago de Compostela na presentación pública de ARDĒN. Será unha noite na que Mondra despregará unha proposta contundente, dinámica e liberadora. Unha experiencia musical, visual e performativa na que, sobre o escenario, estará acompañado de convidadas especiais, todas e cada unha das ARDENTES partícipes no primeiro álbum de Mondra. As entradas están dispoñibles en www.salacapitol.com.
MONDRA Artista, cantareiro e bailador, Mondra é un dos nomes máis frescos e prometedores da nova escena musical galega. Este outono presenta ARDĒN (Altafonte Music Spain, 2023) o seu primeiro traballo discográfico. Producido por Berto, ARDĒN é unha experiencia musical, visual e performativa que dialoga coa música tradicional galega. Unha proposta electrónica, luminosa e reflexiva, que celebra e reclama, que coida e berra, e abre a porta a unha terra diversa ateigada de liberdade, afectos e apoderamento. Os primeiros cortes que xa se coñecen de ARDĒN son SACOdePULGAS, Beijos de LK, PUNHETA! (con Fillas de Cassandra) e RUMBAMBĀ.