por martinho | Nov 5, 2019 | Autores/as, Creación, Novas, Xeral
Este próximo sábado, día 9 de novembro, ás 18 hrs, na Casa-Museo Manuel María, poderemos gozar dun espectáculo de luz, son e cordas para gozar toda a familia, Circo Galaico, de Títeres Alakrán.
Trátase dunha peza de monicreques de variedades conducido por un presentador, que será o mestre de cerimonias de clásicos e insólitos números de circo amenizado cunha marabillosa música. Un circo único onde a maxia e o fantástico se mistura co autóctono, onde os artistas serán animais da fauna galega en liberdade (Xaquín, o forzudo xabarín; Corvus, o corvo equilibrista; Pedriño, o raposo malabarista; a cabra Ribelina; e o pallaso Rolín).
O espectáculo está dirixido para público familiar e crianzas e o billete custa 2 euros por persoa. Cómpre reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal
*Información facilitada desde a Casa-Museo Manuel María.
por martinho | Nov 4, 2019 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Xeral
Estas son as actividades que propón a AELG durante a semana do 4/11 ao 10/11:
Informamos de que xa está aberto o prazo de inscrición da IV Xornada da Sección de Literatura Dramática. Cartografías da palabra en acción, a celebrar na Coruña o 23 de novembro, sábado. Tamén de que seguen en desenvolvemento tres obradoiros de creación literaria da Escola de Escritoras-es da AELG, en San Sadurniño, Rianxo e Pontevedra.
*Información facilitada desde a Secretaría Técnica da AELG.
por martinho | Nov 4, 2019 | Autores/as, Creación, Novas, Xeral
O próximo sábado, ás 20 hrs, teremos a oportunidade de escoitar, bailar, cantar… co grupo de música tradicional de Rábade TREBOADA, que levará a cabo unha actuación no auditorio da Casa-Museo Manuel María. Se vos presta, xa sabedes, achegádevos a Outeiro de Rei e sumádevos á foliada. A entrada é libre.
*Información facilitada desde a Casa-Museo Manuel María
por martinho | Nov 2, 2019 | Autores/as, Creación, Novas, Xeral
XORNADAS DA MULLER
VENRES 22 E SÁBADO 23 DE NOVEMBRO DE 2019
NA CASA DA CULTURA DE VILALBA
ACTO DE INAUGURACIÓN: VENRES 22 DE NOVEMBRO, ÁS 19:00 HORAS
O Instituto de Estudos Chairegos e o Consello da Cultura Galega, en colaboración co Concello de Vilalba, organizan as XORNADAS DA MULLER, que se levarán a cabo na Casa da Cultura de Vilalba, os días 22 e 23 de novembro de 2019 co seguinte programa:
VENRES 22
19:00 ACTO DE
APERTURA DAS XORNADAS. INTERVEÑEN:
ELBA VELEIRO FERNÁNDEZ,
Alcaldesa do Concello de Vilalba
MARISA BARREIRO MEJUTO,
Presidenta do Instituto de Estudos Chairegos
19:30 CONFERENCIA DE
LUZ DARRIBA
MULLERES CREADORAS
20:00 DOCUMENTAL E CONFERENCIA DE
ENCARNA OTERO
MULLERES CO MUNDO NA CABEZA
A CONTINUACIÓN: COLOQUIO CON
LUZ DARRIBA E ENCARNA OTERO
SÁBADO 23
10:30 CONFERENCIA DE
PAULO NASEIRO
OS CATRO EXILIOS DE SILVIA MISTRAL
11:30 CONFERENCIA DE
EMILIO ÍNSUA (con aporte visual)
O VÍNCULO DE MARUJA MALLO CON GALICIA
12:30 ACTUACIÓN DE
CORREDORES DE SOMBRA
13:00 CONFERENCIA DE
CRISTINA FELPETO
MULLER E LITERATURA, CREADORA E CREACIÓN
14:00 ACTO DE CLAUSURA DAS XORNADAS. INTERVÉN
ROSARIO ÁLVAREZ BLANCO
Presidenta do Consello da Cultura Galega
14:15 OFRENDA FLORAL AOS MEMBROS DAS IRMANDADES DA FALA
14:30 XANTAR PARTICIPANTES NO PARADOR DE VILALBA
*Información facilitada polo IESCHA.
por martinho | Oct 31, 2019 | Autores/as, Creación, Novas, Xeral
Tamén o mes de novembro, concretamente o venres 15 de novembro ás 21:00 h., o IESCHA organiza, en colaboración co Concello de Vilalba, a proxección do galardoado filme de Oliver Laxe, O QUE ARDE. Será no Auditorio Municipal de Vilalba e coa entrada de balde.
Nos seguintes enlaces van o cartaz e a nota informativa de tal evento cultural.
*Información achegada desde o IESCHA.
por martinho | Oct 31, 2019 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Xeral
O IESCHA organiza, en colaboración co Concello de Vilalba e a Deputación de Lugo, o IV OUTONO DE TEATRO, con funcións que terán lugar no Auditorio Municipal de Vilalba ao longo do mes de novembro. E a entrada será totalmente de balde.
Velaí o cartaz e a nota informativa.
*Información facilitada polo IESCHA.