PeitoEscuro ofrece un concerto en Santiago coa estrea de PAN DAS PEDRAS

O artista afincado na Ribeira Sacra debuta en Compostela cun concerto en Casa das Crechas o xoves 20 de novembro. As entradas están dispoñibles en Woutick.com

O artesán sonoro PEITOESCURO chega a Compostela o xoves 20 de novembro para presentar a súa proposta musical na Casa das Crechas, a partir das 20:30h. As entradas están xa á venda en Woutick.com.

Tras o concerto, estará disponible o novo sinxelo do artista “PAN DAS PEDRAS”, en todas as plataformas dixitais. Unha semana despois, o 29 de novembro, estrearase o videoclip que a acompaña, peza que pecha a triloxía audiovisual iniciada por “ALVORADA” e continuada con “METAMORFOSE”, dirixidos por Álex Baena e producidos por Iago Pico.

O día previo, o local multiusos da Asociación de Veciños de Salcedo, xunto co propio artista, acollerá un acto presencial de proxección da triloxía, aberto a todos os veciños e veciñas que queiran achegarse.

Con cantigas populares, versos poéticos e ritmos ancestrais, PEITOESCURO eleva a tradición folclórica ibérica utilizando recursos electrónicos co fin de amplificar os latexos das serras.

Destes procesos nace un espectáculo contemporáneo onde o movemento e as emocións acadan unha potencia no escenario que non deixarán pel sen estremecer nin peito sen esperanza. Unha posta en escena valente, vibrante, para un futuro que necesita lembrar a sabedoría do rural para florecer.

“SEMENTE NA FENDA” dá nome ao seu álbum debut, producido por Iago Pico, que nos convida a bailar no ritual do enterro das sementes: unha exploración da escuridade necesaria para espertar na procura da luz.

VÉMONOS NOS SENDEIROS

20/11/25 Casa das Crechas, Santiago

28/11/25 Asociación Veciños de Salcedo. Estrea videoclip “PAN DAS PEDRAS”

06/12/25 Auditorio Municipal, Burela

28/12/25 Casa da Cultura Olga Novo, Pobra de Brollón

https://www.youtube.com/@PEITOESCURO

LISDEXIA VOLTA ÁS SALAS GALEGAS EN 2026

O grupo de Muros quece motores para prender as pistas de baile os vindeiros meses de xaneiro e febreiro de 2026, cun percorrido por algunhas das salas máis míticas de Galicia.

CONCERTOS LISDEXIA

30/01/26 Sala Sónar, Santiago

31/01/26 Pub Gatos, Melide

06/02/26 Fábrica de Chocolate, Vigo

07/02/26 C.C Auriense, Ourense

Entradas á venda en Woutick.com

Despois dun verán cargado de festivais (Caudal Fest, Castelo Rock, Fene Rock..), o quinteto presenta agora nas salas o seu novo EP “Esclavos do baile: seis himnos incendiarios que lanzan consignas que van dende a sátira lingüística ata a épica da resaca, sempre cunha conclusión clara: se queda vida, queda festa. Un traballo que os sitúa como unha das máis emocionantes propostas da escena actual.

Con letras afiadas e unha enerxía que se move entre a irreverencia de Terbutalina e o descaro de Novedades Carminha, Lisdexia consolídase como unha das propostas máis frescas e vibrantes da nova escena galega.

A formación ven de ser un dos grupos gañadores da primeira edición do ONDACHICHA, a iniciativa impulsada por Chichalovers e Radio Líder Santiago para dar visibilidade ao talento musical emerxente galego.

O resto é silencio… ata que empece o baile.

https://www.youtube.com/channel/UCQymHKmwwBLoRiHDbpk6obg

O programa de residencias Atopémonos Bailando presenta esta semana tres mostras abertas no Museo MIHL de Lugo

O programa de residencias Atopémonos Bailando, coordinado por Colectivo Glovo en colaboración coa Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, presenta esta semana tres mostras abertas no Museo MIHL de Lugo:

➡ Martes 5 de novembro · 18:00 h

  • Jandross — A noite do cuco
    Unha figura que acompaña mentres o corpo permanece: celebra a vida, entreabre as portas do alén e encarna as contradicións que nos tecen.
  • Jessica Castellón & Boris Orihuela — Ni Fu Ni Fa
    Peza en proceso que cruza o tradicional e o contemporáneo, conectando danzas urbanas e flamenco para escavar na memoria persoal e colectiva.

➡ Xoves 7 de novembro · 18:00 h

  • IXA — 52-BLAU
    Case unha oda á adaptación: un corpo que sobrevive ao naufraxio nun océano de estímulos e información, buscando saír á tona.

Entrada de balde con reserva previa: 604 002 295.

Palestra UN REPASO Á HISTORIA DA MÚSICA POP EN GALEGO, con Pepe Cunha, na Casa-Museo Manuel María

Este sábado, 8 de novembro, Pepe Cunha falará, na Casa-Museo Manuel María, da historia da música pop en galego.

Cunha, coñecido polo seu proxecto de divulgación musical Ábrete de Orellas, repasará desde os pioneiros da década de sesenta até a vizosa escena galega actual

A actividade está programada para as 19 horas e é de acceso libre até completar o aforo (reserva sitio en  contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621) 

Pepe Cunha é o nome que está tras o proxecto galego de divulgación musical Ábrete de Orellas, activo desde hai 25 anos e Premio Martín Códax ao mellor espazo de comunicación Musical en 2016 e 2018. Ábrete de Orellas naceu como programa musical a finais do século pasado e entrega cada semana unha nova edición de sesenta minutos que emiten as grellas da Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias (CUAC FM, Rádio FilispiM, Radio Roncudo, Radio Piratona, Radio Neria…), algunhas municipais como Radio Redondela, Radio Allariz, A Xente de Teo… e plataformas como Podgalego, Agora.gal, Pontevedra Viva Radio… Cunha é autor do libro Guadi Galego. Pola beira da canción (Embora, 2019), responsábel dos contidos da premiada exposición #cantáMOLAengalego (2000-2020) para o Concello de Pontevedra e da exposición #GaleGoza para Vicepresidencia da Deputación de Lugo, así como partícipe en artigos en prensa, charlas, coloquios ou xurado de concursos musicais.

Castiñeiro Milenario organiza a FOLIADA DE OUTONO 2025

O sábado 15 de novembro sobre as 20:00 horas terá lugar unha nova edición das foliadas estacionais da Asociación Cultural CASTIÑEIRO MILENARIO, coa celebración da FOLIADA DE OUTONO 2025 no Centro Sociocultural de Begonte, situado xunto ao centro médico e a pista de pádel. Dita foliada empezará cuns petiscos para coller forzas e a partir das nove da noite acontecerá o núcleo central da foliada con catro grupos participantes. Como sucedeu en edicións anteriores, abrirán a foliada os grupos residentes, as cantareiras de Foliadeir@s do Castro e o grupo de gaitas de Treitoira. Despois desde Cospeito achegarase o grupo Beteluma Cantareiras, rematando co grupo das Pontes, No Cómbaro. Finalmente haberá foliada aberta ata que o corpo aguante.

Proxección da longametraxe AS NEVES, de Sonia Méndez, no Auditorio Municipal de Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de LugoAcademia Galega do Audiovisual e o Concello de Vilalba, organiza a proxección da longametraxe de ficción AS NEVES, dirixida por Sonia Méndez, película gañadora, entre outros, do Premio Mestre Mateo á mellor longametraxe de ficción. Deste xeito, rematamos coas proxeccións correspondentes ao CICLO MESTRE MATEO-2025 que durante os últimos meses brindounos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXIII PREMIOS MESTRE MATEO.

Esta décima proxeccióne última do Ciclo Mestre Mateo por este ano, terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o domingo 9 de novembro de 2025, ás 20:00h.

A entrada será de balde, pero haberá que facer reserva de localidade na web www.entradasvilalba.es ou na Casa da Cultura de Vilalba.

NOTA-INFORMATIVA-AS-NEVES

Presentación do libro A FRAGA DOS TEIXOS, de Xosé Salvadores, na Casa da Cultura de Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración de Tempo Galiza Editora, organiza o venres 7 de novembro de 2025, na Casa da Cultura de Vilalba, ás 20:00 horas, a presentación do libro A FRAGA DOS TEIXOS. Uns ferrados de paixón pola naturezado que é autor Xosé Salvadores, escritor e ecoloxista.

Intervirán tamén a xeito de conversa, Marisa Barreiro, presidenta de IESCHA, e Chema Felpeto, membro da súa Xunta Directiva.

NOTA-INFORMATIVA-LIBRO-A-FRAGA-DOS-TEIXOS

.