por martinho | Feb 6, 2020 | Autores/as, Creación, Novas, Xeral
O sábado 8 de febreiro ás 12,30 h, terá lugar a exposición de Correa-Corredoira que o Instituto de Estudos Ulloáns organiza no castelo de Pambre (Palas de Rei) e que permanecerá instalada ata o 3 de abril de 2020. A exposición de Correa Corredoira “Pintor no Taller”, comisariada por Braulio Vilariño, é a primeira dunha serie de exposicións dos artistas que integraron o grupo Atlántica e que finalizará no outono cunha retrospectiva de todo o grupo.
Estas exposicións de arte contemporánea galega, organizadas no castelo de Pambre polo Instituto de Estudos Ulloáns, están subvencionadas por O Teu Xacobeo, e os dípticos e carteis son un deseño de Azucena Souto.
No seguinte enlace vai o convite de dita exposición.
por martinho | Feb 6, 2020 | Autores/as, Creación, Novas, Xeral
A Rede Galega no Reino
Unido celebra unha festa de entroido en Londres
· O programa inclúe un espectáculo do actor Diego Freire, o concerto debut do grupo de pandeireteiras ‘Son da illa’ e unha foliada, entre outras accións
· A festa será este sábado, 8 de febreiro,
de 14 a 20 horas, no YAA Youth Centre de Londres
A
asociación Rede Galega en UK (REGA-UK) segue a promover a cultura galega no
Reino Unido. Este vindeiro sábado, 8 de febreiro, o colectivo organiza un
evento para festexar unha das celebracións máis sobranceiras de Galicia: o
entroido. A proposta terá un marcado sabor cultural pero sen esquecer a
idiosincrasia destas festas. A actividade conta coa colaboración de Producións
Dispersas e tamén doutras organizacións socioculturais galegas da capital
británica como Galegos Morriñentos e Galego en Londres.
Como
en anteriores ocasións, REGA-UK mesturará ao longo da xornada manifestacións
culturais diversas como o teatro, a música ou a gastronomía. Desta volta o
actor Diego Freire vén convidado desde Galicia para representar o seu
espectáculo ‘Memorias dun ser humano disperso (versión 7.0)’. Ademais, esta
festa de entroido será o día do debut de ‘Son da illa’, un grupo de
pandeireteiras formado por cinco galegas da diáspora londiniense: Antía
Quintas, María Yáñez, Saleta Rivas, Sandra Baña e Natalia Cabana. O programa
completarase con foliada, concurso de disfraces, actividades para nenos e moito
máis.
A
festa vaise desenvolver en The YAA Centre [1 Chippenham Mews, Londres, W9 2AN]
de 14 a 20 horas. A entrada anticipada ten un prezo de 12 libras e de mercarse
na porta o seu custo será de 15 libras. En ambos os dous casos, o tícket inclúe
unha bebida e unha tapa. O acceso é gratuíto para os menores de 16 anos. Para a
compra anticipada é preciso realizar o ingreso na conta bancaria de REGA-UK co
número 30695760 (sort code 30-90-99) e poñer como ‘payee reference’
ENTROIDO-Apelido. A recadación destinarase integramente á organización de
actividades socioculturais no Reino Unido promovidas por REGA-UK.
Un
cabaré absurdo para celebrar o entroido
Diego
Freire é o autor e protagonista de ‘Memorias dun ser humano disperso (versión
7.0)’, unha peza cómico-musical con formato de monólogo que dirixe José
Campanari. A compañía define esta obra como “cabaré absurdo, protagonizado por
un personaxe fóra de lugar e un pouco esquizofrénico, que desexa escapar dun
mundo que non comprende e no que non é comprendido a un lugar lonxe e diferente
onde por fin poderá ser feliz”. A busca deste suposto paraíso é o eixo arredor
do que xira esta proposta, na que Freire ofrece múltiples facianas como o showman
do cabaré, o clown triste, o bufón, o perdedor, o tolo e o soñador.
Trátase
dunha nova versión do espectáculo co que Producións Dispersas botou a andar no
2010, baseando o seu traballo en tres piares: humor, pequeno formato e crítica
social, desde unha perspectiva contemporánea. Nesta década de traxectoria a
compañía levou a escena outras propostas como ‘En busca da canción perdida’,
‘Falándolle ao espello’, ‘O bosque dos prodixios’ ou ‘Tódalas marabillas do
mundo’.
MÁIS
INFORMACIÓN: Web | Facebook | Twitter | YouTube