O próximo sábado, 16 de xaneiro, ás 19 horas, Xurxo Souto presenta no auditorio da Casa-Museo Manuel María (Outeiro de Rei da Terra Chá), “Pangalaica. Recortes poderosos”.Son oitenta pequenos relatos que foron publicados no xornal NÓS Diario e que agora son recollidos e ilustrados nun libro editado por Galaxia . As historias e as persoas marabillosas que Xurxo Souto foi atopando nas súas viaxes por Galiza adiante. Petiscos cheos de humor que acaban conformando unha cosmovisión alternativa do país: é mentira a fronteira entre o rural e o urbano. Todas somos da aldea. Vigo e mais A Coruña son a mesma cidade!Xurxo Souto (A Coruña, 1966). Músico e escritor, en 1988 comezou a colaborar en diferentes medios de comunicación, nomeadamente na radio, onde conduciu os programas A Tropa da Tralla (Radio Coruña) ou Aberto por Reformas (Radio Galega). Escribiu dúas novelas e varios libros de relatos. Dirixiu a película documental Pucho Boedo, un crooner na fin do mundo. Con outros compañeiros do barrio creou Os Diplomáticos de Monte-Alto, conxunto bravú. Tocou o acordeón en Tres Trebóns e, agora, é un dos compoñentes da Banda Xangai.Para asistir a esta actividade é imprescindíbel anotarse en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621.
Calendario
| L | M | X | J | V | S | D |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 2 | 3 | 4 | |||
| 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
| 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
| 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
| 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | |
Entradas recientes
- Proxección do documental DEUSES DE PEDRA, de Iván Castiñeiras Gallego, no Auditorio Municipal de Vilalba
- BUTACAZERO inicia a xira galega d’A VELADA DE LONDRES, a súa homenaxe a Manuel Lourenzo
- A cultura que mellora a vida: a Deputación da Coruña reúne proxectos que traballan dende a inclusión, a memoria, o patrimonio e a comunidade
- Exposición A LINGUA DO FUTURO / O FUTURO DA LINGUA, de Alba Díaz, no espazo A Chouzana (Vilalba)
- Os portugueses Glockenwise presentarán en Galicia o seu novo LP, VALE TUDO PARA CHEGAR A ALGUM LADO
