O vindeiro 7 de xaneiro de 2023, a partir das 17 h., a Biblioteca Rural San Martiño de Pino (no local social, antiga escola de Pino) acollerá unha conversa literaria cos escritores Xesús Rábade Paredes e Helena Villar Janeiro. Este encontro literario, que será moderado por Martiño Maseda, está organizado pola Asociación Recreativo Cultural de San Martiño de Pino e a Biblioteca Rural San Martiño de Pino, coa colaboración de Culturalia GZ, a Editorial Galaxia e a Librería Díaz.
Entradas recientes
- Paloma Sás Martínez, coa obra ANTES DA XABREIRA, gaña o IX Certame de Poesía Torre de Caldaloba
- Proxección do documental “360 CURVAS. Nacer a medio camiño”, de Alejandro Gándara e Ariadna Silva, na Casa da Cultura de Vilalba
- Arredor de… NAKBA, de Patricia Torrado Queiruga
- A VOZ DO VENTO, concerto de Fran Amil e Moncho do Orzán, este sábado na Casa-Museo Manuel María
- Xornadas sobre Inmigración na Casa da Cultura de Vilalba
