Como novidade neste 2025, o espectáculo ‘Un baile ceibe’,de Fran Sieira Compañía de Danza, poderá verse no Pazo da Cultura de Carballo este xoves, 4 de setembro, a partir 19.30h,durante o acto de presentación do #FIOT34, con entrada libre para todos os públicos ata completar a capacidade da sala
O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, presentará o vindeiro xoves, 4 de setembro, a programación completa da súa 34ª edición. A cita será a partir das 19.30 horas no Auditorio do Pazo da Cultura e contará coa participación dos representantes do Concello de Carballo, a dirección do festival e as entidades patrocinadoras (Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e Fundación Luis Calvo Sanz), que estarán acompañados por socios de Telón e Aparte, compañías e artistas participantes, prensa e convidados. O acto está aberto a todos os públicos que desexen sumarse, xa que, como novidade neste 2025, o espectáculo Un baile ceibe, de Fran Sieira Compañía de Danza, poderá verse no Pazo da Cultura de Carballo durante o acto de presentación do #FIOT34, con entrada libre ata completar a capacidade da sala, este xoves, 4 de setembro, a partir das 19.30h.
Prégase confirmación de asistencia.
CONVOCATORIA DE PRENSA DATA: venres 6 de setembro HORA: 19.30 horas LUGAR: Auditorio doPazo da Cultura de Carballo (rúa do Pan, s/n) ACTO: Presentación da 34ª edición do FIOT de Carballo e o seu programa completo Coa representación especial da función Un baile ceibe, de Fran Sieira Compañía de Danza ENTRADA LIBRE PARA TODOS OS PÚBLICOS ATA COMPLETAR A CAPACIDADE DA SALA
SOBRE O ESPECTÁCULO
Un baile ceibeé unha peza coreográfica para espazos non convencionais de 25 minutos de duración, con dirección artística de Fran Sieira e Sergio R. Suárez. Executada por catro intérpretes, conta con música de MounQup (Camille Hedouin), a partir de cancións de Carlos Quintá, e coa colaboración de Úrsula Rial. O vestiario é de Vestuario de Érica Oubiña, cunha colaboración especial de Eferro.
Un baile ceibetraballa sobre o xénero e as súas maneiras de operar en diferentes ámbitos da cotianidade, incluíndo, por suposto, unha manifestación cultural tan importante como o baile tradicional galego. Trátase de entender que é o xénero para nós como individuos, como colectivo e tamén como sociedade. A peza peflexiona sobre as categorías de xénero e os seus estereotipos impostos socialmente, para establecer distancia coa normatividade e arrastrala cara ás marxes, cara á disidencia, para, desde aí, propoñer e construír novas formas de entender o corpo e o movemento. Asimesmo, Cuestiona as identidades de xénero normativas e hexemónicas, para comprender e compartir que o xénero opera sobre todos os corpos, e así poder abordar o tema desde unha perspectiva feminista e en relación coas cuestións LGTBIQ+.
Con esta presentación, O #FIOT34 da un paso máis na súa posta en valor da raíz, a súa apertura aos proxectos participativos –coa organización dun obradoiro previo impartido pola compañía de Fran Sieira con bailadores e bailadoras da zona de Carballo, que participarán, tamén, nesta presentación do xoves 4 de setembro no Pazo da Cultura- e a súa aposta pola apoio e a visibilización do talento galego.
Sabela continua adiantando os sinxelos que conformarán o seu próximo EP, previsto para os próximos meses, co recente lanzamento de Cerca de ti. Este novo tema, caracterizado por unha produción minimalista, é un agradecemento a todo ese amor bondadoso que transmiten os nosos animais. Unha vez máis, como xa pasou no seu anterior adianto, Camponarai, Sabela mergulla na súa faceta como produtora, producindo integramente a canción e buscando un carácter minimalista que xerase tenrura, cunha idea de son que tivo clara dende o principio e que só tivo que ir desenvolvendo e explorando para chegar a el.
A artista galega enfoca novamente a súa visión cara a vida no campo, elemento continuo seguido nos adiantos do seu EP, desta vez centrando a temática nos animais e situando a súa sonoridade nesa calma que se sinte no rural. A modo de curiosidade, Sabela desvela que os paxaros que soan no inicio de Cerca de ti é un sample inspirado nos sons que percibe dende o seu estudio, e que polo tanto imita aos paxaros que escoita mentres compón. Desta maneira, mantén a súa forte aposta por dar voz e poñer no mapa musical á creación e a vivencia do rural.
A portada do tema destaca pola homenaxe á memoria de Lolo, un dos animais de Sabela máis coñecidos polo seu público. Durante as longas xornadas de composición no estudio era unha das súas grandes compañías, xa que lle encantaba acomodarse canda ela mentres compoñía. Desa forte conexión con el, así como do resto de animais que a artista ten na casa, nace este tema íntimo e profundo, á par que minimalista.
Desta maneira, Sabela segue acrecentando este momento doce arredor da súa música que está a vivir. Tras a gran acollida dos primeiros adiantos, Hi, My love, Eu espero aquíeCamponarai, así como das dúas extensas xiras por salas de España e Galicia, a artista recolleu os froitos do traballo feito en forma de recoñecementos, recibindo o Premio Martín Códax da Música na categoría de Pop e Indie. A artista encara desta forma un ano no que se publicará o seu tan esperado traballo discográfico en forma de EP.
MÁIS SOBRE SABELA
Sabela Ramil é unha das caras visibles desta nova onda de pop electrónico que triunfa no panorama musical actual. Coas súas tinguiduras animadas e bailables, Sabela converteuse xa no gran alicerce deste xénero en Galicia. As súas cancións acumulan centos de miles de reproducións, conquistando con grandes xiras en directo importantes salas ao longo de España e de Galicia, así como festivais da talla de O Son do Camiño, BIGSOUND Pontevedra,SonRías Baixas,Festival do Pasatempo ou Festival Noroeste. Con todo isto, durante este mesmo ano Sabela presentará o seu novo EP, no que Hi, My Love e Eu Espero Aquí, publicados a finais de 2024, e Camponarai e Cerca de ti, publicados recentemente, son xa os seus primeiros sinxelos.
A artista galega soubo madurar o seu proxecto para levalo a unha nova etapa da súa carreira, e a pesar de contar cun estilo xa propio e identificable,aposta forte por un son máis internacional mantendo elementos tradicionais galegos, fortalecendo así as súas raíces. Cerca de ti,último sinxelo de Sabela, precede a temas como Hi, My Love,Eu Espero Aquí e Camponarai, que veñen de obter grandes números de escoitas e visualizacións, así como recoñecementos como o Premio Martín Códax da Música na categoría de Pop e Indie, e nominacións a prestixiosos galardóns como os Premios de la Academia de la Música, Premios Mestre Mateo, Festival de Cans ou Festival de Videoclips de Oviedo.