
Como novidade neste 2025, o espectáculo ‘Un baile ceibe’, de Fran Sieira Compañía de Danza, poderá verse no Pazo da Cultura de Carballo este xoves, 4 de setembro, a partir 19.30h, durante o acto de presentación do #FIOT34, con entrada libre para todos os públicos ata completar a capacidade da sala
O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, presentará o vindeiro xoves, 4 de setembro, a programación completa da súa 34ª edición. A cita será a partir das 19.30 horas no Auditorio do Pazo da Cultura e contará coa participación dos representantes do Concello de Carballo, a dirección do festival e as entidades patrocinadoras (Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e Fundación Luis Calvo Sanz), que estarán acompañados por socios de Telón e Aparte, compañías e artistas participantes, prensa e convidados. O acto está aberto a todos os públicos que desexen sumarse, xa que, como novidade neste 2025, o espectáculo Un baile ceibe, de Fran Sieira Compañía de Danza, poderá verse no Pazo da Cultura de Carballo durante o acto de presentación do #FIOT34, con entrada libre ata completar a capacidade da sala, este xoves, 4 de setembro, a partir das 19.30h.
Prégase confirmación de asistencia.
CONVOCATORIA DE PRENSA DATA: venres 6 de setembro HORA: 19.30 horas LUGAR: Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo (rúa do Pan, s/n) ACTO: Presentación da 34ª edición do FIOT de Carballo e o seu programa completo Coa representación especial da función Un baile ceibe, de Fran Sieira Compañía de Danza ENTRADA LIBRE PARA TODOS OS PÚBLICOS ATA COMPLETAR A CAPACIDADE DA SALA |


SOBRE O ESPECTÁCULO
Un baile ceibe é unha peza coreográfica para espazos non convencionais de 25 minutos de duración, con dirección artística de Fran Sieira e Sergio R. Suárez. Executada por catro intérpretes, conta con música de MounQup (Camille Hedouin), a partir de cancións de Carlos Quintá, e coa colaboración de Úrsula Rial. O vestiario é de Vestuario de Érica Oubiña, cunha colaboración especial de Eferro.
Un baile ceibe traballa sobre o xénero e as súas maneiras de operar en diferentes ámbitos da cotianidade, incluíndo, por suposto, unha manifestación cultural tan importante como o baile tradicional galego. Trátase de entender que é o xénero para nós como individuos, como colectivo e tamén como sociedade. A peza peflexiona sobre as categorías de xénero e os seus estereotipos impostos socialmente, para establecer distancia coa normatividade e arrastrala cara ás marxes, cara á disidencia, para, desde aí, propoñer e construír novas formas de entender o corpo e o movemento. Asimesmo, Cuestiona as identidades de xénero normativas e hexemónicas, para comprender e compartir que o xénero opera sobre todos os corpos, e así poder abordar o tema desde unha perspectiva feminista e en relación coas cuestións LGTBIQ+.
Con esta presentación, O #FIOT34 da un paso máis na súa posta en valor da raíz, a súa apertura aos proxectos participativos –coa organización dun obradoiro previo impartido pola compañía de Fran Sieira con bailadores e bailadoras da zona de Carballo, que participarán, tamén, nesta presentación do xoves 4 de setembro no Pazo da Cultura- e a súa aposta pola apoio e a visibilización do talento galego.
MÁIS INFORMACIÓN
2024.08.29.Convo-RP-presentacion-FIOT34