Todos os días á tardiña ía buscar auga a aquela fonte. Ti agardabas por min, sentada a mollar os pés na pucharca que se formaba co que escorría dos canos revestidos de mofo que ás veces se mesturaba co xélido e cristalino fluído.
Despois collíate da man e marchabamos cara ao carballo, que era o noso agocho secreto, e alí xogabamos aos médicos. Por suposto, eu facía de doutor, porque naquela sociedade tan machista non se nos pasaba pola cabeza que unha nena puidese ser médica, como moito enfermeira. E claro, coller un garabullo e facer que me pinchabas, que gracia tiña?
Eu sentíame orgulloso da miña condición de curandeiro e debaixo daquela rebola era onde tiña lugar a consulta.
—Doutor dóeme a teta esquerda —dicíasme.
E comezaba a exploración, a miña man sobraba para tan incipiente peito. Lembro que me daba moito gusto; supoño que a ti tamén pois non dicías ren.
—Doutor dóeme a cona.
Baixábache as bragas e quedaba impresionado por aquela falta de apéndice e empezaba a tocarche naquel burato que para min era todo un misterio. Rematada a consulta receitábache algo, normalmente unha mestura de flores e herbas machucadas coas que tiñas que untarte para curar a dor. Despediámonos cun bico e ata o próximo día. Se acaso nos víamos pola aldea facíamos como se non nos coñecésemos.
Chegada a noite, comezaba a miña tortura. Tiña pesadelos onde morría e ía dereitamente ao inferno pois non me daba tempo a confesar o pecado mortal que viña de cometer. Pero como sempre temos a man algún mecanismo de defensa lembrábame que era doutor e. polo tanto si podía facer eses tocamentos, xa que eran para curar os males que che afectaban.
Un día, non me esquecerei, era unha tarde do mes de xuño, desas tardes fermosas de primavera, alí estabas coma sempre; repetimos o ritual de todos os días e cun bico despedinme de ti. Non podía imaxinar que sería a derradeira vez que nos iamos ver.
Non volvín saber de ti despois daquela tarde. Agardaba impaciente que apareceses, pero só había silencio e baleiro. Así pasaron os días, sen unha palabra, sen unha explicación. Non quería aceptar que xa non volvería verte. Pasei noites en vela, afogado en bágoas, negándome a crer que todo acabara.
Cando chegou a festa de San Xoán, pensei que sería unha boa ocasión para distraerme e divertirme. Foi alí onde, nun descanso, te vin collida da man del. Era un dos músicos de Os Alesandi, un famoso grupo moderno por aqueles anos, que tocaba esa noite. Chamábase Rodri, Piji, ou algo así. Non me importaba o seu nome, só o seu sorriso arrogante. Sentín un nó na gorxa e un puñal no peito. Non puiden soportalo. Deixei atrás o ruído, o lume e a xente, e corrín cara á casa, sen mirar atrás.
Foi o peor San Xoán da miña vida. Aínda hoxe cando o lembro sinto un arrepío que me percorre toda a espiña dorsal.
Miro todo. Retrato parte. Lonxe, preto. Onte ferida, hoxe bagaxe.
A miña fe sobrevive na proximidade, na nervadura da folla. No acto de asomarse á invisible presenza da molécula. Na fonda curiosidade que me esperta o que sendo non se reflicte.
Mais tremo tamén na liña, inalcanzable e non sempre definida, do horizonte. Na paisaxe latexante que aparece ao recuar, no retroceso necesario para relaxar a mirada, para habitala con outras perspectivas. No exercicio preciso para contemplar o conxunto dunha beleza tecedora de pontes que desde aquí non podo tocar. Pontes que me falan, ás costas, de quen xa non son, despois de atravesalas. Pontes que desde a distancia locen a maridanza extinguida do meu pronome a carón dun verbo asombroso. Nunha fugaz conxugación na que fun percorrido polas xemas da galaxia.
Sometidos non, de ningún xeito derrotados. Convencidos somos pola acollida do silencio. Negándose á capitulación, a fortaleza da escrita. O abrigo neste reduto de resistencia. Sermos aínda, no escenario ignorado polas olladas violentas. A carón do lume que non ameazan as présas. Nesta minoría necesaria, neste recanto apartado da rabia, que anhela terreos que lle acoutamos. Vixentes aquí, na raxeira do sorriso cómplice, que nos sostén ante a barbarie.
Por conseguinte, que hoxe teime o latexo en non someterse, en porfiar na utopía. Que insista a vida en contarse e descontarse, en diluírse plena, enfrontando días murchos, miradas exánimes. Rexeitando desde o alto os monstros que aganchan ávidos polos muros. Conspirando, malia todo, dan man da beleza, que traza en nós o esbozo dunha caricia salvadora. Dun aloumiño que agarda, se cadra na propia espiña.
Rosario, cansa da monotonía de todos os días e de ser sempre a escrava da casa, sobre a que recaían todas as tarefas domésticas, sen que ninguén llo agradecese, un día botouse andar polo mundo. Ben, polo mundo é un dicir, xa que non saíu da bisbarra dos Ancares, onde nacera ía para sesenta anos.
Unha tarde calorosa do mes de agosto fixo un atado coa roupa máis decente que tiña e emprendeu viaxe. E para tal efecto arrancou, sen comunicarllo a ninguén, co patinete da súa neta Lauriña. Que desgusto o da nena cando viu que lle faltaba un dos seus xoguetes preferidos!, máis ca cando soubo que a avoa tamén desaparecera. Como chegada a noite, Rosario non aparecía por ningures deron parte a Garda Civil. Pronto se soubo do seu paradeiro, ao ser vista por unha veciña da aldea próxima marchando tan campante e feliz enriba do aparello con rodas. Cando as autoridades se puxeron en contacto con ela, deixou ben claro a súa intención de non retornar ao fogar e de percorrer aldea tras aldea, iso si, sen botarse fora da comarca. Non houbo nada que facer, e a aventureira continuou coa súa viaxe.
Marido e fillo, viúvo el, foron na súa procura co fin de convencela e ela díxolles que xa non estabamos no tempo da escravitude, que abondo aguantara e que se arranxasen como puidesen; polo único que sentía era pola súa netiña de seis anos.
Agora, Rosario, dous anos despois, segue de ruta pola bisbarra, parando aquí e acolá; hoxe comendo e durmindo cunha veciña, mañá con outra; hoxe en Donís, mañá en Doiras e ao cabo de tres días en Pedrafita, sempre montada no patinete, cando a estrada o permite ou con el ao lombo. E ese deambular xa se converteu en algo normal, ata o punto que a xente está desexando que apareza, para convidala. Rosario, xa case vai para tres meses que non te achegas por aquí, e logo que nos contas?, dinlle cando chega a unha casa. E Rosario comeza a relatarlles todas as novas das que tivo coñecemento durante ese tempo de ausencia. Non lles importa que logo, cando chegue a outra lugar, vaia contando asuntos seus. Que todo sexa por poder estar ao corrente dos contos dos de Piornedo ou de Quindous.
Cando esperto xa me observan insaciables as feras, amosando todo iso que desde fóra destrúe o de dentro. Sinto e calo e ceibo un anhelo. Frouxa palabra, desposuída. Que pode importar. Levidade. Corazón que se achega á rendición das armas. Que falar xa, se ninguén agarda. Fraxilidade na insignificancia. Que importa que eu ame se a pinga cae, se o amor remata e as tebras quedan ouveando. Se o verbo agoniza. Se a voz se debilita na circunstancia.
Que pode importar, non? Mais se cabe importa. Un paporroibo canta nas arterias da aurora e a melodía esvara polo resío da noite. Un paxaro cre que todo importa. E, despois de todo, talvez estea atinado.
Cando era pequena apuntáronme a ballet, tiña os pés planos e había que compensar esa tara, domear eses pés que medraran salvaxemente e sen aterse ás normas establecidas, eu sempre fun de medrar na marxe, sen aterme ao que o mundo esperaba de min. No pouco tempo que botei naquelas clases descubrín que sempre hai quen poida pisarte incluso sen querer, polo mero feito de que entrou no teu espazo de execución.
Hoxe entraron nese meu espazo de conforto para dicirme o que se esperaba de min no meu posto, que non opinase cando non se me pedise, que non fose crítica (algo intrínseco a min dende que abrin os ollos ao mundo), que non estaba en posición de modificar nada, que as cousas eran así porque así tiñan que ser e eu… pois limiteime a ser eu, a sacar a katana de paseo, afiada e a non deixarme pisar, porque se hai algo que non sei ser é hipócrita, dáseme bastante mal e procúrame males que non estou disposta a soportar.
Os piropos foron dende “sindicalista”, “defensora de preitos pobres” a “bruta” no xeito de falar, porque se son un lindo gatiño non podo rabuñar. Síntese, os felinos rabuñan de sempre, é intrínseco a eles, vai na pelaxe, no xeito de estar no mundo, na especie.
Tiven que explicar que se unha persoa me falta ao respecto telefónicamente non vou ser eu quen lle ature os seus desatinos e se teño que dicir “porque me sae da cona”, dígoo coa mesma fachenda de quen se sabe de sangue violeta. Porque tampouco teño porque soportar de ningunha maneira que cando se fala do meu traballo se me faga a comparativa de “podes facer moi ben o teu traballo, por poñerche un exemplo: é como se lle comes o potorro ou lla chupas ben pero non sacas produción” e quedar calada, non podo, porque non son así, e porque non son prostituta, porque probablemente aínda que el me diga que ese comentario llo podería facer a un compañeiro home non é un comentario que se lle deba facer a ninguén. A katana veu de volta para a casa, ensanguentada, lévoa sempre comigo, apertada ao corpo, porque nin os domingos se pode deixar sobre a mesa, porque nunca se pode baixar a garda, porque se o meu carácter fose outro, probablemente o encontro de hoxe me fodese o domingo, mais… deume para escribir. A miúdo penso que se a xente coa que topo fose consciente de que o que di a retrata, de que está cunha francotiradora da palabra, seguro andarían con máis tino, porque unha só baila con quen lle sabe sacar o punto na fiada e xa hai tempo que decidimos que non é agora o home quen ten que levar o paso, así que dansemos. E ti, se me les, agradecida polo monólogo, mais neses casos non se aprende moito.