Convocatoria do II Certame de Debuxo Infantil A TÚA CALDALOBA

A Asociación Recreativa e Cultural de San Martiño de Pino convoca, en colaboración con Caldaloba.es e Culturalia GZ, e co apoio da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello de Cospeito, o II Certame de Debuxo Infantil “A túa Caldaloba”.

A continuación as BASES que rexerán dito certame

Descargar BASES

Descargar Autorización Menores

Convocatoria do II Certame de Caligramas CONSTANZA DE CASTRO

A Asociación Recreativa e Cultural de San Martiño de Pino convoca, en colaboración con Caldaloba.es e Culturalia GZ, e co apoio da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello de Cospeito, o II Certame de Caligramas “Constanza de Castro”.

Velaquí as BASES que rexerán dito certame

Descargar BASES

Descargar Autorización Menores

CASTIÑEIRO MILENARIO celebra os Maios e a foliada de primavera

Despois de tres longos anos, volven as foliadas a Castiñeiro Milenario.

Logo destes anos tan duros para todo o mundo, tamén para o mundo da cultura, queren deixar atrás este inverno de pandemia e festexar a volta da máis fermosa das primaveras e buscan facelo como lles presta na asociación, celebrando a vida cos Maios e con música tradicional.

O sábado 7 de maio, a partir das seis da tarde no local do Pobo da Asociación Veciñal do Castro, guiados por Branca Villares realizarán un maio, fermoso e florido, para dicir ata nunca a este longo inverno e saudar a entrada da primavera. Despois do maio contarán con Xes O Mago, un rapaciño que engaiolará cos seus trucos e que vai a actuar por primeira vez en público, algo que, sen dúbida, nos enche de orgullo e satisfacción.

Ao remate haberá uns petiscos para repoñer forzas e encarar a primeira foliada postpandémica na que contarán con Foliadeir@s do Castro, a presentación de Treitoira e despois, foliada libre.

Dadas as circunstancias especiais aconsellan intentar gardar as distancias de seguridade e o uso do tapabocas no interior do local, aínda que a idea é facer a maior parte da festa no exterior.

*Información facilitada pola asociación Castiñeiro Milenario.

Rufus Wainwright, actuación destacada nos Concertos do Xacobeo este verán en Vigo

Rufus Wainwright será unha das actuacións principais dentro do programa Concertos do Xacobeo en Vigo este verán.
As entradas para o directo que o cantante e compositor ofrecerá o sábado 2 de xullo, ás 21:00h, no Teatro AFundación de Vigo sairán á venda este xove 5 de maio, ás 12:00h, a través da plataforma online Ataquilla.com.
Trátase do único concerto en Galicia que Wainwright dará dentro da súa xira europea este 2022, cun directo en formato só para presentar os temas do seu último disco. nominado aos Grammy 2020 ‘Unfollow the Rules’, un álbum de madurez co que
o artista regresa ás salas para vivir a música en directo tras dous anos de paréntese.

NP_Rufus-Wainwright

*Información facilitada por artmusic agency

OS VIQUEIRAS en concerto na Casa-Museo Manuel María

Os Viqueiras soarán este sábado na Casa-Museo Manuel María

O grupo de música tradicional, Os Viqueiras, estarán este sábado, ás 20 horas na Casa-Museo Manuel María.

Cun repertorio moi alegre e moito del cantado, os seus concertos teñen moita forza e animan a cantar e a bailar. 

Os seus integrantes son Manuel Viqueira (gaita), Serxo Núñez (gaita e clarinete), Alberte Núñez (acordeón), Beni Frecha e José Antonio Vázquez (percusión). Serxo e Alberte tamén son integrantes de Comando Curuxás que xa estiveron pola Casa-Museo Manuel María hai uns meses.

É necesario reservar (billete 5 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621.

Deixámosvos aquí unha peza por se vos presta escoitala