Colectivo Glovo presenta a estrea de ALÉN, a súa nova creación de danza contemporánea, que poderá verse por primeira vez o 16 de xaneiro no Teatro Ensalle de Vigo. Esta estrea supón un novo fito na traxectoria da compañía galaico-portuguesa, recoñecida pola súa investigación constante entre a fisicalidade contemporánea e as raíces culturais do territorio.
Ao longo de varias das súas creacións, Colectivo Glovo foi incorporando de maneira progresiva distintos elementos do folclore galego, e de forma específica da danza tradicional galega, integrándoos nunha linguaxe escénica propia e contemporánea. Nesta ocasión, ALÉN dá un paso máis alá nesta liña de investigación, afondando de maneira consciente e específica nestes códigos.
Para esta estrea, a compañía traballou estreitamente con mestres da danza tradicional, entre eles Iván Villar, co obxectivo de afondar, ampliar e resignificar a presenza destes elementos dentro da peza. Este proceso permite que o tradicional non apareza como cita ou referencia, senón como unha enerxía viva que atravesa o corpo contemporáneo e amplifica a súa potencia escénica.
ALÉN é unha creación escénica interpretada por catro bailaríns que explora o “máis alá” non como destino, senón como proceso: ese intre no que algo remata, pero o novo aínda non tomou forma. A peza propón habitar ese territorio suspendido entre o derrubamento e o renacemento, construíndo unha experiencia poética, física e sensorial de gran intensidade.
A proposta destaca polo seu dinamismo e pola súa enerxía constante. O movemento non se detén: evoluciona, transfórmase e xera un tecido escénico en permanente cambio, reforzado por unha dimensión ritual que convida o público a mergullarse nun tempo distinto, onde a percepción se expande.
A estrea de ALÉN está dirixida e creada por Esther Latorre e Hugo Pereira, con coreografía de Esther Latorre. O elenco está formado por Esther Latorre, Paula Urquijo, Xián Martínez e Marc Fernández. A peza conta con espazo sonoro de José Pablo Polo, espazo lumínico de Xacobo Castro e vestiario de Adolfo Domínguez, entre outras colaboracións artísticas destacadas.
ALÉN é unha coprodución co Centro Coreográfico Galego – AGADIC – Xunta de Galicia, e conta ademais coa participación como coproductores de Teatro Ensalle, Concello de Lugo, Concello de Ames, El Palacio. Residencias Artísticas y Acción Cultural de Gijón, Seattle International Dance Festival, Teatro de Vila Real (Portugal) e Auditório Municipal de Macedo de Cavaleiros (Portugal).
Tras a súa estrea en Vigo, ALÉN xa ten funcións confirmadas en Lugo, O Barco, Ames, Carballo, A Coruña, Santiago de Compostela e Xixón, ademais dunha xira internacional con funcións previstas en varias cidades de Portugal e nos Estados Unidos.
Ademais desta estrea, Colectivo Glovo continúa en xira con outras tres producións recentes: TABÚ (2022), ALLEO (2022) e TRÏADE (2025), con máis de 35 funcións confirmadas ao longo de 2026 en circuítos autonómicos, estatais e internacionais, consolidando así a proxección e continuidade artística da compañía.
As entradas para a cita sairán á venda este venres 16, ás 12:00h, a través da plataformawww.ataquilla.com
O Multiusos Fontes do Sar acollerá o 28 de marzo a grande inauguración do Rapants Club, a estrea en directo do novo álbum da banda muradá The Rapants. As entradas para a concerto, no que se poderán escoitar por primeira vez ao vivo os temas do cuarto LP do grupo, poranse á venda este venres 16 de xaneiro, a partir das 12:00 horas, a través da plataforma en liña www.ataquilla.com.
Os muradáns escolleron a súa cidade de adopción, Santiago de Compostela, para dar a coñecer este novo traballo, un álbum cunha sonoridade moi especial que dá conta da evolución do grupo á vez que mantén a esencia e identidade rapante. Con Rapants Club, que verá a luz tamén no mes de marzo, The Rapants atrévese a experimentar. O cuarteto abre a porta a diferentes estilos musicais e con letras máis escuras; mais segue a por en valor o baile, as guitarras frenéticas, as sentenzas románticas e os retrousos memorables, todos eles aderezados coa naturalidade e a honestidade que caracteriza ao grupo.
A inauguración deste Rapants Club será unha gran festa para a música en directo en Galicia, na que os rapantes darán as “jrasias por confiar” no seu proxecto. A alegría, o bo rollo, os pogos e, por suposto, un intenso tráfico aéreo daranse cita o sábado 28 de marzo na pista do Sar, nun evento que conta co apoio do Concello de Santiago. Será unha noite na que, ademais de gozar dos novos temas da banda, o público e moi especialmente os ‘rapants fan juligans’ “viaxarán ao profundo” da man do grupo para vibrar con himnos que identifican a toda unha xeración.
The Rapants abre así no gran recinto indoor compostelán unha nova etapa na que explorará, sen medo, novos escenarios e retos no seu directo, logo de sumar dous anos de grandes éxitos e concertos multitudinarios desde aquel dobre ‘sold out’ que acadou en cuestión de minutos pola estrea de La máquina del buen rollo (Premio MIN ao Mellor Álbum en Galego 2024) na Sala Capitol.
Despedida de La máquina del buen rollo
Precisamente o vindeiro 28 de febreiro, un mes antes da presentación deRapants Club, os rapantes pecharán a xira de La máquina del buen rollo en Bruxelas, no marco dun evento moi querido pola banda e que deu pé ao nacemento do seu tema Rue Franklin: o Festival Emigrason. Antes da cita europea, os muradáns actuarán en Zaragoza (6 de febreiro) e Bilbao (7 de febreiro) como parte da programación dos festivais Inverfest e Negufest, respectivamente. Tres datas fóra de Galicia antes do seu regreso a Compostela, por todo o alto, o 28 de marzo.
PRESENTACIÓN RAPANTS CLUB 28 de marzo de 2026Multiusos Fontes do Sar (Santiago de Compostela) Apertura de portas: 19:00 horas
Entradas á venda o 16 de xaneiro ás 12:00 horas en Ataquilla.com
O artista “portugalego” Juan Carballo iniciou no 2026 unha nova xira para celebrar o seu XX aniversario artístico, acompañada da publicación cun novo libro e un espectáculo que combina escena e palabra. Pretende así continuar amosando o seu traballo na Galiza e Portugal, percorrendo as principais cidades, vilas e espazos culturais de referencia.
Carvalhoski – Case, case un poeta (Editorial Medulia)é o nome do novo libro que xa está disponible en todas as librarías da Galiza, e a primeira presentación será o 24 de xaneiro de 2026 ás 20:00 horas no Auditorio de Cangas de Morrazo.
A xira que arranca esta semana no Porto, coincidindo coa edición portuguesa do libro (Editorial Novembro), ten previstas datas nas dúas beiras do Miño ao longo de todo o 2026, atravesando a fronteira da lingua, publicando e actuando igualmente na Galiza e Portugal.
O formato de presentación afástase da lectura convencional para converterse nunha proposta escénica próxima ao monólogo, a medio camiño entre a performance e o recitado dramatizado, que conduce ao público por unha viaxe a través dos últimos vinte anos de creación, cheos de versos e anécdotas.
Juan Carballo é un poeta galego que transita entre o ámbito literario e o musical. Ao longo da súa traxectoria publicou poemarios e discos, ademais de realizar concertos e recitais. Cunha voz propia e recoñecible, suma nove publicacións e doce xiras desenvolvidas durante as dúas últimas décadas na Galiza e Portugal.
O Instituto de Estudos Chairegos organiza para o vindeiro venres 16 de xaneiro de 2026, ás 20:00 horas, na Sala de expsoicións do Auditorio Municipalde Vilalba, o acto de clausura da Exposición RETRATOS, unha colección de cadros pintados polo artista vilalbés Pedro Cabarcos para conmemorar o XXV Aniversario do Iescha.
Durante o acto, a autor, Pedro Cabarcos, e a debuxante e profesora no Taller Besbello, Isabel Pardo, conversarán sobre distintos aspectos relacio-nados co mundo da arte.
Para poñer o colofón ao acto, os familiares das persoas retratadas (ou as propias persoas, se é o caso) recollerán o seu cadro respectivo, facendo deste xeito á inversa do realizado no acto de inauguración.
A galería NÉBOA inaugura exposición de Pablo Quesada coa colaboración do colectivo ConTRoL
Sábado, 10 de xaneiro, ás 12:00 h | Lamas de Prado 31, Lugo
Duración da exposición: 10 xaneiro > 27 febreiro
A galería NÉBOA inaugura o vindeiro sábado 10 de xaneiro, ás 12:00 h, a exposición “Como atraer a luz e deixala dentro” de Pablo Quesada, realizada en colaboración co Colectivo ConTRoL —formado por Daniela Jándula e Mario Manso— e baixo o comisariado de Pedro Huidobro.
A mostra proponse como unha instalación que reflexiona arredor da luz e das súas formas de manifestarse no espazo, asumindo unha representación da praxe artística e convidando ao cuestionamento das formas de coñecer e de percibirnos na contorna.
I)
Para conocer ante lo que estaba, para saber realmente cuál era la naturaleza de ese elemento, medio ígneo medio fluido, que se transmitía instantáneamente de un cuerpo a otro y que podía llegar a fulminar la vida de cualquier organismo si se rompía la distancia prudente o se suministraba una carga lo suficientemente poderosa; para saber qué era la electricidad, el abate Nollet llevó a cabo una serie de experimentos que irrumpían por completo en el racionalismo metodológico de la Ilustración.
Se dice que en una ocasión llegó a reunir hasta casi 200 soldados de la guardia real francesa, los dispuso dándose la mano en forma de círculo y con un condensador de electricidad conectado a cada uno de los extremos. Cuando el circuito se activaba, todos recibían la descarga de forma simultánea y así, demostraba que en tan solo una milésima, la luz era capaz de estar en uno y todos los cuerpos al mismo tiempo. Otras veces, Nollet hacía de invitado estrella en las noches de tertulia de los salones de la aristocracia parisina guiando a los philosophers más curiosos en unos juegos de calambres y chispas. Aunque de estas y otras anécdotas Nollet fuera intuyendo lo que escondía la electricidad, su ensayo sur l’electricité des corps no despejó la incógnita, y la electricidad seguiría siendo un enigma hasta pasado un tiempo. Con todo, le bastó para establecer que esa luz reconducida recibiría el nombre de electricidad (…) del latin electrum*,que significa Ambar, que viene a referirse a la acción de un cuerpo, que se pone en estado de atraer a sí. Este afán por hacer ver lo que no se puede ver, por volver tangible lo que escapa a las manos y dotarlo de sentido hasta hacerlo predecible y manipulable, es en esencia lo que ha seguido animando el espíritu científico desde el asentamiento del racionalismo en el pensamiento occidental. Ahora, después de haber alcanzado un saber plenamente científico sobre lo que es la luz, resulta interesante la idea de imaginar un lugar ajeno al de la ciencia desde el que repensar estas nociones, que esté desposeído de cualquier técnica o utilitarismo y que dé pie a narraciones prendidas de magia, en el sentido mítico de la palabra. Se trata de preguntarse si podemos adoptar una forma de ver parecida a la de Nollet, donde en lugar de teoría y razón, haya juego y experimento, y donde el procedimiento en sí sea la premisa y la conclusión de la práctica.
II)
Ya lo sabemos, la luz no se antoja a nuestra sensibilidad como el resto de cosas que comparten el reino de lo material. Junichiro Tanizaki se asombraba de que en Occidente fuera la luz y no la sombra lo que determinaba las cosas y su belleza. Para el japonés, lo importante era aquello que quedaba delineado por lo que niega la luz, lo que vela o lo que cubre. El brillo de las vasijas europeas y el gusto por lo plateado andaba lejos de aquellos objetos lacados pensados para ser vistos en ambientes oscuros. Del mismo modo, los biombos o los farolillos semiapagados, o los tejados alargados que vierten la sombra sobre las casas tradicionales japonesas, nos hablan de una forma antagónica a la nuestra a la hora de manifestar la realidad. El fondo es parecido al de un problema escolástico, ¿lo que se ve es lo que se revela o lo que ha sido negado en su contorno? En cualquier caso, el espacio ha sido y siempre será un condicionante, en lo material y en lo ideal, de lo que se es. Es por eso que la luz es capaz de hacer y deshacer, tomando forma al proyectarse, cogiendo volumen al posarse, y haciendo desaparecer lo que no queda iluminado. Esta tensión entre lo que puede ser y lo que acaba siendo, fruto de estar entre lo ideal y lo matérico, es una forma de devolver la mirada al acto creativo. La praxis artística se plantea de este modo como una situación análoga a la forma en que la luz se comporta con el resto de la materia: la materia inconsistente que son la idea y la problemática de un asunto íntimo y vital se desenvuelven hasta materializarse y constituirse en una obra de arte, objetual y concreta.
III)
Al recorrer el circuito de luz con el que ConTRoL (Daniela Jándula y Mario Manso) y Pablo Quesada han intervenido la galería NÉBOA, damos con un anhelo revivido de la confabulación en torno a la luz. Las lentes de ConTRoL (Daniela Jándula y Mario Manso) han sido esparcidas por el espacio con el propósito de rebotar y redirigir un halo de luz que, como en los juegos experimentales de Nollet, se reconduce y se transmite de un cuerpo a otro. Los cristales son apuntes prácticos a las estructuras de Pablo Quesada, como si hicieran de ornamento a un armazón ya montado y la pieza en sí fuera una sustancia variante en función de la luz que reciba y contenga. El conjunto se articula como un todo inseparable, confeccionado específicamente para Como atraer la luz y dejarla dentro proponiendo una instalación que reflexiona acerca de la luz y sus formas de manifestarse en el espacio asumiendo una representación de la praxis artística e invitando al cuestionamiento de las formas de conocer y percibirnos en el entorno.
Pedro Huidobro
Comisario
*Jean Nollet, Ensayo sobre la electricidad de los cuerpos, trad. esp., Madrid, edición facsimilar / editorial histórica, s. f. [obra original de 1746]
O trío transforma a ferida histórica da vergoña lingüística nun canto de resistencia e dignidade colectiva, nun momento crítico para o futuro do galego Lonxe do derrotismo, Lumedoloop pon o “trono, lóstrego e mailo raio” para “quen renegue do galego” neste novo manifesto, que funciona como catarse colectiva que nomea a ferida da vergoña para transformala en orgullo activo
Lumedoloop, unha das propostas máis sólidas e coherentes do hip hop galego, publica este venres Non Traio Un Laio, o terceiro adianto do seu álbum (Re)existencia. O tema, xa dispoñible nas plataformas dixitais, constitúe un manifesto musical contra a submisión lingüística, presentado como resposta artística á crise demográfica que atravesa a lingua galega. Con Non Traio Un Laio, Lumedoloop reafírmase como unha voz necesaria nun tempo de urxencia cultural: un proxecto que converte o rap nunha ferramenta precisa para o compromiso artístico.
“Non traio un laio. Traio un manifesto”, afirma Jamas, voz e letrista do trío. “Durante séculos, fixéronnos crer que a nosa voz valía menos. Agora tócanos berrar máis forte”, asevera. Así, lonxe do derrotismo, Non Traio Un Laio funciona como catarse colectiva que nomea a ferida da vergoña para transformala en orgullo activo. A canción sitúase nun contexto de alarma demográfica ao tomar como referencia os recentes estudos que sinalan un descenso acelerado de galegofalantes, especialmente entre as xeracións máis novas.
Este terceiro manifesto de Lumedoloop, o trío conformado por Jamas, Møu e DJ Mil constrúese como un percorrido emocional que vai da vergoña ao orgullo, nomeando sen ambigüidades a submisión aprendida para logo desmontala. A letra atravesa imaxes duras e memorables -”Seguimos na mesma, baixando a cabeza, arrastrados como lesmas que intentan cruzar a autoestrada e piden perdón logo de ser aplastadas”-, proclamas de afirmación soberana -“para todo aquel que renegue do galego traio o trono, o lóstrego e mailo raio”-, momentos de intimidade reivindicada e escenas de transmisión interxeracional que sitúan a lingua no ámbito do afecto, do corpo e do futuro.
A nivel sonoro, Møu traza este percorrido cun beat sólido e hipnótico, de base electrónica e pulsión break, mentres DJ Mil achega a dimensión táctil e o pulso rítmico mediante uns scratches dinámicos e cirúrxicos.
Un videoclip pixelado para denunciar a vixencia do conflito lingüísticoO sinxelo chega acompañado dun videoclip realizado porA. L. Crego, creador dixital recoñecido internacionalmente e quen asina tamén o vídeo do primeiro manifesto , Rico de Sabor. A peza audiovisual presenta a DJ Mil, Møu e Jamas nun espazo escuro e simbólico, cunha estética de pixel art que remite aos videoxogos de comezos dos anos 90.
O uso da pixelación vai alén dunha decisión estética e funciona como metáfora conceptual: «É unha identidade fragmentada. As nosas caras están pixeladas para amosar a ferida, non para ocultala», explica Jamas. Ao mesmo tempo, esa linguaxe visual de inspiración vintage «opera como un recordatorio incómodo: o conflito lingüístico pode parecer obsoleto, propio doutra época, pero segue plenamente vixente».
Lumedoloop
Lumedoloop nace do encontro entre tres figuras fundamentais do hip hop galego. Por unha banda, Jamas (voz principal), un dos MCs máis carismáticos dos nosos escenarios, cun estilo que mestura contundencia e sensibilidade, posuidor dun flownatural cargado de musicalidade e forza explosiva. Pola outra, Møu (produción musical e voz), o produtor que marcou a evolución do rap en Galicia, cunha identidade sonora tan asentada coma en constante exploración. Ambos, integrantes e fundadores de Dios Ke Te Crew, alíanse neste proxecto artístico con DJ Mil (scratches e djing), virtuoso dos pratos cunha carreira consolidada cuxos cortes e seleccións son parte esencial da narrativa sonora de Lumedoloop.
Desde o seu nacemento, Lumedoloop está a trazar o camiño que marca (Re)existencia, o seu álbum debut que verá a luz o 20 de febreiro. Trátase dun traballo conceptual que propón unha fonda reflexión sobre o significado de vivir con conciencia e sobre a creación artística como ferramenta de resistencia, pensamento crítico e celebración colectiva. Cos primeiros avances -ou manifestos-, titulados Rico de Sabor e Rap Cru, o trío abordaba a loita pola dignidade vital e a celebración da creación pura como acto de renacemento. Neste Non Traio Un Laio, os artistas erguen a voz contra a submisión lingüística, o desarraigo cultural e a favor do apoderamento da lingua galega.