Cómpre reservar sitio nas mesas que vai pór a organización antes das 17 horas do 7 de xullo a través do whatsapp 698177621 ou por correo electrónico contacto@casamuseomanuelmaria.gal.
A saída do autobús realizarase dende as inmediacións da Casa da Cultura de Vilalba, e está programada para as 8:30 horas do domingo 5 de xullo de 2026.
Nesta ocasión, contaremos co acompañamento de NOELA FEAL, guía oficial de Tirismo e artesá, e xirará en torno ao seguinte
Programa de referencia:
08:30h.- Saída de Vilalba hacia Candaoso (Boimente-Viveiro).
09:50h.- Chegada ao Curro de Candaoso, para presenciar a baixada dos animais que participarán na tradicional RAPA DAS BESTAS DO CURRO DE CANDAOSO.
11:45h.- Saída hacia Viveiro, para facer un percorrido panorámico en autobús por COVAS e CELEIRO.
12:30h.- Percorrido a pé polo casco vello de CELEIRO
13:00h.- Tempo libre por CELEIRO (paseo, praia, peirao vello e zona de viños)
14:15h.- Subida en autocar hacia o Monte San Roque, con tempo para disfrutar das vistas dende o miradoiro.
15:30h.- Hora prevista do xantar na Parrillada San Roque: Monte de San Roque (609 282 704)
Menú: empanada, churrasco, tarta xeada, viño, agua e café
17:30h.- Regreso a VIVEIRO para realizar visita comentada polo casco histórico.
19:00h.- Tempo libre por Viveiro.
20:00h.- Fin da visita e regreso a Vilalba.
O custo por participante (inclúe comida, guía e autobús), fixouse en 35 € para SOCI@S, e 40 € para NON SOCI@S.
As persoas interesadas en participar na Ruta poderán inscribirse, como máximo ata o mércores 1 de xullo de 2026, enviando unha mensaxe á conta de correo do IESCHA, estudoschairegos@gmail.com. Tamén poden facelo chamando aos teléfonos: 686-451501 // 651-361628, ou comunicalo directamente a calquera membro da Xunta Directiva. (Recoméndase indicar calquera circunstancia que haxa que ter en conta durante a xornada).
O Instituto de Estudos Chairegos, continuando co desenrolo do programa de actividades do presente mes de xuño, organiza, coa colaboración co Concello de Vilalba un concerto de música tradicional a cargo do grupo OS VALUROS de Castro de Rei, dentro do Programa TRADIGALU convocado e financiado pola Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo para o presente ano 2026.
O acto terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba, o sábado 27 de xuño de 2026, ás 20:00. A entrada será de balde, pero haberá que facer reserva de localidades (entradasvilalba.es).
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) organiza, coa colaboración do Concello de Vilalba, a palestra sobre MEMORIA DEMOCRÁTICA, impartida por Xavier Fernández Rodríguez, que estará acompañado pola presidenta do IESCHA, Marisa Barreiro.
O acto terá lugar o venres 26 de xuño de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) organiza, coa colaboración do Concello de Vilalba, unha actividade divulgativa arredor da relación entre a astronomía e a sétima arte, baixo o título de Cinefórum ECLIPSES NON CINEMA, que contará coa participación de Martin Pawley, crítico e programador de cinema, divulgador cultural e coordinador dos grupos de traballo sobre contaminación luminosa e diversidade da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.
A presentación correrá a cargo da presidenta do IESCHA, Marisa Barreiro.
O acto terá lugar o xoves 25 de xuño de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.