Instituto de Estudos Chairegos, continuando co desenrolo do programa de actividades do presente mes de xuño, organiza, coa colaboración co Concello de Vilalba un concerto de música tradicional a cargo do grupo OS VALUROS de Castro de Rei, dentro do Programa TRADIGALU convocado e financiado pola Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo para o presente ano 2026.

O acto terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba, o sábado 27 de xuño de 2026, ás 20:00. A entrada será de balde, pero haberá que facer reserva de localidades (entradasvilalba.es).

NOTA_INFORMATIVA_TRADIGALU