
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) organiza, coa colaboración do Concello de Vilalba, a palestra sobre MEMORIA DEMOCRÁTICA, impartida por Xavier Fernández Rodríguez, que estará acompañado pola presidenta do IESCHA, Marisa Barreiro.
O acto terá lugar o venres 26 de xuño de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
