O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) organiza, coa colaboración do Concello de Vilalba, unha actividade divulgativa arredor da relación entre a astronomía e a sétima arte, baixo o título de Cinefórum ECLIPSES NON CINEMA, que contará coa participación de Martin Pawley, crítico e programador de cinema, divulgador cultural e coordinador dos grupos de traballo sobre contaminación luminosa e diversidade da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.

A presentación correrá a cargo da presidenta do IESCHA, Marisa Barreiro.

O acto terá lugar o xoves 25 de xuño de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.