O Concello de Vilalba convoca o Certame de Poesía Infantil NADAL 2017

O Concello de Vilalba convoca o Certame de Poesía Infantil NADAL 2017

A Biblioteca Municipal de Vilalba, convoca como cada ano por estas datas o Certame de Poesía Infantil “Nadal 2017” (fase local), Certame que consta de tres categorías: A, ata 8 anos; B, de 9 a 11 anos; C, de 12 a 16 anos. Aberto o prazo para a presentación dos poemas ata o 22 de decembro, na propia Biblioteca Municipal de Vilalba.

Pode obter as bases e folla de inscrición na web do concello ou recollelas na propia Biblioteca. Ou a través dos seguintes enlaces: bases e folla de inscrición.

Horario da Biblioteca Municipal: mañas de 10h a 13h e tardes de 16.30h a 20.30h de luns a venres.

 

*Achega da información dende a Área de Cultura do Concello de Vilalba

Acto de entrega Premio VILARIÑAS por Antón de Guizán

CERTAME DE MICROPOESIA “VILARIÑAS”

 

Dia: sábado 2 de decembro

Hora: 18:30 horas

Lugar: Igrexa parroquial de San Vicenzo dos Vilares (Guitiriz)

 

 

 

 

 

 

Presenta: Martiño Maseda

Interveñen:

Regina Polín/Alcaldesa de Guitiriz

Antón Tenreiro/Presidente da A.S-C. Lareira de soños

Alfonso Blanco/Presidente de Xermolos, depositária do legado de Diaz Castro.

Fátima Fernández/NPG Nova Poesia Guitirica

Sandra Tenreiro/Cantautora e mestra, entrega 3° prémio.

Luz Campello/Poeta, entrega 2° prémio

Marica Campo/Poeta, mestra, entrega 1° prémio

Toño Núñez, 3° clasificado

Pedro Rielo, 2° clasificado

Andréa Araújo, Gañadora do certame VILARIÑAS.

 

https://www.facebook.com/events/708297036034718/?ti=cl

http://culturaliagz.com/entrega-de-premios-do-certame-vilarinas-2017

Os Vilares, lareira de soños
dosvilares@gmail.com
+34 662 183 149
www.dosvilares.com
www.facebook.com/osvilares
twitter@dosvilares1

 

Entrega Premio VILARIÑAS. Entrevista a Antón de Guizán en Radio Principal Vilalba

GUNTINA

Guntina de ollos cansados

mans aterecidas polas xeadas

Guntina pel labrega corazón nobre

fortes entrañas.

Criaches seis fillos como antes

ao carón da estrume e das pallas.

Ulías a aldea recendo de esperanza

no San Martiño a matanza,

no San Xosé festa e xuntanza,

no San Xoán lume e milincrocas,

polo Carmio arume de herba seca.

 

Guntina de ollos cansados

fuches a nai da terra.

Agora só hai toxos e codesos,

xestas e carqueixas.

A fraga inzada de acebos,

sotos de nombres bidueiras,

carballeiras enchoupadas

anegadas coa folla seca.

 

Terra, terra e máis terra…

A casa nova, a casa vella

o forno e mais a adega.

Eras avoa a nai da terra

que a pariches co suor

carregando na cabeza

a auga da fonte do Espiño

na sella.

 

Espigando o millo

agardando a sega

e mallar o trigo na aira,

que gran festa!

Que grandes palleiras

e tantas as fanegas,

do pan sementado e suado.

 

Unhas eran para pagar traballos,

outras para pagar as rendas,

outras ías moer o avó Xosé

no muíño do Queimado,

para amasar o pan do xantar

na artesa vella.

 

Eras a nai da miña nai,

da miña terra

Marchaches un día, dende entón,

ela sempre me lembra

a túa ausencia.

 

 


Nesta nova etapa do camiño
controvertida e serena.
Atormentada pola dor
adormentada en rebeldía
coa curiosidadde esperta
nos sentidos, nos instintos,
na procura de emocións perdidas
inconexa a palabra liberada
no seguinte capítulo omnisciente
da existencia.
Busco in itínere a lúa de Méliès
un lugar sen atmosfera
un agasallo sen medo
una viaxe sen retorno
á cara oculta de Selene.
PILAR MASEDA.

POEMAS CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA. NPG e Outros Autores.

POEMAS CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA. NPG e Outros Autores.

  1. Para conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero o grupo poético NPG Nova Poesía Guitirica levou a cabo a iniciativa de pendurar nas farolas poemas cuxa temática estaba relacionada con esta lacra social, que atenta contra a esencia fundamental da muller como ser humano.

E agora ditos poemas pasan a formato dixital para que poida gozar coa súa lectura todo o mundo.

Velaí o enlace para descargar os Poemas contra a Violencia Machista da NPG Nova Poesía Guitirica e que formaran parte na súa maioría da iniciativa citada de comezos de ano de #PoemasPenduradosDeFarolas e #EnNegroContraAViolenciaMachista. Ademais dos poetas escritos polos integrantes da NPG, tamén aparecen doutros autores coma Emilia Martínez Fuentes, Toño Núñez, o vilalbés Martiño Maseda, o gañador da primeira edición do Premio de Poesía Xosé María Díaz Castro, Raúl Gómez Pato e, por suposto, o vilarego universal Xosé María Díaz Castro.