Xa temos data para a entrega dos premios do #CertameVilariñas 2017. Será o 2 de Decembro, sábado ás 18:30 na igrexa dos Vilares (Guitiriz). Andrea Araújo Alonso, Pedro Rielo Lamela e Toño Núñez serán agasallados con unha peza única da artista Viki Rivadulla, num acto poético coa participación de representantes da cultura e da poesia chairega na igrexa na que foi bautizado o poeta Díaz Castro.
Abundante foi a participación nesta primeira edición do Certame das Vilariñas 2017 convocado pola Asociación Sociocultural Lareira de Soños e o colectivo poético NPG (Nova Poesía Guitirica), para honrar a figura de Xosé María Díaz Castro, o gran poeta galego nacido precisamente na parroquia de Os Vilares en Guitiriz. Igualmente foi elevada a cifra de Vilariñas presentadas ao citado Certame. Autores noveis nestas lides poéticas competiron ao carón de autores xa consagrados.
E tal e como se anunciara, Culturalia GZ tivo a honra de encargarse da publicación de todas as Vilariñas, tanto as que resultaron gañadoras como as restantes que participaron no concurso, pero que non obtiveron galardón.

FALLO I CERTAME VILARIÑAS
O Primeiro Prêmio corresponde a Andrea Araújo Alonso, da Guarda e residente en Tomiño é a gañadora do Primeiro Certame de Micropoesía da Chaira coa vilariña “Teño un pintor”. Andrea estuda artes escénicas na Escola Superior de Vigo.
O segundo premio foi para o xornalista Pedro Rielo Lamela, de Pontevedra, coa vilariña “Gran carballo”.

En terceiro lugar, o profesor e escritor Toño Núñez Álvarez, de Navia de Suarna e residente en Lugo, coa vilariña “Abrín os ollos”.
As 150 Vilariñas, de grande nivel, recibidas de distintos lugares da xeografía galega e publicadas en www.culturaliagz.com.
Para a entrega de premios organizamos un acto poético público o sábado. 2 de decembro na igrexa dos Vilares ás 18:30 da tarde. Encargarase de facer a entrega as poetas chairegas Marica Campo e Luz Campello e a cantautora e mestra Sandra Tenreiro num acto conducindo por Martiño Maseda.
Tanto pola participación como pola calidade dos poemas, consideramos un éxito esta primeira edición das Vilariñas cuxo nome, en homenaxe ao poeta dos Vilares, e en concreto do lugar do Vilariño, conta xa con outra proposta poética orixinal e aberta á participación de quen o desexe pola súa sinxeleza.
A dificultade da escolla dos premiados é a demostración da alta calidade das Vilariñas apresentadas a este certame creado pola NPG Nova Poesía Guitirica e a Asociación Sociocultural Lareira de Soños dos Vilares.

*Máis información nos seguintes enlaces:

http://www.blogoteca.com/antonte/index.php?cod=148174

Antón Tenreiro Ferreiro
ANTÓN DE GUIZÁN
antontenreiro@gmail.com
www.blogoteca.com/antonte/
+34 662 183 149