por martinho | Feb 13, 2024 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Xeral
O próximo venres 16 de febreiro, ás 18,30 h, na Casa da Cultura de Antas de Ulla será presentado o libro Toponimia de Antas de Ulla, obra da investigadora seoanesa Andrea Santiso, co-coordinadora da sección de Filoloxía, Literatura e Toponimia do IEU.
Intervirán na presentación a alcaldesa de Antas, Pilar García Porto, o presidente da Real Academia Galega, Victor Freixanes, os especialistas en toponimia Ana Boullón e Antón Santamarina, e a autora do libro.
por martinho | Feb 13, 2024 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Outras Artes, Xeral
QUERO VER O MAR-HOMENAXE A ROSALÍA
CONFERENCIA
“ROSALÍA DE CASTRO, DE ONTE A HOXE”
Impartida por PILAR GARCÍA NEGRO
VENRES 16 DE FEBREIRO DE 2024 – 20:00 H.
CASA DA CULTURA DE VILALBA
O Instituto de Estudos Chairegos, dentro dos actos que durante os meses de febreiro e marzo ten programados en homenaxe a Rosalía de Castro baixo o título de QUERO VER O MAR-HOMENAXE A ROSALÍA, organiza o venres 16 de febreiro de 2024, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, a CONFERENCIA “ROSALÍA DE CASTRO, DE ONTE A HOXE”, que será impartida por PILAR GARCÍA NEGRO, profesora honoraria da USC e escritora, contando tamén coa presentación de MARISA BARREIRO, presidenta do IESCHA.
NOTA_INFORMATIVA_PILAR-GARCIA-NEGRO-copia