Propostas do IESCHA remitidas ao Concello de Vilalba
Recentemente o Instituto de Estudos Chairegos remitiu á Sra. Alcaldesa do Concello de Vilalba o seguinte escrito:
“En reunión de Xunta Directiva do Instituto de Estudos Chairegos-IESCHA celebrada o pasado día 7 de agosto do ano en curso, acordouse, entre outros asuntos, remitir escrito a ese Concello cos seguintes puntos:
1.- Manifestarlle os nosos parabéns a Vde., como nova Alcaldesa de Vilalba, así como ao seu Equipo de Goberno, desexando que nesta nova etapa que comeza podamos manter unha recíproca e cordial colaboración entre as dúas entidades.
2.- Pregarlle que propoña á Corporación Municipal que Vde. preside a adopción dos seguintes acordos ralacionados con dúas emblemáticas personalidades chairegas imprescindibles no ámbito literario galego:
–Dar o nome de MANUEL MARÍA á Casa da Cultura de Vilalba (proposta xa realizada noutras ocasións).
– Dar o nome de AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ á Biblioteca Pública Municipal de Vilalba.”
O que poñemos en coñecemento da opinión pública.
*Información facilitada polo IESCHA.