por martinho | Sep 18, 2019 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Xeral
En Castiñeiro Milenario comezamos un novo ciclo de teatro. A sétima edición comeza coa obra da compañía A Adala Infantil. A compañia de Foz, composta por rapaces e rapazas van representar “Que cousas pasan no Camiño!”. Será o sábado 21 de setembro ás seis da tarde na Casa do Pobo do Castro (Begonte). A representación está incluída no programa Buxiganga na Deputación de Lugo.
Toda a información podedes atopala na nosa páxina web (https://castinheiromilenario.wordpress.com/2019/09/16/ciclo-de-teatro-a-adala-infantil/)
AC
Castiñeiro Milenario
Pacios, 85 27373 Begonte
http://castinheiromilenario.wordpress.com
https://gl-es.facebook.com/castineiro.milenario
https://twitter.com/CastinheiroMile
https://www.flickr.com/photos/castinheiromilenario/
http://festival27373.wordpress.com/
por martinho | Sep 18, 2019 | Autores/as, Novas, Xeral
A nova programación cultural promove citas de música e teatro en galego.
O goberno local presenta o programa dos meses de setembro, outubro e novembro con espectáculos para todos os públicos.
“Esta proposta cultural está moi meditada e coidada para que chegue a toda a veciñanza e promova os valores de igualdade e de respecto e orgullo polo noso, ademais de tocar varios xéneros musicais”
Enlace á nota de prensa.
O goberno vilalbés
vén de presentar a programación dos vindeiros meses no eido cultural. Setembro,
outubro e novembro veñen cargados de “cultura con maiúsculas”, nunha aposta do
novo executivo por “avivar a nosa lingua con espectáculos de calidade” tanto en
concertos musicais como en obras teatrais.
Segundo vén de
explicar a concelleira de Cultura, Vanesa Siso, “cada unha das eleccións que se
inclúen neste programa está meditada, cunha proposta coherente e diversa que
trasladamos á veciñanza con obxectivos didácticos e tamén de desfrute”. Neste
senso, aparecen citas musicais protagonizadas por mulleres galegas como as
Malvela ou Guadi Galego, que presenta o seu novo disco, “facendo fincapé no mes
de novembro, dedicado especialmente a todas as mulleres” con obras teatrais
como Bernarda Vilalba, ambientada na época de posguerra, ou Invisibles, unha
adaptación da novela de Montse Fajardo con testemuños de mulleres que sufriron
violencia machista. “Tamén queremos pensar nos máis pequenos e pequenas para
que aprendan a través da cultura os valores da igualdade e respecto pola nosa
terra, con obras como MaiMai sobre o quentamento global, ou Ela, unha obra para
público familiar sobre o mundo artístico da pintora Maruxa Mallo”. Nesta liña
de sensibilización e visibilidade tamén se enmarca Elisa e Marcela, sobre o
primeiro matrimonio de mulleres que tivo lugar en A Coruña, datado no 1901.
Tamén haberá
espazo para xéneros musicais con grupos máis aló das nosas fronteiras, como
Morgan, a banda madrileña de pop-soul que repunta en moitos dos carteis de
festivais a nivel estatal, e La porteña tango, un espectáculo integral cunha
visión renovada do tango arxentino.
Neste programa
tamén se inclúen obradoiros e faladoiros do programa Ler conta moito para
bibliotecas, financiado cos fondos do Pacto de Estado contra a violencia de
xénero. Tal é o caso de Bolboretas, para público infantil, 8M(ulier), unha
narración oral para persoas adultas, e o obradoiro a cargo de Eli Ríos sobre
diversidade sexual na adolescencia.
Ademais da
iniciativa do Concello, “agradecemos a organización doutras xornadas e
espectáculos a entidades como o IESCHA, e a colaboración e bo traballo da
Escola Municipal de Teatro e o Centro Ocupacional de Vilalba, que actuarán
sobre o escenario do Auditorio Municipal proximamente”. O Instituto de Estudos
Chairegos organiza a actuación de Habelas Hainas, un grupo de música galega no
Día da Cultura Chairega, así como de Berta Franklin, outro grupo con raíces
locais que mestura soul americano con novos estilos. Tamén presentan obras de
teatro como Toluras de proveito e as fillas de Eva, ademais de anunciar unhas
xornadas de teatro e literatura para o 22 e 23 de novembro que confirmarán polo
miúdo en vindeiras datas.
Finalmente, a través do programa Proscenio da Deputación de Lugo, tamén chegarán a Vilalba dous teatros de títeres, The Piccole Theatre, e Belarmina, a fabulosa velutina. O goberno local espera unha boa acollida de toda a programación, “animando a todas as persoas a que acudan a estas citas”.
*Información achegada desde a área de Comunicación do Concello de Vilalba.