NPG, Lareira de Soños e Culturalia GZ comezan o seu outono cultural, por Antón de Guizán

NPG, Lareira de Soños e Culturalia GZ comezan o seu outono cultural, por Antón de Guizán

NPG Nova Poesía Guitirica, Os Vilares lareira de soños e a plataforma Culturalia GZ comenzan con forza o Outono.

Participan da organización o vindeiro sábado en San Sadurniño do II RECITAL DE POESÍA EN FEMININO, o domingo 16 a I TOMA CULTURAL DE CALDALOBA e o último venres de setembro ou o primeiro de Outubro (pendente de concretar), a presentación do novo disco de Xardín Desordenado en Guitiriz nun programa de presentacións de novidades literarias, plásticas e musicais que chamarán “Do trinque”.

No recital de San Sadurniño estas entidades chairegas encárganse conxuntamente té coa concellaría de igualdade do concello da organización do evento, que acadou un notábel éxito na súa primeira edición hai un ano, e na cal ademáis aportan un grupo de poetas chairegos e da provincia luguesa.

A I TOMA CULTURAL DE CALDALOBA, En colaboración coa asociación cultural e recreativa de Pino e co concello de Cospeito, vai ser unha aposta por novas ideas que sairán deste encontro ademáis de reivindicar a recuperación do noso patrimonio. Constará de marcha guiada á Torre de Caldaloba, música, poesía, arte, e audiovisual e xantar de confraternidade no que ademáis de gozar da amizade nun lugar emblemático, será unha riada de ideas a desenvolver no futuro. O encontro contará con un Manifesto literario. artístico e musical (Manifesto de Caldaloba).

Ademáis das mencionadas actividades da fin de semana, créase unha nova que se irá desenvolvendo no tempo e que consiste na presentación de novidades literarias, artísticas e músicais c@s própri@s autores/as e que se chamará “Do trinque”. A primeira será a presentación do novo traballo discográfico de Xardín Desordenado (tamén musicado poemas de Díaz Castro e Manuel María) na Casa Habanera de Guitiriz no último venres de setembro ou no primeiro de outubro. Asimesmo, a mediados de Outubro darase a coñecer o fallo do Certame Vilariñas 2018 adicado este ano a Alfonso Blanco.

Está semana pecha tamén a inscrición nos cursos da UNED SÉNIOR, aos que NPG e CulturaliaGZ aportan tres obradoiros, de poesía, narrativa e pintura. Máis actividades serán anunciadas após da I TOMA CULTURAL DE CALDALOBA…

Concerto de LOS SECRETOS no Auditorio Municipal de Vilalba

Concerto de LOS SECRETOS no Auditorio Municipal de Vilalba

O venres 14 de decembro “Los Secretos” descóbrennos as súas raíces en formato acústico no Auditorio Municipal Carmen Estévez de Vilalba ás 21:30 horas.

Tras a súa Xira Aniversario “Unha vida ao teu lado”, o mítico grupo madrileño, neste outono-inverno, volven mostrarnos o mellor da súa música, desta volta nun delicioso e elegante formato acústico.

Unha vez máis demostran que se adaptan a todos os formatos e deixan claro que esta viaxe, lonxe de concluír, aínda ten moito por percorrer.

Por iso, a banda retorna aos escenarios do país con esta interesante proposta para continuar co seu camiño, un camiño en formato acústico que, seguro, deleitará aos seus grandes seguidores e a todos aqueles que nunca visen a este grupo en directo.

Porque fóra de modas e tendencias, “Los Secretos” seguen co seu son único, agora en acústico.

Lugar: Auditorio Carmen Estévez

Data: Venres 14 de decembro 2018

Hora: 21:30h.

Apertura portas: 21:00h

Entrada anticipada: 18€

Entrada taquilla: 22€

Entradas á venda a partir do luns 10 de setembro en www.ataquilla.com e na Casa da Cultura de Vilalba

Evento con butacas númeradas.

 

*Información facilitada pola área de Cultura do Concello de Vilalba.