I Ciclo de Cine Galego de Castiñeiro Milenario

Vimos de presentar o I Ciclo de Cine Galego organizado por Castiñeiro Milenario.  Neste Ciclo poderemos gozar da proxección de catro filmes de temática variada, pero que en todos os casos ten unha forte implicación social. Cine no que poderemos ver como eran aqueles mariñeiros que embarcaban e levaban a nosa música tradicional polos confíns do mundo; como un caso de corrupción e de explotación feminina fai tremer toda unha sociedade como a lucense co Caso Carioca, tan de actualidade estes días; como uns mozos chegan a unha pequena parroquia galega para intentar coñecer a súa profunda idiosincracia e para rematar, poder coñecer ao gran Camilo de Dios, unha personaxe loitadora pola liberdade e polo recoñecemento da memoria histórica.

Catro películas que chegan a Begonte, grazas á xenerosidade dos directores e directoras que as fixeron e que non puxeron nin un só atranco para a súa proxección.

Estades convidad@s a esta nova andaina cultural de Castiñeiro, agardando que sirva para gozar do cine, para falar de cine e da realidade que nos trasmiten estes catro filmes: Dos Gaiteiros do mar de Xurxo Souto e Martín Rodas; Benvidas ao Club de Carmen Granxeiro; Entrar aos Vilares de Cibrán Tenreiro e Camilo, o último guerrilleiro de Alba Sánchez.

Toda a información sobre as películas, datas e lugares de proxección está no nosa páxina: https://castinheiromilenario.wordpress.com/2019/03/27/i-ciclo-de-cine-galego/

AC Castiñeiro Milenario
Pacios, 85 27373 Begonte
http://castinheiromilenario.wordpress.com
https://gl-es.facebook.com/castineiro.milenario
https://twitter.com/CastinheiroMile
https://www.flickr.com/photos/castinheiromilenario/
http://festival27373.wordpress.com/