O novo sinxelo da banda alternativa galega, “unha crítica aos gurús de Internet 

que tratan de guionizar as nosas vidas”, poderá escoitarse desde a noite deste xoves, 

22 de xaneiro, en todas as plataformas dixitais: https://orcd.co/arrhythmiamesiass 

mesIAs experimenta cos ritmos máis bailables da música electrónica, 

mesturados co son habitual de Arrhythmia, que bebe do metal, o rock e o rap, 

en galego e sen filtros, a golpe de forza e detalle

“O noso novo tema é unha crítica aos gurús de Internet que tratan de guionizar as nosas vidas e tamén é un xeito divertido de dicirlles que nos deixen en paz”. Sen perder un ápice da súa esencia directa, fresca e combativa, Alberto Busco fala do novo adianto da súa banda Arrhythmia. Con mesIAs (Galunk Produccións, 2026), a troupe galega xoga e “experimenta cos ritmos máis bailables da música electrónica, mesturados co noso son habitual”. Este novo sinxelo poderá escoitarse, desde a noite deste xoves, 22 de xaneiro, en todas as plataformas dixitais: https://orcd.co/arrhythmiamesiass

O tema ven acompañado dun oneshoot que poderá verse contra este mediodía nas redes sociais e na canle oficial de YouTube da banda:

O SILENCIO FOI SÓ UN PRELUDIO… DE ‘CERO’, O PRÓXIMO EP DE ARRHYTHMIA

Durante un tempo, o escenario gardou silencio, pero a banda lucense non. Arrhythmia pasou o último ano pechada no estudo, construíndo un novo capítulo con calma, forza e claridade de ideas. Lonxe de desaparecer, decidiron parar o ruído exterior para escoitarse a si mesmos.

O resultado: esta nova etapa da troupe alternativa galega que mantén a enerxía e o discurso que sempre a definiu, pero cun son máis afinado e unha identidade aínda máis sólida. A evolución verase reflectida nun novo EP, do que xa se coñece o título, CERO, e que verá a luz o día 12 de marzo de 2026.

Amnesia (Galunk Producións, 2025) foi o primeiro adianto deste novo traballo, publicado o pasado mes de abril de 2025, e que confirmou o que moitos intuían: Arrhythmia segue a ser unha das propostas máis singulares e queridas da escena alternativa galega. 

Xa en novembro de 2025, a banda presentou o segundo sinxelo deste novo EP, baixo o título Insaciables, en colaboración co grupo de rap galego Rebeliom do Inframundo. 

Agora, chega o terceiro adianto de CEROmesIAs (Galunk Producións, 2026), dispoñible para a súa escoita desde a noite deste xoves 22 de xaneiro nas plataformas dixitais:

https://orcd.co/arrhythmiamesiass

Con este novo lanzamento, Arrhythmia amosa de novo que non volve, porque en realidade nunca marchou; simplemente, estaba collendo aire para volver golpear con máis forza.

ARRHYTHMIA, CANDO O RUIDO É UNHA LINGUAXE QUE LLE DA SENTIDO AO CAOS

Desde Lugo, Arrhythmia leva anos convertendo o ruído en linguaxe. A súa música nace da fricción entre mundos: o metal e a electrónica, o rap e o rock, a forza e o detalle.

En galego e sen filtros, constrúen cancións que son descarga e reflexión ao mesmo tempo, espello dunha xeración que pensa e latexa a outro ritmo. Recoñecidos con dous Premios Martín Códax da Música –en 2018 á mellor banda de metal galego e, en 2023, como mellor banda heavy e metal–, foron quen de erguer un son propio, ás veces brutal, ás veces hipnótico, e sempre honesto.

O seu LP I (2022), financiado grazas ao apoio directo da súa comunidade, marcou un punto de inflexión: unha declaración de independencia estética e emocional. Antes publicaran o LP II (2016) e o EP III (2012). Hoxe, Arrhythmia non busca agradar: busca conmover. E iso, no fondo, é o que sempre fixeron: poñerlle alma á distorsión e sentido ao caos.

20260122-NP-Arrhythmia-mesIAs_GAL