
O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración de Tempo Galiza Editora, organiza o venres 7 de novembro de 2025, na Casa da Cultura de Vilalba, ás 20:00 horas, a presentación do libro A FRAGA DOS TEIXOS. Uns ferrados de paixón pola natureza, do que é autor Xosé Salvadores, escritor e ecoloxista.
Intervirán tamén a xeito de conversa, Marisa Barreiro, presidenta de IESCHA, e Chema Felpeto, membro da súa Xunta Directiva.
NOTA-INFORMATIVA-LIBRO-A-FRAGA-DOS-TEIXOS.