Co Premio á Excelencia na Experiencia do Público, a Asociación Galega de Empresas Musicais quere recoñecer aqueles proxectos, espazos ou eventos que puxeron ás persoas espectadoras no centro, ofrecendo unha vivencia inesquecible 

Nesta categoría, a audiencia conforma o xurado que decidirá o proxecto que merece este recoñecemento na primeira edición do  Premios da Industria Musical de Galicia

O público poder votar a súa candidatura desde hoxe e ata o día 10 de novembro, ás 23.59 horas, a través do formulario: bit.ly/votacion-experiencia-publico; só se permite un voto por persoa, que poderá propoñer unha única candidatura 

Deste xeito, a Asociación Galega de Empresas Musicais organiza a primeira edición dos Premios da Industria Musical de Galicia, que buscan poñer en valor aquelas traxectorias, proxectos e iniciativas que destacan polo seu compromiso coa creatividade, a innovación, o respecto e a sustentabilidade no sector musical galego

A Sala Capitol de Santiago de Compostela acollerá a noite do xoves, 27 de novembro, a gala de entrega de premios: un encontro sectorial no que se darán a coñecer os gañadores e se entregarán os galardóns destes I Premios da Industria Musical de Galicia

Os I Premios da Industria Musical de Galicia, impulsados por AGEM co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e da Deputación da Coruña, abren hoxe a votación popular para elixir o Premio á Excelencia na Experiencia do Público. Con este galardón, a Asociación Galega de Empresas Musicais quere recoñecer aqueles proxectos, espazos ou eventos que puxeron ás persoas espectadoras no centro, ofrecendo unha vivencia inesquecible. Nesta categoría, a audiencia é a que conforma o xurado que decidirá o proxecto que merece este recoñecemento. O público poderá votar a súa candidatura ata o día 10 de novembro, ás 23.59 horas, a través do formulario: bit.ly/votacion-experiencia-publico. Só se permite un voto por persoa, que poderá propoñer unha única candidatura. 

Ademais deste Premio á Excelencia na Experiencia do Público, que será elixido por votación popular, os I Premios da Industria Musical de Galicia, impulsados por AGEM, anunciaron hai dúas semanas as iniciativas e persoas nomeadas no resto de categorías. Un xurado profesional integrado Anxela Baltar, música, produtora e comunicadora; Cecilia Carballido, produtora cultural; María Baqueiro, consultora de sustentabilidade; Noel Miguélez, divulgador musical; os xornalistas musicais Tito Lesende e Javier Becerra; e Fundación Paideia seleccionou un total de 42 proxectos finalistas, 3 por cada un dos 14 rangos xerais contemplados nos premios. En paralelo, a Xunta Directiva de AGEM seleccionará ás persoas gañadoras en outras dúas categorías: artista do ano e persoa do ano. A noite do xoves, 27 de novembro, daranse a coñecer os gañadores nun encontro sectorial na Sala Capitol de Santiago de Compostela, onde tamén se entregarán os galardóns destes I Premios da Industria Musical de Galicia.

As iniciativas e profesionais nomeados e nomeadas nas diferentes categorías xerais son:

 Mellor deseño de iluminación:

o   Laura Iturralde e José Faro “Coti”, de Nononon.lab, por Síntese horizonte, de Guadi Galego.

o   Teresa Tresandí, por DILUVIO, de Tanxugueiras.

o   José Faro e As Dúas e Punto, de Nononon.lab, por A RONDA, de Mondra.

Mellor implementación de son:

o   Iago Blanco, por La máquina del buen rollo, de The Rapants.

o   Rubén Montes, por La boca del lobo, de Carlos Ares.

o   Sara Martínez, por Uxía Lambona e a Banda Molona.

Mellor empresa provedora de servizos:

o   Escena Sonora.

o   Luxevan.

o   Vacaline.

Mellor profesional de produción:

o   Paco Iglesias.

o   Victoria Blanco.

o   Xabi Carnota.

Mellor manager:

o   Aitana Cuétara.

o   Kin Martínez.

o   Manuel Tarrío.

Mellor produción discográfica:

o   Iago Pico, por Pouland Studios.

o   Juan de Dios, por Feira, de De Ninghures.

o   Hevi, no Laboratorio Soyuz, por DE RONDA, de Mondra.

Mellor posta en escena:

o   Mondra e Daniel Rodríguez, por A RONDA, de Mondra.

o   Marina Oural e Ugia Pedreira, da Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento, por Síntese horizonte, de Guadi Galego.

o   Tanxugueiras, Diana Ballesteros “Dii Feeling” e Manuel Escurís por DILUVIO, de Tanxugueiras.

Mellor promotor/a-programador/a:

o   David Pedrouzo, de Todo Medre.

o   Iván Arias, de WORK ON SUNDAY.

o   Julio Gómez e Luis Campos, de Sinsalaudio.

Mellor proxecto de comunicación:

o   Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Rafael Dieste da Coruña, por Aquí tamén se fala.

o   The Office Comunicación, polo Atlantic Pride.

o   Bring the Noise, polo Resurrection Fest Estrella Galicia.

Mellor identidade visual:

o   Zeltia Iglesias, Sofía Taboada, Daniel Rodríguez, Adriana Lado e María Ferradas por DE RONDA, de Mondra.

o   Adrián Canoura, Carlota Pereiro e Alejandro Guillán por Barullo, de Baiuca.

o   Lara Caeiro, Sandra Montero, Noemí Solla, Kika V Ramil, Arantxa Brandón e Fillas de Cassandra por Hibernarse, de Fillas de Cassandra.

Mellor videoclip:

o   Lorenzo Negueruela, Yago Rodríguez, Mara Iglesias, Melania Freire e Lara Caeiro, por En fin, que máis dá, de De Ninghures.

o   Santi Iglesias, Sergio “Steel” e Fillas de Cassandra, por Hibernarse, de Fillas de Cassandra.

o   Xaime Miranda, por Ontes fun moi malo, de Grande Amore.

Mellor evento cultural / musical:

o   Noites do Porto.

o   Surfing the Lérez.

o   WOS Festival x SON Estrella Galicia.

Mellor espazo musical:

o   Sala Capitol.

o   Náutico de San Vicente.

o   Café Torgal.

Mellor proxecto de sustentabilidade:

o   Festival Agrocuir da Ulloa.

o   Festival de la Luz.

o   Festival Sinsal SON Estrella Galicia.

SOBRE OS I PREMIOS DA INDUSTRIA MUSICAL DE GALICIA

Os Premios da Industria Musical de Galicia nacen da man da Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), entidade que defende os intereses profesionais das entidades galegas ligadas á xestión cultural e aos espectáculos vinculados á música ao vivo. Esta primeira edición dos premios pretende visibilizar e poñer en valor aquelas traxectorias, proxectos e iniciativas no eido musical que destacan polo seu compromiso coa creatividade, a innovación, o respecto e a sustentabilidade. En definitiva, exemplos a seguir no sector profesional galego.

En palabras da presidenta de AGEM, Patricia Hermida, “a música galega vive un momento de madurez e diversidade extraordinarias. Os I Premios da Industria Musical de Galicia nacen para celebralo, para agradecer o talento e o compromiso de quen fai posible o seu crecemento, e para recoñecer o valor das persoas e proxectos que converten a nosa industria nun verdadeiro motor cultural e humano para Galicia”.

Deste xeito, os I Premios da Industria Musical de Galicia, promovidos por AGEM co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, e da Deputación da Coruña, pretenden ser unha ferramenta para dar visibilidade ao talento galego e fortalecer a industria musical como motor cultural, social e económico. Con esta iniciativa, AGEM reafirma o seu compromiso de traballar colectivamente por un sector máis profesional, recoñecido e sostible. Os premios nacen no marco do Plan Estratéxico da Industria Musical de Galicia, asinado por AGEM co impulso da Xunta de Galicia.

Un xurado independente formado por profesionais expertos en xornalismo musical, divulgación, produción, creación artística, sustentabilidade e emprendemento cultural foi o encargado de propoñer as candidaturas e seleccionar ás finalistas, así como de outorgar os premios nas diferentes categorías. A súa misión é a de destacar aquelas persoas, empresas e proxectos que contribúen ao avance colectivo do sector e que representan boas prácticas dentro da industria musical galega. 

Os I Premios da Industria Musical de Galicia impulsados por AGEM premiarán un total de 17 categorías. Delas, 14 serán outorgadas polo xurado profesional: deseño de iluminación, implementación de son, provedor de servizos, profesional de produción, manager, produción discográfica, posta en escena, promotor/a-programador/a, proxecto de comunicación, identidade visual, videoclip, evento cultural/musical, espazo musical e proxecto de sustentabilidade. Ademais, a Xunta Directiva de AGEM seleccionará outras dúas categorías: artista do ano e persoa do ano. Finalmente, hai un premio por votación popular: o da excelencia na experiencia do público. As votacións poden realizarse ata o día 10 de novembro, ás 23.59 horas, a través do formulario: bit.ly/votacion-experiencia-publico.

A noite do xoves, 27 de novembro, na Sala Capitol de Santiago de Compostela, celebrarase un encontro sectorial no que se darán a coñecer os gañadores e se entregarán os galardóns desta primeira edición do Premios da Industria Musical de Galicia, nun formato próximo, pensado para favorecer a cooperación e a convivencia entre os diferentes axentes da industria musical galega.

SOBRE A ASOCIACIÓN GALEGA DE EMPRESAS MUSICAIS (AGEM)

A Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) nace en 2007 para defender os intereses profesionais das empresas galegas vinculadas á música ao vivo: produtoras, promotoras, managers, axentes de contratación, compañías de representación artística, editoras fonográficas e empresas técnicas, entre outras actividades relacionadas coa xestión cultural e os espectáculos.

AGEM está integrada por empresas que conforman a cadea de valor da actividade cultural e musical. Empresas que realizan actividades de deseño, xestión e produción de eventos de carácter cultural, musical, educativo, social e de entretemento, destinados a ser realizados en locais pechados ou a ceo aberto e, en xeral, todas as actividades técnicas e preparatorias para a execución destes eventos ou servizos, incluída a actividade comercial, de representación de artistas, festivais, distribución e xestión. 

Estas entidades traballan en distintos mercados de artistas internacionais, que conforman as programacións de numerosos festivais e espectáculos producidos en Galicia e noutros territorios. Igualmente, hai empresas que representan a diversos artistas, na súa maioría galegos, que traballan en mercados de todo o mundo. As socias de AGEM son promotoras de festivais maioritariamente producidos en Galicia, pero tamén noutros territorios. Empresas de produción técnica e persoal técnico especializado que traballan en numerosos espectáculos producidos dentro e fóra de Galicia. Distintas gravacións producidas ou editadas por integrantes de AGEM teñen repercusión en mercados internacionais e son sincronizadas tanto a nivel fonográfico como editorial en producións audiovisuais; longametraxes, curtas, documentais e publicidade.

O impulso industrial propiciado por AGEM vai máis alá do facturado polas empresas asociadas. O impacto económico dos espectáculos nos que participa AGEM, tanto de artistas en solitario coma de festivais, é de mais de 100 millóns de euros. As empresas que conforman AGEM son a raíz do sector cultural e resultan fundamentais na industria global da cultura, na música e no seu tecido económico.

2025.10.30.-NP-Premio-do-Publico-AGEM