Chicharrón Circo Flamenco visita por primeira vez o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo coa estrea en Galicia da sorprendente Empaque, unha viaxe emocional que entrelaza circo, flamenco e humor e que poderá verse no Auditorio do Pazo da Cultura mañá xoves, 9 de outubro, ás 21.00 horas

Pola súa banda, El Patio Teatro regresa ao FIOT este domingo 12, a partir das 20.00 horas, no Pazo da Cultura, coa súa última creación, Entrañas, unha deliciosa, sofisticada e conmovedora peza de teatro de obxectos que explora o propio corpo  

En colaboración con Circo a Escena, a compañía vasca GANSO & Cía. aterra no Teatro de Rúa do FIOT este venres 10 de outubro, ás 19.30 horas, na Praza do Concello, para deleitar a públicos de todas as idades con Welcome & Sorry, unha loca revisión de Shakespeare en clave de comedia xestual e clown contemporáneo

Paralelamente, a Rúa dos Contos presenta dous novos espectáculos: Ta de ser, de Afundin Jamallos, o venres 10, ás 23.00 horas, no Patacón; e Aquí… Supercentráu, de Joaquín Pajarón, o sábado 11, ás 23.00 horas, no Mercado Municipal

O Programa de Sala deste #FIOT34 pisa forte esta fin de semana coa estrea en Galicia de Adolescencia infinita, de Pont Flotant (venres 10 de outubro, ás 21.00h) e o descubrimento do mundo máxico de máscaras, actores e bonecos da Cía. Campi Qui Pugui, que presenta Matres, o sábado 11 de outubro, a partir das 20.00 horas

A velada do sábado 11, antes da representación de Matres, o Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo acollerá a gala de entrega do premio Xograresa de Outono 2025 a Areta Bolado, da compañía A Panadaría

Por outra parte, o sábado 11, unha das compañías referentes da escena contemporánea española, Titzina, regresa ao FIOT para presentar a lectura dramatizada do seu novo espectáculo en cernes, da man dos seus creadores Diego Lorca e Pako Merino, nunha actividade aberta a todos os públicos, con entrada de balde ata completar a capacidade da sala, que terá lugara partir das 12.00 horas no Salón Social do Pazo da Cultura

Este sábado, 11 de outubro, bota a andar, tamén, a VIII edición do Certame de Micro-Escenas M2, coa representación das creacións Domitila, de Amparo Martínez, e Katharsis, de Catuxa Leira, ás 12.00, 13.00, 17.30 e 18.30 horas, en Interfilm Carballo e no Pazo da Cultura, respectivamente

O domingo 12 pola mañá, o FIOT propón un dobre plan en horario matutino: a ruta de senderismo Baldaio-Razo, da man de Senda Nova, desde ás 09.15 horas, e a función do FIOT en Ruta Costa da Morte, cartografía dun naufraxio, de Mariña Lestón, ás 12.30 horas, na zona do parque infantil da Praia de Razo

Paralelamente, na Sala de Exposicións e no Andar -1 do Pazo da Cultura, o público pode visitar as mostras Zoom FIOT e Xesto, a instalación artística de Noelia Paz

As entradas para as propostas deste #FIOT34 poden adquirirse en liña na plataforma Ataquilla.com ou na billeteira dos espazos o mesmo día da función

Un total de 13 propostas, entre representacións e actividades paralelas, conforman o apetecible menú do FIOT para a terceira semana de programación da súa 34ª edición.

Para abrir boca, a compañía Chicharrón Circo Flamenco visita por primeira vez o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo coa estrea en Galicia da sorprendente Empaque, unha viaxe emocional que entrelaza circo, flamenco e humor e que poderá verse no Auditorio do Pazo da Cultura mañá xoves, 9 de outubro, ás 21.00 horas. Pola súa banda, El Patio Teatro regresa ao FIOT este domingo 12 de outubro, a partir das 20.00 horas, no Pazo da Cultura, coa súa última creación, Entrañas, unha deliciosa, sofisticada e conmovedora peza de teatro de obxectos que explora o propio corpo. 

Pola súa banda, a Rúa dos Contos presentará dous novos espectáculos: Ta de ser, de Afundin Jamallos, o venres 10, ás 23.00 horas, no Patacón; e Aquí… Supercentráu, de Joaquín Pajarón, o sábado 11, ás 23.00 horas, no Mercado Municipal. Ademais, en colaboración con Circo a Escena, a compañía vasca GANSO & Cía. aterra no Teatro de Rúa do FIOT este venres 10 de outubro, ás 19.30 horas, na Praza do Concello, para deleitar a públicos de todas as idades con Welcome & Sorry, unha loca revisión de Shakespeare en clave de comedia xestual e clown contemporáneo

Paralelamente, o Programa de Sala deste #FIOT34 pisa forte esta fin de semana coa estrea en Galicia de Adolescencia infinita, de Pont Flotant (venres 10 de outubro, ás 21.00h, no Auditorio do Pazo da Cultura) e o descubrimento do mundo máxico de máscaras, actores e bonecos da Cía. Campi Qui Pugui, que nos achegará Matres o sábado 11 de outubro, a partir das 20.00 horas. A mesma velada do sábado 11, antes da representación de Matres, o Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo acollerá a gala de entrega do premio Xograresa de Outono 2025 a Areta Bolado, da compañía A Panadaría.

Por outra parte, o sábado 11, unha das formacións referentes da escena contemporánea española, Titzina, regresa ao FIOT para presentar a lectura dramatizada do seu novo espectáculo en cernes, da man dos seus creadores Diego Lorca e Pako Merino, nunha actividade aberta a todos os públicos, con entrada de balde ata completar a capacidade da sala, que terá lugar a partir das 12.00 horas no Salón Social do Pazo da Cultura.

Este sábado, 11 de outubro, bota a andar, tamén, a VIII edición do Certame de Micro-Escenas M2, coa representación das creacións Domitila, de Amparo Martínez, e Katharsis, de Catuxa Leira, ás 12.00, 13.00, 17.30 e 18.30 horas, en Interfilm Carballo e no Pazo da Cultura, respectivamente.

Xa o domingo 12, pola mañá, o FIOT propón un dobre plan en horario matutino: a ruta de senderismo Baldaio-Razo, da man de Senda Nova, desde ás 09.15 horas, e a función do FIOT en Ruta Costa da Morte, cartografía dun naufraxio, de Mariña Lestón, ás 12.30 horas, na zona do parque infantil da Praia de Razo.

Paralelamente, na Sala de Exposicións e no Andar -1 do Pazo da Cultura, o público pode visitar as mostras Zoom FIOT e Xesto, a instalación artística de Noelia Paz. As entradas para as propostas deste #FIOT34 poden adquirirse en liña na plataforma Ataquilla.com ou na billeteira dos espazos o mesmo día da función.

SOBRE A 34ª EDICIÓN DO FIOT DE CARBALLO

Do 25 de setembro ao 31 de outubro, o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, regresará ás táboas para celebrar a súa 34ª edición con 45 espectáculos, 11 estreas absolutas, 11 estreas en Galicia, 2 coproducións e figuras imprescindibles da escena teatral contemporánea. Durante cinco semanas, o FIOT achegará a Galicia una coidada selección de propostas á altura dos teatros e festivais máis representativos de España e Europa, con propostas que triunfan no Teatro Español, a Compañía Nacional de Teatro Clásico, o Centro Dramático Nacional, os Teatros del Canal, o Festival de Almagro, Fetén, o Festival Temporada Alta de Girona ou o Festival de Otoño de Madrid.

Así, o FIOT de Carballo encherá ás salas, as rúas e os espazos non convencionais da vila bergantiñá con pezas de artistas e compañías como Andrea Jiménez, Jan Lauwers, Juan Diego Botto, Sergio Peris-Mencheta, María Galiana, Alex O’Dogherty, Lucas Escobedo, Pont Flotant, Gabriel Chamé Buendía, Galeatro, Pistacatro, Needcompany, Gonzalo Cunill, Ainé, Quico Cadaval, Paula Quintas, Evaristo Calvo ou El Patio Teatro.

Nesta 34ª edición, o FIOT volverase converter no “corazón do teatro en Galicia” da man das súas liñas de programación habituais, con propostas abertas a todos os públicos, formatos e sensibilidades, procedentes de 3 países –España, Bélxica, Arxentina– e 9 comunidades autónomas –Andalucía, Asturias, Comunidade Valenciana, Cataluña, Comunidade de Madrid, Galicia, A Rioxa, Castela-A Mancha e País Vasco–, ademais dunha vintena de accións de mediación. 

No FIOT haberá Programa de Sala, OTNI, Rúa dos Contos, Teatro de Rúa, FIOT en Ruta, Micro-escenas M2, FIOTeen e Fiotiño, ademais de 3 residencias artísticas, 2 presentacións de works in progress e actividades paralelas como exposicións, gravacións de OndaFIOT, presentacións de libros, conversas, o Premio do Público, o Certame de Teatro Lido, etc. 

Recoñecido como un proxecto pioneiro e clave da cultura en Galicia e unha cita referente da cultura galega, non só en termos de exhibición, senón tamén de produción e acompañamento artístico, no #FIOT34 non faltarán producións con selo galego que formarán parte fundamental do seu programa, da man de compañías e artistas tan queridas polo público de Carballo como Contraproducións, Ainé, Pistacatro, Paula Quintas Cía., Evaristo Calvo, Quico Cadaval e Celso Sanmartín, Marita Martínez ou Galeatro –esta última, en tándem artístico con Xarope Tulú e a Premio Nacional de Literatura Dramática Paula Carballeira–.

Cabe destacar que, fiel á súa vocación de apertura, con propostas transversais e inclusivas para o goce de todos os públicos, neste #FIOT34 moitas das grandes propostas están orientadas a todos os públicos, non exclusivamente adultos, como é o caso das marabillosas Matres ou Farra. Un ano máis, haberá espazo para o risco, os clásicos, os emerxentes, as novas linguaxes… e, en definitiva, unha invitación ao descubrimento.

“Raíz viva, memoria colectiva” é o leitmotiv dunha edición que busca poñer en valor a orixe e a tradición como símbolos de identidade propia e faros da nosa contemporaneidade. Trátase dunha chamada á orixe: a aquilo que nos sostén por dentro, aínda que non se vexa. Como as entrañas do corpo, a raíz e a memoria forman parte desa anatomía común que nos une: emocional, cultural e escénica.

SOBRE O FESTIVAL INTERNACIONAL OUTONO DE TEATRO DE CARBALLO (FIOT)

Máis de tres décadas creando teatro

O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) é un festival que ofrece un programa comprometido coas artes escénicas e cos proxectos máis prestixiosos do teatro actual. Está organizado pola Asociación Cultural Telón e Aparte e conta coa colaboración do Concello de Carballo. Pola súa traxectoria, a calidade da programación, a variedade das propostas de intermediación cultural que ofrece e pola súa proxección, o FIOT sitúase como un dos festivais máis importantes de Galicia e referente cultural durante o outono: un mes completo de programación, con preto de 40 espectáculos e ducias de actividades paralelas, converten a Carballo na capital das artes escénicas da comunidade galega. 

Desde hai 34 anos, o FIOT dá a coñecer en Carballo o traballo de compañías de referencia e de creadoras emerxentes. Mais, especialmente, busca atraer novos públicos ao teatro. O festival nace en 1992 como espazo para ofrecer unha programación de teatro de calidade na comarca de Bergantiños e impulsar unha estrutura creativa arredor das artes escénicas na zona. Desde entón, FIOT é o lugar de encontro entre artistas, compañías e programadoras, e aposta por estimular a creación e o traballo en rede tanto a través da oferta de espazos para residencias artísticas como da implicación, do propio festival, na produción e novos espectáculos, fundamentalmente de compañías galegas. 

Nas súas pasadas 33 edicións, FIOT contou coa participación das compañías máis relevantes de Galicia e España, ademais do ámbito internacional, outorgando así espazo a numerosas disciplinas, novas linguaxes, xéneros e formatos; ademais de ofrecer estreas absolutas ou no territorio galego. Desde xeito, máis de 350 formacións e artistas presentaron os seus traballos no FIOT, con nomes tan salientables no marco do panorama escénico galego, nacional e internacional coma Blanca Portillo, Pablo Messiez, Rafael Álvarez ‘El Brujo’, Yllana, Ron Lalá, Pont Flotant, Titzina, Kamikaze Producciones, Compañía do Chapitô, Leo Bassi, Grupo Chévere, Timbre 4, Mofa e Befa, Xosé A. Touriñán, Quico Cadaval…

Ao longo da súa traxectoria, diversos recoñecementos acreditaron o intenso traballo do FIOT para achegar as artes escénicas do século XXI á cidadanía e recoñeceron o festival como unha das iniciativas teatrais do noroeste peninsular máis relevantes na actualidade. Entre outras distincións cítanse, ademais da ‘Insignia Cultural’ do ‘Observatorio de la Cultura’ da Fundación Contemporánea como mellor proxecto cultural de Galicia en 2022, o Premio da Cultura Galega 2018 no ámbito das artes escénicas outorgado pola Xunta de Galicia ou o Premio Galego do Ano 2018, entre outros. 

MÁIS INFORMACIÓN

www.fiot.gal

2025.10.08.NP-Terceira-Semana-FIOT34