A compañía de teatro Elefante Elegante realizará este xoves 9 de outubro unha sesión de mediación co alumnado de 4.º de Socioloxía da UDC dentro do proxecto PATA DE ELEFANTE, unha iniciativa que une teatro, reflexión social e creatividade no ámbito educativo.

A actividade desenvolverase no Salón de Actos da Facultade de Socioloxía (UDC) a partir das 9:00 h, e forma parte dun proceso de investigación arredor do percorrido dunha prenda téxtil, desde a súa fabricación ata o seu desbotamento. A sesión incluirá dinámicas participativas, xogos de rol e unha instalación artística, co acompañamento dos docentes José A. Cortés e Carlos Diz, do grupo de innovación docente ACHEGA.

O proxecto PATA DE ELEFANTE, que contou co apoio do Fondo de Apoio a Proxectos Singulares para a Mellora Social 2025 da Deputación da Coruña e coa colaboración do Concello de Culleredo, desenvolveuse ao longo do ano en diversos centros educativos da área da Coruña. Culminará o martes 14 de outubro coas representacións do espectáculo ALTA COSTURA no Auditorio do Edificio de Servizos Múltiples de O Burgo (Culleredo), destinadas ao alumnado participante.

NdP-_-PATA-DE-ELEFANTE-A-arte-vistese-de-conciencia-_-08-10-2025