Cun garage-punk descarado e sen filtros, Lisdexia gaña terreo como unha das bandas máis auténticas da escena galega. Non veñen salvar o mundo, veñen facelo bailar.
Cun directo consolidado, que os levou a pisar multitude de salas e festivais por toda a comunidade, Lisdexia presenta agora o seu novo EP Esclavos do baile: seis himnos incendiarios que lanzan consignas que van dende a sátira lingüística ata a épica da resaca, sempre cunha conclusión clara: se queda vida, queda festa.
Lisdexia tece un son propio, mesturando o seu son garge-punk con toques de música tradicional, pop e mesmo funk, dando forma a un estilo propio e enérxico pensado para prender as pistas de baile.
O resto é silencio… ata que empece o baile

CONCERTOS LISDEXIA
8-9/08 Castelo Rock, Muros
23/08 Festa do Furón, Muros
5-6/09 Rock In Rian, Rianxo
5-7/09 Fene Rock, Ferrol
19-20 Caudal Fest, Lugo
Máis datas por anunciar…