
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual e o Concello de Vilalba, e coa financiación da ICAA-Ministerio de Cultura e a Axencia Galega das Industrias Culturais, organiza a 1ª Sesión de CurtaS, coa proxección de 3 CURTAMETRAXES: NAI, VÉXOTE E PURA, dando comezo deste xeito ao CICLO MESTRE MATEO-2025 que durante os próximos meses brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXIII PREMIOS MESTRE MATEO.
Esta PRIMEIRA proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o xoves 19 de xuño de 2025, ás 20:00 horas.
NOTA-INFORMATIVA-I-SESION-DE-CURTAS